menú

tv comigo

cuestións sobre o servizo TV online, que permite ver a televisión R en distintos dispositivos


que é tv comigo?

tv comigo é a nova forma de ver a televisión R. Grazas ás mobilidade que ofrece internet, podes dispoñer dun dos servizos de entretemento online máis versátiles do mercado e acceder aos contidos da televisión R onde queiras e cando queiras.

quen pode acceder a tv comigo?

tv comigo está dispoñible para todos os clientes de televisión R que dispoñan dunha conexión fixa a internet igual ou superior a 6 Mbps. Se aínda non es cliente de televisión R, accede á web www.mundo-R.com para coñecer as vantaxes que supón o servizo de televisión R e contrátaa.

que necesito para acceder a tv comigo?

para acceder ao servizo é necesario:

  • ser cliente de televisión R
  • ser cliente de internet de R (6Mbps ou superior)
  • estar rexistrado en clientes.mundo-R.com para utilizar o servizo
  • contar con algún dos seguintes dispositivos:
    • ordenador persoal (PC, MAC)
    • tablet Android
    • smartphone Android
    • iPad e iPhone

cantos dispositivos podo usar á vez?

a aplicación pode instalarse ata en 5 dispositivos á vez, pero os contidos só poden verse nun ao mesmo tempo (se un deles está fóra da rede wifi do teu domicilio).

accedo a tv comigo e aparece a mensaxe "alcanzaches o número máximo de dispositivos rexistrados", que significa e que podo facer?

significa que alcanzaches o número máximo de dispositivos nos que podes ter instalada a aplicación. Para acceder ao servizo desde o novo dispositivo deberás primeiro borrar algún dos dispositivos que teñas dado de alta. Unha vez feito isto, poderás acceder ao servizo desde o novo dispositivo. Ten en conta que non poderás borrar un dispositivo ata que pasasen 30 días desde a data do primeiro acceso.

que dispositivos e navegadores poden acceder ao servizo?

requisitos mínimos para tv comigo:

PC Windows

  • SO: Windows XP (32/64bits), Windows Vista (32/64bits), Windows 7 (32/64bits) ou superiores
  • navegador: Chrome
  • equipo: Procesador compatible con x86 de alomenos 2.33 Ghz (o superior), ou un procesador Intel Atom de alomenos 1.6Ghz (ou superior). Windows7 require procesador superior a 2.33GHz. 1GB de memoria RAM (3GB para Windows7)

PC MAC

  • SO: a partir de OS X v.10.6
  • navegador: Chrome
  • equipo: Procesador Intel Core™ Duo 1.83GHz. 1GB de memoria RAM

PC Linux

  • SO: Red Hat® Enterprise Linux® (RHEL) 5.6 (32 bit e 64 bit), openSUSE® 11.3 (32 bit e 64 bit), ou Ubuntu 10.04 (32 bit e 64 bit)
  • navegador: Chrome
  • equipo: Procesador compatible con x86 de alomenos 2.33 Ghz (ou superior), ou un procesador Intel Atom de alomenos 1.6Ghz (ou superior). 1GB de memoria RAM

IOS

  • SO: iOS 8, iOS 9
  • equipo: iPad 1, 2, 3, 4, Air, mini

Android

  • SO: 4.3 ou superior
  • equipo: Tableta: Procesador Dual Core e alomenos 1GB de memoria RAM

necesito instalar algo?

para acceder dende unha tablet ou smartphone será necesario descargar a aplicación gratuíta co nome tv comigo da tenda de aplicacións correspondente: Android (Google Play) e iOS (App Store).

dende un ordenador persoal ou portátil, será necesario acceder mediante un navegador compatible, á web tv.mundo-r.com

que tipo e velocidades de conexión necesito?

para acceder á aplicación recomendamos dispoñer dunha conexión da internet R de 6Mbps. ou superior.

para acceder a tv comigo necesito unha conexión de R?

non é necesario. Podes conectarte a calquera rede wifi de calquera operador e desfrutar do servizo.

podo conectarme a tv comigo desde calquera lugar?

