menú

correo

dúbidas frecuentes sobre a configuración e o funcionamiento das túas contas de correo


como podo dar de alta unha conta de correo?

para dar de alta unha conta de correo podes facelo de xeito moi fácil dende o botón "configurar cuentas correo R"..

que tipo de enderezos podo ter nas miñas contas de R?

os enderezos serán sempre de tipo nome@dominio. O "nome" elíxelo ti cando deas de alta a conta. Os dominios que podes dar de alta de xeito gratuíto en R son varios, como por exemplo: mundo-r.com, galicia.com, galegos.eu, galegas.eu, etc.

que datos hei de introducir na configuración do meu correo?

indicámosche cales son os principais parámetros que debes introducir :
dirección de correo electrónico nome@mundo-r.com
servidor POP3: pop3.mundo-r.com
servidor SMTP: smtp.mundo-r.com
servidor de News: news.mundo-r.com

estou accedendo á miña conta de correo dende unha rede que non é a de R e non me funciona, como podo solucionalo?

R, por motivos de seguridade, configura os seus servidores de correo de forma que se poida acceder sen autenticación sólo dende IPs da rede de R.
se accedes á túa cuenta de correo a través dun cliente de correo (que non é web) terás que activar a autenticación SMTP no teu cliente para que funcione correctamente. Nos seguintes manuais indícase como facelo.

que fago se non podo acceder ao meu correo?

o máis probable é que non configures ben a túa conta. Con Outlook, entra en >Ferramentas >Contas e revisa a configuración. Se segue fallando, espera dez minutos porque é moi posible que a túa conta estea bloqueada por unha conexión anterior. Unha última posibilidade é que alguén che enviou unha mensaxe moi grande que teña bloqueada a conta. Nese caso, bórrao. Se isto non solucionou os teus problemas, ponche en contacto co noso servizo de atención ao usuario. Outra posibilidade é que esteas conectado a internet con outro proveedor de acceso. Por razóns técnicas, non podes enviar mensaxes desde unha conexión distinta

como podo evitar que as miñas mensaxes cheguen partidos en varios anacos?

isto ocorre porque a configuración do teu programa de correo non é a adecuada. O único que tes que facer para evitalo é desactivar a opción "Separar mensaxes maiores dun tamaño x" dentro das preferencias do programa que utilice

por que as mensaxes de correo electrónico que envío son devoltas polo servidor de mundo-R?

é posible que a dirección electrónica da persoa á cal estaslle enviando o correo sexa errónea. Outra opción sería que se estea tecleando mal a dirección.

non podo enviar nin recibir o meu correo electrónico?

configuración errónea do programa de correo. Debes revisar o parámetro de servidor saliente e/ou servidor entrante de correo nas opcións do teu lector de correo (Pegasus, Internet Mail, Netscape, etc) SMTP/POP3. Tamén podería ser que o login (nome de usuario) e/ou password (contraseña) sexan incorrectos. Comproba que o teu login e password estean escritos correctamente no teu lector de correo (Pegasus, Internet Mail, Netscape, etc)

se non uso a miña conta de correo durante moito tempo, podo perdela?

non, unha vez que deas de alta a túa conta de correo non perderás o teu enderezo. Pero se non accedes a ela durante 24 meses borrarase o contido para que cando accedas de novo poida funcionar a túa conta perfectamente e non a teñas saturada de correo lixo.

a túa conta de correo non che deixa enviar emails nin tampouco os recibes?

se a túa conta de correo de R non che permite enviar emails nin tampouco os recibes, é que está bloqueada. Para que poidamos desbloquear a túa conta dende R é necesario que sigas os seguintes pasos:

  • cambia o contrasinal da conta por un máis robusto. Os mellores contrasinais combinan letras en maiúsculas e minúsculas, números, signos de puntuación e certos caracteres permitidos como: . - / = ? _ {}
  • revisar o PC ou dispositivos onde teñas a conta configurada en busca de virus e/ou malware. No PC recomendamos pasar un antivirus e/ou algún programa de malware

logo, chámanos ao 1449/1446 opción 2 para que procedamos ao desbloqueo.