menú

como funciona o wi-fi

que é o wi-fi, por que ás veces non vai tan ben como debería, como mellorar o sinal... Tes tamén un artigo da OCU sobre este tema.


que é wi-fi?

wi-fi é unha tecnoloxía que nos permite conectar os nosos dispositivos a internet ou á rede sen necesidade de utilizar cables. Hoxe en día, podemos conectar por wi-fi ordenadores de sobremesa, portátiles, tabletas ou teléfonos móbiles. Grazas ao wi-fi temos a comodidade de poder conectarnos dende calquera lugar do noso fogar ou da nosa empresa.

o wi-fi só vale para interiores?

realmente a tecnoloxía wi-fi estase a utilizar tanto para dar conectividade sen fíos no fogar ou na empresa como para dar conectividade nas rúas. Un exemplo claro o temos aquí en Galicia coa rede wificlientesR, unha rede que R está a despregar en Galicia coa que os seus clientes se poden conectar nas rúas, mentras esperan nunha parada de autobús ou mentras están tomando algo nunha terraza. Máis info aquí

como funciona a tecnoloxía wi-fi?

as redes wi-fi utilizan unha tecnoloxía radio (que utilizan ondas de radio, sen cables). Temos na nosa vida cotiá moitos outros dispositivos que utilizan o medio radio para funcionar como son os móbiles, os microondas, os GPS…

as redes wi-fi traballan en dúas bandas radio, a banda de 2.4Ghz e a banda de 5Ghz. As bandas son unha parte concreta do espectro radio que se van dedicando a determinadas funcións. As bandas utilizadas pola tecnoloxía wi-fi son bandas de “licenza libre”, o que significa que non están reguladas polos gobernos. Por isto, hai moitos outras tecnoloxías ou dispositivos que utilizan estas mesmas bandas, como son os microondas, teléfonos sen fíos ou os vixía bebés.

que tipos de wi-fi hai?

ao longo da historia de wi-fi existiron varias xeracións de produtos con distintos estándares. A tecnoloxía wi-fi englóbase dentro do estándar 802.11, e as distintas xeracións noméanse tomando como base este prefixo.

como resumo, os distintos tipos de wi-fi máis comúns son:
- 802.11b (Wi-fi b): usa a banda de 2.4Ghz e consegue un máximo teórico de 11Mbps
- 802.11g (Wi-fi g): usa a banda de 2.4Ghz e consegue un máximo teórico de 54Mbps
- 802.11g (Wi-fi g): usa a banda de 2.4Ghz e consegue un máximo teórico de 54Mbps
- 802.11 ac (Wi-fi ac): usa a banda de 5Ghz e consegue un máximo teórico de 1.3 Gbps este estándar é novo e poucos dispositivos contan con el

podemos englobar os dispositivos wi-fi en dous grandes grupos: aqueles que soportan o wi-fi b e g e aqueles que soportan o wi-fi n. Todos os dispositivos que soportan o wi-fi n tamén soportan o b ou g. Por exemplo, se tes o cablemodem wi-fi n de R todos os teus portátiles ou móbiles que soporten ata o wi-fi g poderán conectarse sen problemas, aínda que a menos velocidade. Hai que ter en conta ademais que as velocidades máximas que se indican na táboa son velocidades máximas teóricas que non imos alcanzar nos equipos que temos nas nosas casas por todos os motivos que se indican nas seguintes preguntas/respostas.

está en desenvolvemento unha nova tecnoloxía de wi-fi chamada 802.11ac, que destaca por unha maior velocidade (pero tamén por un maior uso do espectro).

se teño un cablerouter wi-fi N sempre vou acadar velocidades N?

non, porque se algún dos teus dispositivos non soporta o wi-fi n entón todos funcionarán como wi-fi g. Ademais, temos que ter en conta que as velocidades que se indican do wi-fi n son teóricas e que pode haber ruído no espectro que interfira no sinal.

cales son os parámetros wi-fi máis importantes para conectarme?

os dous parámetros básicos que necesito saber para conectarme son:

