menú

rebobina R

responde a calquera dúbida sobre o servizo de televisión rebobina R


que é?

é un servizo que che permite ver contidos audiovisuais adaptados ao teu horario. Podes visualizar series, películas, documentais, concertos… á hora que ti queiras ou recuperalos dende o principio se chegaches tarde ao programa que che interesa. Ademais, podes reproducilos como se se tratase dun vídeo, pausando, avanzando ou rebobinando o contido.

como accedo?

se tes o mando vermello podes acceder dende a tecla VIDEO.
no caso do mando morado hai que premer a tecla VOD.
e, no mando azul, é mediante a tecla GUÍA.

é un servizo gratuíto?

si, é un servizo que se inclúe gratuitamente ao teres contratada a televisión multicanle de pagamento de R. Non hai que pagar nada máis por telo. Agora ben, hai unha serie de contidos de estrea ou ben exclusivos nos que xa se informa do seu custo.

como podo buscar un contido?

tes dúas formas diferentes. Unha é accedendo á pestana rebobina e entrando na canle concreta. Aí xa tes todos os contidos dispoñibles. As películas de estrea móstranse por orde alfabética. Por outra banda, podes situarte no buscador de rebobina e escribir o título do contido que buscas ou ben o nome dalgún actor ou director. Con tres letras xa verás os resultados, éche ben fácil.

por que non están todas as canles que teño contratadas nin todos os programas?

en rebobina R están as canles e contidos que autorizaron a súa inclusión. De todos os xeitos, trátase das mellores canles e dos mellores contidos da nosa grella de programación.

non podo acceder a determinadas canles. Por que?

só podes acceder aos contidos das canles que están en rebobina R e que tes contratadas. Un cliente coa TV total pode acceder aos contidos de todas as canles. Non obstante, un cliente con TV series, por poñer un exemplo, non poderá acceder ás canles que pertencen ao paquete TV total.

como vexo un contido xa comezado nunha emisión normal?

se un contido que se vai incluír en rebobina R está empezado na emisión normal dunha canle, verás o símbolo de rebobínao
só tes que darlle á tecla de play e xa irías ao comezo do programa. Ou ben premer a tecla INFO e, despois, marcar “ir ao inicio”.

por que sempre empeza a gravación un pouco antes do inicio do programa?

intentamos sempre que haxa unha certa marxe á hora de gravar os contidos. Dese xeito, se comezan antes do previsto, intentamos que non perdas nada. 

que pasa se cando reproduzo o contido lle falta o inicio?

se atopas un contido que parece empezado, rebobina un pouco co teu mando R e seguramente teñas o principio un pouco máis atrás.

por que ás veces falta un cacho dun contido?

rebobina R é un sistema automático. O que se fai é programar a gravación dun contido segundo a hora prevista de inicio e de fin do evento. Dese xeito, se despois non se cumpre o horario e un programa comeza ou finaliza moito máis tarde do previsto, pode faltar algo. Traballamos arreo coas canles para que este tipo de fallos non se produzan pero, ás veces, non se poden evitar.

canto tempo teño para ver un contido?

na información do evento xa che indica de que tempo dispós para ver o contido. Hai contidos gratuítos que están dispoñibles durante 1 día, outros durante unha semana e outros que incluso están accesibles durante 2 ou 3 meses. Depende dos dereitos que nos ceden as canles para cada contido concreto.

no caso dos contidos de pagamento, unha vez realizada a compra xa che indica que dispós de 24 – 48 horas en función do evento para velo tantas veces como ti queiras.

os contidos de Tolemias e de Play Doc pódelos ver sen límite de tempo durante o período de facturación, mentras manteñas a subscrición.

podo ver o mesmo evento en dous descos ao mesmo tempo?

non pode verse nos teus descos contratados o mesmo evento de forma simultánea. Podes ver eventos diferentes en cada desco, pero non o mesmo. Iso si, se nun desco ves un evento e queres continuar véndoo máis tarde noutro, xa o farías desde punto no que o deixaches no primeiro (se pasaron menos de 24 horas).

non son capaz de acceder ao servizo. Que podo hacer?

se tes o desco gris (SD), seguramente é que non tes a última versión. Actualiza o teu desco seguindo este videotitorial.
se tes o desco negro (HD), agarda un pouco, porque seguramente o desco aínda non estableceu conexión a internet. Se tras 5 minutos non accedes a rebobina R, proba a desenchufar, agardar un intre e acender de novo o desco.

que son as subscricións?

é un servizo que che permite acceder a unha serie de contidos como documentais ou concertos gravados ao vivo que se renovan constantemente. Por un importe fixo ao mes pódense ver tantas veces como queiras.

que é Tolemias?

é unha canle de concertos musicais gravados ao vivo onde se poden atopar dende os grandes festivais que se celebran en Galicia (Ortigueira, Festival da Luz, Festival de Valadares…) ata concertos gravados na máis exquisita intimidade dos locais máis emblemáticos do panorama musical galego. Tes acceso a propostas de distinto tipo: folkies ou de raíz, jazz, o rock máis radical... Coa subscrición podes ver todos os contidos que desexes. Os concertos vanse renovando mensualmente.

que é Play Doc?

é unha canle de documentais cos contidos do festival internacional de cine de Tui. Tes unha coidada selección das últimas tendencias do cinema de non ficción, pensada para unha audiencia aberta e heteroxénea. Coa subscrición podes ver todos os contidos que desexes. Os documentais vanse renovando mensualmente.

como podo darme de alta ou de baixa das subscricións?

só tes que ir a catálogo e despois a concertos ou ben a documentais e subscribirte na canle que máis che guste. O prezo é por periodo de facturación (e non se prorratea o custo do servizo, xa que dá acceso a todos os contidos). Para darte de baixa, tes que ir á mesma sección e, co teu mando R, descontratar a canle.

como podo comprar os contidos de pagamento?

só tes que pulsar coa tecla OK do teu mando R enriba do evento que che interesa. Podes mercar os eventos directamente.

podo poñer un código de seguridade para validar a compra no deco HD?

si, claro. Se desexas poñer un código de seguridade para confirmar unha compra na televisión de R, podes facelo indo a configuración e despois a seguridade. Por defecto este código é 1234, pero aconsellamos cambialo en canto poidas.

como podo poñer un código de seguridade no deco 4K?

se desexas poñer un PIN de compra ou ben unha clave de control parental, pódelo facer desde axustes > control parental. Por defecto o PIN é 1234, pero podes establecer o que queiras. Ademais da compra de eventos, podes bloquear determinadas canles ou os contidos por idades.

cal é o código por defecto á hora de comprar os contidos de pagamento?

o código por defecto é 1234, pero aconsellamos modificalo e poñer o que desexes.

como podo modificar o código da compra de contidos no catálogo?

tes que ir a configuración > seguridade e despois cambiar o PIN VoD (ver pregunta anterior).

por que non se gravan en alta definición todas as canles?

atendendo á prioridade e relevancia da canle na nosa grella, as gravacións en alta definición reservámolas para as canles temáticas de pago con maior seguimento polos nosos clientes, como son FOX, TNT ou AXN, entre outros. O noso servizo de rebobina ten unha capacidade determinada de almacenamento e en función disto decidimos cales son os contidos máis destacados para incorporar en HD.