menú

servizos e terminais

información sobre a cobertura de R, as tarifas, o idioma, os terminais...


podo contratar máis dunha liña?

por suposto. Podes ter todas as liñas da túa familia ou empresa en R. Por regra xeral poderás contratar 3 liñas se es un cliente particular ou autónomo e 5 se es de empresa. De todos os xeitos, se queres contratar máis liñas con nós de forma simultánea, pregúntanos, que sempre escoitaremos as túas peticións e trataremos de atendelas.

con R podo chamar fóra de Galicia?

por suposto. Con R tes a mellor cobertura de toda España

R ten cobertura noutros países?

si, R dispón de acordos con máis de 400 operadores móbiles en todo o mundo, cos que poderás chamar e recibir chamadas en máis de 160 países

para chamar desde o estranxeiro, teño que facer algo?, con canta antelación?

por defecto, a opción de chamar desde o estranxeiro, vén desactivada. Para activala só tes que ir á configuración do teu teléfono móbil na web de clientes. Tardamos unha media de 2 días e activar esa opción, así que por favor, non deixes a activación desta opción para o final da prepración da túa viaxe

R dispón de oferta prepago?

R apostou por ofrecer unicamente contrato aos seus clientes porque considera que esta modalidade ten moitas vantaxes fronte á modalidade de prepago. Ademais, coas tarifas planas actuais, por moi poucos euros ao mes, dispós de mellores tarifas e controlas o que gastas.

R ofréceme a posibilidade de controlar o meu saldo?

si, R pon á túa disposición un servizo de control de saldo para que escollas canto queres gastar cada mes
na páxina web de configuración do teu móbil na web de clientes explicámosche como funciona e como activalo

que servizos me ofrece R?

R continúa a liña de calidade que ten coas súas outros produtos e ofréceche unha ampla gama de servizos para que poidas aproveitar ao máximo as posibilidades do teu móbil

se xa teño o meu propio móbil, teño que comprar outro para poder facerme de R?

non. R permíteche contratar o seu servizo de telefonía móbil comprando só o cartón SIM. Só debes asegurarche que o teu teléfono é compatible cos cartóns de R. Para iso o teu teléfono debe ser libre ou liberado.

que móbiles me ofrece R?

na web de R tes todos os móbiles que poderás comprar, os seus prezos e as súas características

os móbiles de R están en galego?

si, R dispón na súa oferta terminais en galego. En todos os terminais Android coa versión 2.3 ou superior podes elexir o regalo como idioma do teu teléfono.

podo comprar a R accesorios para o móbil?

de momento R non comercializa ningún accesorio para os teus móbiles. Os móbiles de R son das marcas máis coñecidas e con máis presencia en España polo que podes ir a calquera tenda e comprar alí os accesorios que necesites