preguntas frecuentes sobre o envío de SMS dende a web
é un novo servizo de R que che permitirá enviar mensaxes curtas aos teléfonos que necesites dende o teu ordenador de forma que che resulte máis sinxelo escribir as mensaxes
a funcionalidade de envío masivo e individual é a mesma: facilitarche o envío de mensaxes curtas. A única diferenza está na forma de escribir as mensaxes. O envío masivo está pensado para aquelas persoas que van mandar moitas mensaxes e dispoñen da información dos seus contactos en ficheiros excel. Coa aplicación de envío masivo podes cargar ese ficheiro en lugar de ter que introducir todos os contactos a man. Polo demais, ambas as dúas funcionalidades son iguais
para poder enviar mensaxes curtas dende a web tes que cumprir 2 requisitos:
ademais, se queres utilizar a funcionalidade de envío masivo, deberás contratar un bono de envío de mensaxes previamente. Nesta páxina poderás coñecer o prezo dos bonos de envío de mensaxes
podes facelo a través da url do servizo http://SMSweb.mundo-r.com
o servizo é para todas as liñas móbiles de R.
se tes varias liñas e queres utilizar o envío individual, cando entres na aplicación elixe a liña que queres utilizar e enviarás a mensaxe con esa liña.
por outra parte, se o que queres é utilizar o envío masivo, o servizo só estará dispoñible para as liñas nas que contratases un bono de mensaxes. Nesta páxina poderás coñecer o prezo dos bonos de envío de mensaxes.
de momento non. O servizo é só de envío de mensaxes curtas, pero xa estamos a traballar para que nun futuro poidas enviar dende a web mensaxes multimedia tamén
si, o servizo permitirache enviar mensaxes a todos os destinatarios que queiras á vez. Ten en conta que se envías mensaxes a varias persoas che cobraremos o prezo dunha mensaxe por cada persoa á que envíes.Para ter máis información sobre as funcionalidades do servizo, podes ler o manual de usuario
si, o servizo permitirache enviar mensaxes concatenadas. Escribe todo o texto que queiras e envíao. Ten en cuenta que se envías mensaxes concatenadoa, o prezo final será o correspondente ao total de mensaxes individuais enviadas. Para ter máis información sobre as funcionalidades do servizo, podes ler o manual de usuario
si. O servizo indicarache en cada mensaxe os caracteres que levas escritos e as mensaxes que estás a enviar para que sempre teñas claro o que vas enviar e o que se che vai cobrar (se ves que o servizo pon que envías 2 mensaxes, cobrarémosche 2 mensaxes). Para ter máis información sobre as funcionalidades do servizo, podes ler o manual de usuario
si. O servizo dáche a funcionalidade de crear modelos de mensaxes que despois poderás utilizar para enviar mensaxes cando queiras. Para ter máis información sobre as funcionalidades do servizo, podes ler o manual de usuario
si. O servizo permíteche crear a mensaxe e definir a hora ou o día no que queiras envialo. Iso si, só poderás envialo ata 3 días máis tarde do momento no que o estás escribindo. Para ter máis información sobre as funcionalidades do servizo, podes ler o manual de usuario
a aplicación dispón dunha pantalla onde verás todas os mensaxes enviadas. Ao lado de cada mensaxe dirémosche se houbo algún problema co envío. OLLO, esta información indícache que a mensaxe foi admitida e se se tratou de entregar ao destino. Se o destino ten o teléfono apagado ou fóra de cobertura, pode non tela recibido
sí. O servizo dáche a posibilidade de crear a túa propia axenda de contactos e grupos (para que se queres enviar unha mensaxe a moitas persoas á vez, non teñas que ir escollendo un a un senón, elixir un grupo e enviar a todos os contactos á vez).
tamén podes importar contactos que teñas nun excel ou nun ficheiro csv á aplicación para usalos en envíos posteriores no caso de envío masivo, non che daremos a posibilidade de enviar mensaxes a un grupo, porque o envío farase coa información do ficheiro que cargases, e nese ficheiro é onde indicarás todas as personas ás que queres enviar un mensaxe
para ter máis información sobre as funcionalidades do servizo, podes ler o manual de usuario
desde a pantalla de envío individual si, porque cremos que a maioría das veces enviarás mensaxes ás mesmas personas, así que terás sempre visible a listaxe dos últimos teléfonos utilizados para que poidas mandar mensaxes de forma cómoda e rápida.
desde a pantalla de envío masivo, como a mensaje se envía aos destinos incluídos no ficheiro, non ten sentido que che deamos máis opciones de selección.
para ter máis información sobre as funcionalidades do servizo, podes ler o manual de usuario
si, se queres enviar as túas mensaxes cun remitente alfanumérico en lugar de co teu número de teléfono
solicita oremitente que queiras, validarémolo e poderás empezar a usalo en todos os teus envíos
para ter máis información sobre as funcionalidades do servizo, podes ler o manual de usuario
o envío dunha mensaxe curta a través dun operador de telefonía móbil ten un custo aínda que a envíes dende a web. Neste enlace poderás ver os prezos das mensaxes que envíes dende a web
as mensaxes enviadas dende a pantalla de sms individual identificaralas no detalle da túa factura porque virán cun tipo especial, sms web ou sms web R en función do destino da mensaxe enviada desde a web
aqueles que enviásedes dende a pantalla de envío masivo non aparecerán na túa factura, porque o seu prezo é cero. Si aparecerá o importe do bono de mensaxes no mes no que o compraras