é posible conectarse ao servizo desde calquera punto de España, sempre que sexas cliente do R en Galicia e dispoñas dun dispositivo e dunha conexión a Internet das características adecuadas.

ten límite de tempo o uso de tv comigo?

o usuario principal ten acceso ilimitado a tv comigo. No caso dos usuarios delegados, teñen unha limitación de 420 min. ao mes.

funciona sobre redes 3G?

non. Emitimos con bastante calidade, co que o servizo está limitado a conexións con internet fixo. Media hora de televisión R consome 250 MB da internet, polo que non queremos que esgotes nun airiño a túa tarifa de datos de móbil e, o peor do todo, ás veces sen decatarche de que o estás facendo. Por iso, deseñamos esta beta para que utilices as redes wifi ou directamente o cablemódem.

funciona en smartphones tipo iPhone ou Android?

hai unha app para iOS que se pode descargar dende o market App Store, e outra app para Android descargable dende Google Play.

funciona en Smart TV ou consolas?

non, non é posible conectarse a tv comigo por medio destes dispositivos.

como me rexistro?

unha vez que descargues a aplicación, ao iniciala, pediráseche un usuario e un contrasinal para acceder ao servizo. Se non tes usuario utiliza o botón de aínda non teño usuario (como na app de clientes). En caso contrario utiliza o teu usuario da web de clientes.

que canles podo ver?

tv comigo ten unha selección de canles daqueles máis vistos e/ou valorados polos datos de audimetría do servizo de televisión R. En función do teu tipo de contrato, poderás ver máis ou menos canles do total de 28 canles seleccionadas.

hai canles en HD?

agora mesmo, neste servizo, temos incluído só Eurosport HD

que contido baixo demanda está dispoñible?

poderás contar cunha gran lista de contidos baixo demanda de moitas canles. Entre eles están dispoñibles contidos de canles como: Odisea, Historia, Canal Cocina, Fox, AXN, Comedy Central, Calle13, National Geographic, Nat Geo Wild, Fox Life, Cosmo, Viajar o Disney Junior, entre outros. Con todo, só vas poder visualizar os contidos baixo demanda daquelas canles que se atopen na túa subscrición de televisión R. Cando accedas a un contido que non estea na túa subscrición, aparecerache unha mensaxe indicando que ese contido non pertence á túa subscrición de televisión R. Podes contratar novas modalidades de televisión R con maior cantidade de contidos en www.mundo-r.com

custa algo o contido de rebobina dispoñible en tv comigo?

o contido de subscrición que pertenza á modalidade de televisión R que tes contratada é gratuíto. O contido de videoclub que pertenza a outros paquetes de televisión R que non sexan o teu non poderás gozalo, a non ser que contrates a modalidade de televisión R correspondente.

como se activa o control parental?

o control parental non está dispoñible en tv comigo. Estamos ao desenvolver e esperamos poder telo activo en breve.

podo gravar o que vexo no meu PC no disco duro?

non é posible gravar o contido no disco duro do teu computador.

podo interactuar co meu desco pura HD dende o meu móbil ou tablet?

polo momento esta opción non está dispoñible, pero estamos a analizala para poder incluíla en futuras versións do produto.

é posible seleccionar diferentes audios?

si, contamos coa posibilidade de ver os contidos en versión orixinal e versión dobrada ao castelán.

é posible seleccionar subtitulos?

non, os subtítulos non están dispoñibles en tv comigo.

non se descarga a aplicación da App Store ou do Google Play

pode ser un problema de:

  • conectividade a Internet do teu dispositivo. Comproba a conexión a Internet
  • dispoñibilidade da tenda. Volve probar noutro momento
  • capacidade de memoria do dispositivo. Se a memoria do teu dispositivo está chea, libera algo de espazo para poder instalarche a aplicación
  • versión do software do dispositivo. En caso de ter unha versión anterior das recomendadas xa non se permite baixar a app da tenda

podo navegar polo contidos pero non vexo ningunha canle nin vídeo, que podo facer?

comproba a velocidade da túa conexión a Internet. Por baixo de 1,5 Mbps non é posible visualizar os vídeos e só se reproduce o audio cun fondo negro de pantalla.

ao pulsar sobre a app non se carga a pantalla de inicio

comproba a pregunta "Que dispositivos son compatibles?". Para saber as versións nas que se soporta a app.

aparece a mensaxe "Non se pode reproducir o vídeo" ou unha pantalla negra

esta mensaxe pode saír por varios motivos:

  • o teu dispositivo perdeu a conectividade a Internet. Neste caso comproba que a conexión a Internet do dispositivo é correcta
  • a conexión a Internet do teu provedor está a fallar. Neste caso comproba se podes navegar por Internet con normalidade
  • o contido ao que tratas de acceder xa non está dispoñible. Neste caso xa non será posible ver o contido ao que estás a tentar acceder
  • o dispositivo non dispón do códec adecuado para decodificar o vídeo

o vídeo vese pixelado que podo facer?

os motivos polos cales o vídeo pode verse pixelado son os seguintes:

  • o hardware do dispositivo que estás a utilizar para visualizar o contido non é o suficientemente potente para procesar o sinal de vídeo. Proba con outro dispositivo distinto para comprobar se che pasa o mesmo
  • a velocidade de conexión a Internet non é a adecuada. Comproba a velocidade da túa conexión a Internet