menú

solución a problemas

se non che vai o mando, non che carga a imaxe...


o desco R HD non funciona e non se acende ningunha luz no panel frontal

é posible que o desco R HD non reciba corrente eléctrica polo que debes asegurarte de que o cable principal estea ben enchufado. Se a toma eléctrica ten un interruptor, comproba que estea acendido ou verifica que a toma de corrente dispón de subministración eléctrica (probando a enchufar, por exemplo, unha lámpada).

o desco R HD non funciona, pero está acendida unha luz vermella no panel frontal (que indica que o desco está en standby)

é posible que o desco estea apagado. Proba a acendelo pulsando a tecla correspondente do mando a distancia ou do panel frontal do desco R HD.

o desco R HD non funciona e a pantalla do panel frontal está en verde

poida que o receptor non estea conectado correctamente á televisión, polo que deberías comprobar que o cable HDMI estea ben e conectado a ambos os dous equipos e que a televisión estea acendida. Comproba tamén que a televisión ten seleccionada a fonte de sinal axeitado (HDMI por regra xeral).

acendo a televisión, pero non vexo as canles de R

é posible que o teu televisor non detecte automaticamente a entrada HDMI á que se conecta o desco R HD aínda que este estea acendido. O que debes facer é seleccionar co mando do seu televisor a entrada HDMI utilizando a tecla correspondente (input ou source a maior parte das veces).

de todos os xeitos, moitos televisores con entrada HDMI recordan a última fonte de vídeo usada; acostuma a acender o televisor co botón de arranque/apagamento e non pulsando algunha tecla numérica (que che levaría a unha canle da televisión e non do desco R HD).

a miña televisión non detecta sinal ao seleccionar a entrada HDMI onde está conectado o desco R HD

é posible que exista algún problema na negociación do sinal entre a súa televisión e o desco R HD. Desenchufa ambos os dous aparatos, volve enchufalos e unha vez feito isto, selecciona a entrada HDMI da tele na que ten conectado o desco R HD a través da tecla correspondente do mando da televisión (input ou source na maior parte dos televisores).

o mando a distancia non funciona

é posible que as pilas se estean a esgotar ou que estean mal colocadas; comproba que as pilas están ben colocadas ou cámbieas se o considera oportuno.
Se as pilas están ben, pero aínda así non permite manexar o desco R HD, comproba que está seleccionada a tecla "R" do mando a distancia. E, en todo caso, asegúrate de que o mando apunta directamente ao panel frontal do receptor e de que non haxa obxectos na devandita liña de visión. Cada vez que pulsas unha tecla debería pestanexar a luz infravermella do panel frontal.