encontra aquí as respostas ás túas preguntas relacionadas coa factura electrónica de R e os seus formatos
podes cambiar o formato da túa factura solicitándoo na web de clientes.
o cambio é gratuíto e inmediato.
é posible que aínda recibas, despois da túa petición de cambio de formato, unha factura no formato antigo. Isto ocurrerá se xa emitimos unha nova factura, aínda que non cha enviáramos aínda.
se tes máis dunha conta de facturación con R, debes facer o cambio en cada unha delas. Podes indicar diferentes enderezos de correo electrónico nos que recibir os avisos que che indican que a factura xa está dispoñible.
recibirás un aviso, no enderezo de correo electrónico que nos facilitaches, no que te informamos dos datos principais da túa factura. Incluiremos un enlace para que poidas consultala ou descargala.
podes consultar todas as túas facturas na sección ‘facturas’ da web de clientes.
para a túa comodidad, se indicaches un enderezo de correo electrónico no que recibir os avisos de dispoñibilidade, enviarémosche unha mensaxe informativa cada vez que unha nova factura estea dispoñible.
na sección ‘facturas/formato de facturas’ da web de clientes podes incluír unha dirección na que recibir os avisos. Poderala cambiar, sempre que queiras, de forma gratuíta e inmediata.
é posible que aínda recibas, despois da túa petición de cambio, un aviso na dirección antiga. Isto ocurrerá se xa emitimos unha nova factura, aínda que non cha notificáramos polo de agora.
se queres que un terceiro teña acceso ás túas facturas (xestoría, departamento de administración, etc) podes crear un usuario delegado da web de clientes con acceso exclusivamente a este servizo.
na sección ‘usuarios/xestión de usuarios delegados’ podes localizar máis información que che axudará a realizar este trámite. Vídeo explicativo
o formato de factura electrónica es Adobe Acrobat PDF.
para empresas e profesionais, o formato tamén pode ser Factura-e 3.2 (xml). Se estás interesado neste formato, solicita máis información ao teu comercial.
para ver e validar a factura electrónica necesitas un programa visor de arquivos Acrobat PDF que soporte o acceso e validación de Firmas Electrónicas. Tanto Adobe Acrobat Reader como PDF-Exchange Viewer dispoñen destas funcionalidades.
a copia dunha factura electrónica xa emitida pode realizarse en dous formatos: dixital ou papel. Para a realización dunha copia dixital, copia o arquivo nun soporte electrónico (chave USB, etc).
para a realización dunha copia en papel, podes utilizar o servizo de R de validación e impresión de facturas. Recorda que neste caso será necesario que teñas o arquivo da factura que queres copiar.
a lexislación vixente indica que o destinatario da factura ten a obriga de verificar a validez da mesma e, polo tanto, do certificado firmante.
podes optar porque o teu programa visor de arquivos Acrobat PDF valide a factura electrónica automaticamente ao abrrla ou ben por realizar unha validación manual con cada factura que che enviemos.
os pasos que debes seguir para a primeira opción son os seguintes:
se prefires validar individualmente cada factura que recibas, utiliza o servizo de R de validación e impresión de facturas.
débese a que en España os certificados dixitais (como o que usamos para certificar as facturas electrónicas) deben ser emitidos a nome dun representante legal da empresa, polo que non van asinados por R senón por un representante.
na web http://www.facturae.es do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.