Información sobre o novo cablerouter wi-fi dobre banda de R e como sacarlle o maior partido ás wi-fi de 2,4 Ghz e 5Ghz
o wi-fi pode funcionar en dous rangos de frecuencia. O máis común é coñecido como banda de 2,4Ghz, na que funcionan a maioría dos routeres e cablemodems wi-fi e tamén a maioría dos dispositivos (móbiles, portátiles, etc). Ademais, esta banda tamén a utilizan outros elementos que utilizamos no noso fogar, como microondas ou teléfonos sen fíos. Por isto, é unha banda moi saturada. Esta saturación pode ser a causante de moitos problemas de conexión por wi-fi.
non obstante, o wi-fi tamén pode traballar na banda de 5Ghz. Non todos os equipos poden utilizar esta banda para conectarse ao wi-fi, tanto dispositivos coma routeres ou cablemodems wi-fi. O novo cablerouter de R soporta ambas as dúas bandas simultaneamente.
a gran vantaxe da banda de 5Ghz é que se encontra moito máis libre que a banda de 2,4Ghz, posto que existen moitos menos equipos que a utilizan. Isto permite que se poidan reducir as posibles interferencias e alcanzar maiores velocidades.
non obstante, o wi-fi de 5Ghz ten menor alcance que o de 2,4Ghz, co que pode pasarnos que a cobertura en distancia sexa menor (por exemplo, agora na wi-fi de 5Ghz non teño cobertura no cuarto do fondo e coa de 2,4Ghz si a teño). Ademais, para poder utilizar a wi-fi de 5Ghz necesitas ter un dispositivo que a soporte e non todos o fan.
a mellor solución é que o router ou cablemódem wi-fi utilice ambas as dúas bandas simultaneamente, como o fai o novo cablerouter de R.
a gran vantaxe do novo cablerouter dobre banda de R, é que o seu wi-fi traballa simultaneamente na banda de 2,4Ghz e na de 5Ghz. Deste xeito, ten as vantaxes que nos proporcionan ambas as dúas bandas:
este dispositivo, unha vez instalado, permite que o PC recoñeza as dúas redes wi-fi que xera o cablerouter wi-fi N dobre banda e que poidas conectarte a unha ou a outra segundo as túas necesidades. Recoméndase o seguinte:
o novo cablerouter dobre banda de R xera dous wi-fi simultáneamente, unha na banda de 2,4Ghz e outra na banda de 5Ghz. Recomendámosche que o nome das wi-fi sexan distintas. As configuracións por defecto por parte de R fano así: a wi-fi de 5Ghz márcase indicando no nome "5G".
recomendámosche o seguinte uso para sacar o máximo partido ás dúas wi-fi:
neste caso pdes utilizar o pincho usb doble banda de R. Dese xeito, podes obter o máximo rendemento. Co pincho usb instalado, o PC detectará as dúas redes wi-fi (lembra que é recomendable ter dous nomes diferentes para a wi-fi 2,5Ghz e para a 5Ghz). Podes conectarte á de 5Ghz cando esteas en zona de boa cobertura e obterás a maior velocidade; utiliza a de 2,4Ghz noutras zonas onde a banda de 5Ghz non teña cobertura.
é moi sinxelo, só hai que conectalo a un porto usb libre do PC, introducir o CD de instalación e seguir os sinxelos pasos que se indican no mesmo. Aquí podes consultar o manual do equipo
como se explicou nunha pregunta anterior, as redes wi-fi en 5Ghz, aínda que máis libres de interferencias, teñen menor alcance que as redes de 2,4Ghz. Se necesitas ampliar a cobertura, podes utilizar o repetidor wi-fi N co que ampliarás ademáis a cobertura da rede de 2,4Ghz. Lembra que o cablerouter wi-fi N dobre banda xenera dúas redes wi-fi, unha de 2,4Ghz e outra de 5Ghz para poder aproveitar ao máximo o wi-fi no teu fogar.