información sobre as posibilidades de conectividade do desco R HD
o teu televisor debe ter detrás un porto que poña HDMI. Iso significa que che permitirá recibir as canles en alta definición e cun tipo de sinal adaptado de forma específica para a túa televisión.
se só tes un porto por euroconector, non che podemos garantir un bo servicio, con que é mellor seguir co desco SD, que xa está pensado para televisores coma o teu.
a saída HDMI do desco R HD é a única que realmente pode ofrecer toda a calidade que o noso servizo ofrece, posto que é a que permite gozar tanto da mellor imaxe, coma da mellor versión da guía de programación, mentres que outras saídas como o euroconector non permiten esta calidade.
ademais, desaconsellamos a conexión doutros equipos (como un DVD gravador, por exemplo) vía euroconector porque isto afectaría igualmente á calidade da televisión R HD, xa que non permitiría que o televisor puidese optar á máxima resolución full HD 1080p que o desco R HD permite
o proceso de arranque do desco R HD pasa por varias fases nas que recupera información e negocia o sinal de televisión HD co televisor.
primeiro aparecen uns 88:88 en azul, co LED de arranque en vermello. Pasado un minuto aproximadamente os 88:88 azuis pasan a ser unha serpentina lenta e o LED de arranque pasa a verde para, uns segundos máis tarde, a serpentina se acelera e ao cabo duns segundos aparece o dial da última canle en que estaba o desco R HD antes de ser apagado, ademais de que o LED de rede aparece en laranxa parpadeante que finalmente se estabiliza cando consegue a conexión de rede.
é moi importante que mentres non apareza a imaxe da canle en pantalla, non zapees para evitar que o desco R HD se colgue no proceso de negociación do sinal entre o desco e a televisión.
si, podes conectar equipos a internet utilizando o teu desco R HD se conectas un cable Ethernet a este.
isto é moi útil, por exemplo, para conectar unha SmartTV a internet directamente por cable, en moitas ocasións máis eficiente que a conexión vía Wifi.
a conexión xa vén activada por defecto, co que non necesitas facer nada. .
un deles serve para conectarse a internet a través do desco. Dispós dunha conexión para a túa videoconsola, smartTV...
R recomenda que, para gozar realmente da experiencia de ver a televisión en varias televisións do fogar se contrate un desco adicional (5 €+IVE/mes se é SD ou 10 €+IVE/mes se é un desco R HD), porque dese xeito se poden ver distintas canles en distintos televisores.
para o caso comentado, estamos a homologar equipamento que permitiría replicar unha instalación como esta, xa que os moduladores que serven para a definición estándar non son válidos para HD. Estes equipos estarán en venda en breve, se ben podes realizar a instalación pola túa conta sempre que os equipos que instales vallan para transportar o sinal HD.
o desco R HD cumpre coa directiva europea de consumo CE 2009/125/CE, e polo tanto o equipo, cando detecta que despois dun tempo razoable non se fai uso deste, desconéctase automaticamente pasando a un estado de baixo consumo que lle proporciona unha eficiencia enerxética que, ademais de axudar a protexer o medioambiente, axuda ao aforro familiar.
non. O desco HD actualízase só polas noites ou presenta un aviso cada vez que hai nova versión de software se esta se pon en emisión mentres o deco está acendido. Con dar OK no aviso actualízase. O mellor é deixar o desco R HD en standby polas noites para que capture el só a nova versión de software.