menú

razón social

nesta sección atoparás respostas a todo o relacionado co cambio de razón social de R



cal é a nova razón social de R?

o 1 de xullo a nova razón social será R Cable y Telecable Telecomunicaciones SAU en lugar de R Cable y Telecomunicaciones SAU.

que implica o cambio de razón social?

o que cambiou é a razón social, pero a marca comercial non cambia, seguirá a ser R. É dicir, que che seguiremos a dar servizo, como ata a data. Este cambio, a nivel práctico, non ten ningunha implicación para os nosos clientes.

ao cambiar o nome da razón social, deixades de pagar impostos en Galicia?

non. Ao ser un operador centrado en Galicia, tributaremos na nosa comunidade. Iso non cambia. É máis, en R os impostos que pagas na túa factura quedan en Galicia, de forma que despois se invisten directamente en melloras que están próximas.

podo darme de baixa sen penalización?

non. O cambio de nome non supón un cambio nas condicións do servizo.