menú

televisión dixital

información sobre o servizo SD (desco gris) de televisión en R


que teño que facer para bloquear as canles?

selecciona unha ou varias canles e márcaas premendo OK

que teño que facer para bloquear contidos?

preme a tecla do cadeado do teu mando.

podes bloquear contidos cualificados por idades (menores de 7 anos, menores de 13 anos e menores de 18 anos). Bloqueando unha destas categorías restrinxes o acceso a todos os programas de calquera canle que responda aos parámetros fixados.

como accedo as canles ou contidos bloqueados?

para acceder ás canles bloqueadas tes que pulsar OK e introducir o teu PIN (por defecto é 1234 pero por seguridade, pregámosche que o cambies).
se cambias de canle terás que introducir de novo o PIN para entrar na canle bloqueada.

como cambio o pin?

por defecto temos definida a clave ou PIN como 1234; para cambialo tes que facer o seguinte: entra en menú>control paterno>cambio de código PIN e cambia o PIN seguindo as instrucións da pantalla.

que é un aviso?

é unha das funcións máis útiles que che ofrece a nova televisión, coa que o desco R nos lembra que empeza o noso programa favorito, a que hora podemos gravar esa película de estrea que tanto desexamos ver ou, por exemplo, que está a piques de comezar o partido de fútbol que nos pode dar o liderato.

que tipos de aviso hai?

hai varios tipos de aviso:
1. aviso: fai saltar unha pantalla na que podes elixir se cambias de cadea
2. auto: sintoniza automáticamente a canle elexida
3. autocompra: sintoniza a canle escollida e se a canle é de pago por visión realiza automáticamente a compra do evento seleccionado

onde escollo o tipo de aviso?

en menú>configuración>preferencias de pantalla>aviso podes escoller o tipo de aviso, por defecto, que máis che interesa.

con que tempo de antelación o inicio do evento me avisa o desco?

en menú>configuración>preferencias de pantalla>aviso podes escoller a marxe previa ao programa coa que queres que o desco R te avise: dende un minuto ata un máximo de 30 minutos antes da emisión.

podo fixar varias tipos de aviso?

si, podes fixar varios tipos de avisos á vez, na mesma ou en distintas canles pero sempre a distintas horas (Ex: auto para a serie favorita, autocompra para o partido do domingo ou aviso para, por exemplo, algún contido que non tes claro que verás cando comece).

como fixo un aviso?

podes fixar un aviso a través da miniguía, da guía de programación ou do menú.

como fixo un aviso a través da miniguía?

o desco R, a través da miniguía de programación, sabe cando vai empezar un programa determinado ata con 24 horas de antelación.

premendo na tecla INFO do mando universal aparece unha banda na parte inferior da pantalla do teu televisor onde podes consultar información sobre o programa que estás a ver ou, a información sobre os programas que están por vir.

unha vez situado nun programa que vaian emitir (por exemplo, dentro dun par de horas), só tes que premer a tecla OK do mando e aparecerá un reloxiño indicativo. Isto é todo: recibirás o aviso momentos antes de que comece o programa escollido.

como fixo un aviso a través da guía?

preme o botón GUÍA do mando universal e verás unha listaxe de canles e unha pequena fiestra con imaxes da cadea na que estás.
desta volta cómpre que elixas o programa coas teclas direccionais dereita e esquerda e despois tes que premer a tecla azul do teu mando universal tal como te suxire a propia guía.

como fixo un aviso a través do menú?

a través do menú podes fixar avisos con máis de 24 horas de antelación e tamén diaria ou semanalmente para que, por exemplo, o desco R sintonice a túa serie favorita e só teñas que estar pendente de ter a televisión acesa.

sitúate en menú>canles>aviso de programa>engadir aviso e elixe:
1.- o tipo de aviso (que pode ser distinto ao aviso por defecto e que ten prioridade sobre este)
2.- a frecuencia (unha vez, diaria ou semanal)
3.- a data e a hora de comezo do programa
4.- se o aviso é de autosintonización ou de autocompra
5.- fixa a duración da sintonización da canle do programa que queres
6.- elixe o dial da canle desexada
7.- premer OK para confirmar

ademais, unha vez fixado, podes modificar o aviso seleccionándoo e premendo OK (ou mesmo borralo seguindo as instrucións que aparecen en pantalla)

como podo cambiar o idioma de audio?

preme a tecla PREF e aparecerache a opción de idioma de audio. aquí podes seleccionar a lingua na que desexas escoitar o pregrama que estás a ver, sempre que a canle teña a devandita opción.
lembra, iso si, que cada vez que cambies de canle volves á configuración predeterminada co audio en castelán.

de que listaxes de favoritos dispoño?

accede a menú canles favoritas e atoparás preconfigurados varias listaxes: docus, series, cine, música, deportes, nenos (e deixamos un par de listaxes sen definir)

como accedo ás listaxes de favoritos?

1. pulsa a tecla PREF do teu control R
2. verás que na terceira liña podes, mediante as teclas direccionais dereita e esquerda, seleccionar a listaxe de favoritos que desexes.
3. se decides volver ver todas as canles, só tes que seleccionar a lista de favoritos 'todos', que é a relación xeral de canles.

como configuro unha listaxe de favoritos?

1. pulsa OK cando esteas sobre unha listaxe que non está preconfigurada.
2. cámbialle o nome pulsando canle – ou + e seleccionando as letras do seu nome. Ademais, podes indicar se é unha listaxe de televisión ou de canles de audio movéndoo arriba e abaixo coas teclas direccionais
3. elixe as canles que desexes: pulsa OK e verás que aparecen en pantalla a listaxe de favoritos e as instrucións na parte inferior da pantalla. Se pulsas OK outra vez, seleccionas ou deseleccionas as canles nos que está o foco. Podes engadir as canles que queiras á túa nova listaxe.
4. sae do menú cando teñas as túas canles seleccionadas mediante a tecla VOLVER.

por que aparecen barras negras na imaxe do meu televisor?

como sabes, cada vez son máis as canles que emiten parte ou toda a súa programación en formato panorámico ou 16:9. Non obstante, moitas veces a emisión non é realmente en formato panorámico, senón que a canle o que fai é emitir programas que orixinalmente estaban a 4:3 en 16:9. Como o fan? Pois engadindo dúas bandas negras laterais e dúas horizontais (superior/inferior), polo que de aí que poidas perder parte da imaxe.
R unicamente recibe o sinal das canles, non inflúe nin na súa emisión nin nos formatos que teñen estes.