  • o nome de rede (SSID): é o nome da rede wi-fi que veremos cando buscamos dende o noso dispositivo as redes wi-fi dispoñibles
  • o contrasinal wi-fi: normalmente todas as redes wi-fi teñen unha contrasinal para ter seguridade e evitar conexións indesexadas (máis información sobre a seguridade wi-fi)

con saber estes dous parámetros xa me podo conectar á wi-fi: busco a rede wi-fi adecuada, introduzo a contrasinal e xa estou conectado!!!

na imaxe da figura vense distintas redes wi-fi. Escolleríamos a que queremos conectarnos, indicaríamos o contrasinal e xa poderíamos navegar.

de que depende ter ou non unha boa conexión por wi-fi

  • dos equipos: tanto o router wi-fi coma os dispositivos cos que me conecto (portátiles, móbiles, tablets...)
  • da cobertura: canto máis afastado estou do router wi-fi peor será a cobertura. Ademais, determinados elementos do fogar fan que a cobertura diminúa máis rapidamente
  • as interferencias: son moitas as posibles interferencias que poden afectar á conexión wi-fi. Por exemplo, os microondas, os vixilabebés, teléfonos sen fíos, tubos fluorescentes, equipos bluetooth... ademais das conexións wi-fi dos nosos veciños

que é a canle wi-fi?

nas redes wi-fi que traballan na banda de 2,4Ghz divídese á súa vez en varias canles de frecuencia que poden ser configurados no router wi-fi. En Europa utilízanse 13 canles, que están nomeadas no router wi-fi con números do 1 ao 13. O ideal sería configuralo nunha canle onde non estea ningún outro equipo funcionando.

pode axudarme a mellorar a cobertura o lugar onde está colocado o cablerouter wi-fi?

existen algunhas boas prácticas sobre a colocación do cablerouter wi-fi que podemos levar a cabo para que teñamos a mellor cobertura posible no noso fogar. Sempre que sexa posible, deberemos:

  • colocalo lonxe de partes metálicas, evitar poñelo en esquinas, pegado ao chan ou dentro dun moble.
  • poñelo cerca das zonas de uso máis común (por exemplo, se temos unha casa de dúas plantas e usamos o wi-fi na planta de arriba, fagamos todo o posible por instalar o cablerouter nesa planta)

con SOS wi-fi o instalador de R propón ó cliente o mellor lugar para instalar o cablerouter, de tal xeito que dea a mellor cobertura posible

que é un repetidor wi-fi?

é un equipo que axuda a incrementar a cobertura wi-fi. Debe colocarse nun lugar onde teñamos boa cobertura wi-fi e permitirá estender esa cobertura.
Por exemplo, se teño o cablerouter wi-fi no salón e a cobertura non me chega a unha habitación que está no outro extremo da casa, colocaremos o repetidor wi-fi na metade do corredor.
Máis info

cales son as interferencias máis comúns nas redes wi-fi?

existen moitos elementos no fogar que poden causar interferencias á sinal wi-fi. Por exemplo, os microondas, os vixía bebés, teléfonos sen fíos, tubos fluorescentes, equipos bluetooth…

tamén se pode dar o caso que vivamos preto dalgún edificio oficial e que teñamos problemas no noso wi-fi debido aos inhibidores de frecuencias que se instalan nestes lugares.

como podo facer para evitar as interferencias?

por unha banda, non colocar o router cerca dos elementos que xeran as interferencias. O gran problema é que ás veces non podemos actuar sobre os elementos que interfiren no noso sinal porque ou ben son veciños que se están a conectar na mesma canle ou son aparellos sobre os que non temos control ou que realmente necesitamos no noso fogar.

por outra banda, podemos cambiar o canal que está usando o router wi-fi buscando algún no que non teñamos interferencias. Existen moitas ferramentas gratuítas para PC ou móbil co que podemos analizar cal é a mellor canle.

ademais, se a interferencia está na banda de 2,4Ghz (que é o máis común) poderíamos evitala se utilizamos equipos que traballen na banda de 5Ghz.

a min sempre me foi ben o wi-fi pero agora empeorou moito. Iso quere dicir que teño os equipos estropeados?

non, porque poden ter cambiado as condicións do medio radio. Por exemplo, se tes máis veciños que se conectan na mesma canle ou se aparecen elementos que xeran interferencias que antes non estaban, isto vai influír na calidade do teu sinal wi-fi.

