menú

tarifas

descobre as tarifas, bonos e aforros que che permite o servizo de telefonía móbil de R


cales son as tarifas de R?

na nosa páxina web tes toda a información sobre as tarifas de R para particulares e sobre as tarifas para empresas.

teño que contratar a mesma tarifa en todas as liñas da miña conta?

non. Aínda que todas as liñas estean na mesma conta, cada liña pode ter a súa propia tarifa. Elixe en cada caso a que mellor se adapte aos teus hábitos de consumo

podo cambiar de tarifa se a que teño non se adapta ao meu consumo?

si. Podes facelo dende a web de clientes. Este cambio aplicarase nun prazo máximo de 72 horas laborais. Só se permite un cambio máximo por mes e os días que utilizaras a anterior tarifa, facturaranse con ela. 

como podo saber cantos datos levo consumidos?

tes varias opcións:
. conéctate á web de cliente e verás os datos que levas consumidos
. revisa o detalle das túas chamadas. Aí sae tamén o detalle das túas conexións de datos e verás canto consumiu cada unha
. revisa o total do teu consumo de datos no teu teléfono. Debes levar a conta cada mes pero terás a información dos datos que levas consumidos (ollo, neste caso inclúense os MMS que envíes e recibas e ese consumo non o incluímos na túa factura)