preguntas relacionadas co servizo mensaxeríaR
mensaxeríaR é o servizo de correo de R che permite que xestionar o teu correo electrónico persoal, establecer as túas citas a través dun calendario, manter unha libreta de contactos e enviar arquivos de gran tamaño, a través de tochomailR
poderás acceder a este servizo dende o navegador ou mediante un cliente de correo instalado no teu pc
o acceso a mensaxería realízase a través da dirección:
https://mensaxeria.mundo-r.com
o servizo de mensaxeríaR permíteche:
dende mensaxeríaR poderás acceder a outras caixas de correo aloxadas en servizos externos compatibles con POP3 ou IMAP4.
podes agregar contas externas se queres ler os correos das contas que engadas e non pensaches enviar correos con esas direccións desde mensaxeríaR. Os correos que recibas nas contas externas non ocuparán espazo do teu buzón.
esta versión de mensaxeríaR, por motivos de seguridade non permite enviar correos coas direccións das contas externas que engadas.
este servizo incorpora unha libreta avanzada de direccións para almacenar todos os contactos que desexes e un calendario para a xestión de todas as túas citas e eventos.
ademais na pestana adxuntos poderás ver agrupados todos os documentos adxuntos do teu correo.
as principais características desta libreta son:
é un formato estándar para o intercambio de información persoal especificamente tarxetas de negocios electrónicas. A extensión máis común para estes arquivos é .vcf
as vCards adoitan achegarse a mensaxes de correo electrónico
o servizo de calendario ofrece unha vista de calendario versátil que permite administrar eventos e tarefas.
no calendario pódese agregar, editar e eliminar eventos, incluídos as reunións. É posible agregar calendarios e ver os eventos de varios calendarios.
o servizo de tochomail permíteche enviar arquivos de gran tamaño (como máximo 2 GB) directamente dende a web, achegando arquivos que superen as limitacións do correo tradicional. O seu funcionamento é moi sinxelo, abondará con cargar o adxunto e enviar a mensaxe de correo electrónico.
os destinatarios recibirán un correo electrónico cun enlace que ao facer clic, dirixirá a unha páxina onde poderás descargar os arquivos adxuntos. Ademais, é posible comprobar o estado da transmisión a través das notificacións
coa mensaxeríaR, podes configurar opcións avanzadas como caducidade do tochomail (dende un día ata un mes) e recepción de notificacións de: aceptación, recollida e caducidade do tochomail
existe un manual no cal se indican en detalle as configuracións e os pasos a seguir para utilizar todas as funcionalidades do servizo. Podes encontralo aquí .
no caso de ter algunha dúbida sobre as configuracións descritas neste manual ou o uso do servizo, podes poñerte en contacto connosco a través da web de clientes ou ben telefonicamente no 1445