afecta o wi-fi que teña o meu portátil ou móbil?

como acabamos de ver nas preguntas anteriores existen moitos factores que poden influír sobre a calidade do noso wi-fi que son independentes dos equipos ou dispositivos que utilizamos para conectarnos: cablerouters wi-fi, portátiles ou móbiles.

pero ademais, hai que ter en conta que aínda que o noso cablerouter soporte wi-fi n e teña moi boa sinal wi-fi é posible que o PC ou móbil non teña unha boa potencia para poder transmitir e isto faga que a calidade total do meu wi-fi empeore. Deberemos ter na medida do posible os nosos portátiles e móbiles actualizados para poder sacar o máximo rendemento á wi-fi.

que significa a indicación de que estou conectado a 300Mbps, 150Mbps ou a 54Mbps?

que o noso PC o portátil nos indique que se conectou a unha determinada velocidade por wi-fi non quere dicir que vaiamos acadar esa velocidade realmente.

na práctica, o que imos alcanzar en velocidade real está entre un 50% e 60% da velocidade que nos indica.

cal é a velocidade máis probable de conexión por wi-fi?

é moi probable que nos conectemos a 54Mbps porque esta é a velocidade teórica do wi-fi g. Recordemos que aínda que o noso cablerouter soporte wi-fi N, se algún dos nosos dispositivos non o soporta, todos os demais van traballar co wi-fi g. Tendo esto en conta, é probable que nos conectemos a unha velocidade real duns 25-30Mbps.

pódese garantir unha velocidade do wi-fi?

é moi complicado garantir que nun determinado fogar se vaian a alcanzar unhas determinadas velocidades a través de wi-fi posto que, como xa vimos en anteriores preguntas, existen numerosos condicionantes que van máis aló do propio equipamento (cablerouters, portátiles, móbiles, tabletas, etc.) que afectan sobre a calidade da sinal wi-fi e que fan que a velocidade non poida alcanzar os máximos previstos.

realmente necesito conectar todos os dispositivos por wi-fi?

ás veces conectamos por wi-fi dispositivos que realmente non necesitan mobilidade, como por exemplo, PC´s fixos ou televisores.
Se queremos sacarlle o máximo partido á conexión, e sempre que sexa posible, aconsellamos conectar estes dispositivos por cable ou a través dunha parella de PLC.

que é a seguridade en wi-fi?

as redes wi-fi poden configurarse sen ningún tipo de contrasinal. Deste xeito calquera dispositivo se podería conectar con tal de detectar esa rede wi-fi.
Os routers wi-fi teñen distintos métodos para incrementar a seguridade e o control de sobre quen se está conectando á rede wi-fi.

que mecanismos de seguridade ten o wi-fi?

entre os máis comúns están:

  • encriptación wi-fi: podemos configurar que a rede wi-fi pida o contrasinal cada vez que alguén se queira conectar (e o que se coñece como encriptación wi-fi). Existen varios tipos de encriptación (WEP, WPA) e a que normalmente se utiliza hoxe en día e a WPA2 que ofrece maior nivel de seguridade de cara a poder descubrir o contrasinal por parte de alguén que intente conectarse á rede wi-fi.
  • filtrado de MAC: os routers ou cablerouters wi-fi permiten configurar que dispositivos van poder conectarse á rede segundo a súa MAC (conxunto de 12 letras ou números que identifica de xeito unívoco a todos os dispositivos que se conectan á rede). Así, podemos configurar que só se conecten á miña rede wi-fi, por exemplo, ao meu portátil da casa e ao PC de sobremesa.

cantos ordenadores podo conectar sen fíos ao router?

o número máximo de equipos que podes conectar é de 253. Pero ten en conta que se acceden a internet ao mesmo tempo, a velocidade de acceso repartirase entre todos e podes notar lentitude de navegación nalgún deles.

que diferenza hai entre punto de acceso e router sen fíos?

un punto de acceso permite a conexión de un ou máis PC's a internet utilizando cada un deles unha IP pública. No caso dos routers (equipos Thomson TCW710 e Morotola SBG900) a IP pública adquírea o propio router, quen se encarga de xestionar a conexión dos PC's que deberán ter IP's privadas.