menú

PLC wi-fi

Información de como usar o PLC wi-fi


cando é adecuado o uso do PLC wi-fi?

o PLC wi-fi é a solución para mellorar a cobertura wi-fi. É perfecta para aqueles lugares da casa que están moi afastados do router wi-fi. Por exemplo, a segunda planta dun dúplex ou unha terraza que está afastada.

podo utilizar o PLC para conectar dispositivos por cable?

o PLC dispón dun porto ethernet no que se pode conectar por cable calquera dispositivo, por exemplo, un PC ou unha smart tv. Hai que ter en conta que a velocidade alcanzada non vai ser a mesma que se utilizamos un cable ethernet directo. Para alcanzar velocidades de 150 ou 350 megas recomendamos utilizar a toma ethernet

como son as conexión do PLC?

o PLC ten dúas partes:

  • a primeira conéctase ao router mediante un cable Ethernet e enchúfase (como se pode ver poderemos seguir utilizando ese enchufe para outros propósitos posto que o PLC o mantén) 

 

 

  • o segundo elemento enchufámolo no cuarto ou zona da casa onde queremos mellorar o wi-fi e o PLC xera a nova wi-fi para que poidamos conectarnos á maior velocidade posible.

 

 

aprende como utilizalo na pregunta: "como se debe usar o PLC wi-fi?" que está xusto debaixo

 

como se debe usar o PLC wi-fi?

o PLC wifi xera unha rede wifi nova. Ao conectar por primeira vez, o PLC wifi xa che aparece cun nome distinto ao da rede wifi do teu router. É importante distinguir ambas as dúas redes para saber a que dispositivo corresponde cada unha, e conectarte sempre á wifi con maior sinal.

pódese enchufar nunha regreta ou ladrón?

non é recomendable enchufar nunha regreta ou ladrón o PLC wifi, porque o servizo funcionaría peor. Sempre é mellor enchufalo sobre unha toma eléctrica libre. Ademais, o PLC wifi ten unha toma que che permite seguir usando o enchufe.