menú

mando universal R

preguntas e respostas sobre o mando R


cales son as teclas máis novas do mando e para que serven?

  • tecla "vídeo", para acceder a todos os contidos de vídeo do teu fogar e de R (incluíndo vod, vídeo IP, broadcast, etc).
  • tecla "subt", para acceder aos subtítulos dos programas ou contidos de catálogo que os ofrezan.
  • tecla "audio", para seleccionar o audio que máis che interese oír, o dobrado ao castelán ou o orixinal, sempre que o contido o ofreza.
  • tecla "fogar" (unha casiña), para acceder aos contidos multimedia do teu fogar.
  • tecal "música", para acceder aos contidos de audio do teu fogar e de R. Por exemplo, para acceder ás radios TDT e a sonR (incluído na opción tv total).
  • tecla "fotos": para acceder a todos os contidos "imaxe" do teu fogar e de R (poderían ser servizos como flickr, picasa, etc.).
  • tecla "polgar arriba" para valorar os contidos e así che poder recomendar outros que che poidan gustar en canto lancemos o servizo recomendador que o permitirá.

váleme o mando universal morado para o novo desco R HD?

si, é perfectamente válido, pero co desco R HD entregarémosche un novo mando a distancia (vermello/gris) que mantén as funcións do anterior pero que xa está preparado para novos servizos que R lanzará no futuro.