menú

canon dixital

encontra aquí as respostas ás túas preguntas relacionadas co canon dixital


que é o canon dixital?

o canon dixital é unha taxa que grava dispositivos tecnolóxicos nos que se poidan facer copias privadas de contido multimedia. Por exemplo, os teléfonos móbiles. O novo canon dixital implica que haxa unha compensación aos autores polas copias privadas das súas obras.

a principios do mes de xullo o goberno aprobou o novo canon dixital, taxa que entrou en vigor o 1 de agosto de 2017.

canto haberá que pagar?

no caso de España o cambio de prezo dos móbiles ou tablets, será practicamente inapreciable para os consumidores xa que variará apenas uns euros.

o incremento no noso país será bastante inferior ao doutros países europeos. En Alemaña, por exemplo, pagarase ata 8 euros máis pola compra das tablets ou ata 6 euros máis pola compra dun novo móbil pero no caso de España non subirá máis de catro euros (3,15€ + IVE) no caso das tablets e apenas será dun euro (1,10€ + IVE) para os teléfonos móbiles. Un prezo pouco significativo se estamos ante terminais de 200 ou 300 euros.

polo momento será practicamente inapreciable nos smartphones polo que non teremos que preocuparnos en exceso, se está entre os nosos plans cambiar de teléfono proximamente.

quen xestionará e como se repartirá o diñeiro recadado?

as entidades de xestión de dereitos de autor e como elas consideren conveniente.

cando empezará a aplicar o canon R?

R empezará a aplicalo a partir do 22 de outubro de 2017.

se adquirín un terminal financiado antes do 22 de outubro terei que pagar o canon?

non, só se pagará nos dispositivos adquiridos a partir do 22 de outubro.

como se mostrará o canon en factura?

o canon aparecerá desagregado na factura do terminal. No caso concreto dun dispositivo financiado (exemplo: terminal con pagos durante 24meses), na primeira factura aparecerá desagregado o importe do canon (1,10€).

quen non terá que pagalo ou poderá solicitar a devolución?

en palabras do Ministerio, exceptúase " do pago ás persoas físicas e xurídicas que xustifiquen o destino profesional dos equipos e soportes adquiridos, e ás entidades integrantes do sector público". En resumo: nin empresas nin a Administración terán que pagar sempre que obteñan a documentación necesaria para xustificalo.

e se es un consumidor final e non queres usar o móbil que compraches para reproducir "copias privadas"? Neste caso o Real Decreto-lei 12/2017 abre a porta a que pidas unha devolución a través das entidades de xestión de dereitos de propiedade intelectual (artigo 25.8). Este artigo menciona que se debe de xustificar o "destino exclusivamente profesional do equipo" e que as peticións de reembolsos non poderán ser ademais inferiores a 25 euros a non ser que sexan dentro dun exercicio anual.