se viaxas ao estranxeiro, lembra activar antes o roaming. Aquí explicámosche como facelo
podes consultar a política de uso razoable aquí.
para saber se o tes activado, accede á configuración do teu móbilR na web de clientes, dende o apartado "roaming on/off".
para activar o servicio de roaming, accede á configuración do teu móbilR na web de clientes, dende o aparatado "roaming on/off".
dende que o solicitas, está activado en menos de 24 horas. Se non fose posible cumprir este prazo, chamaríamoste directamente.
para activar o servizo de roaming, accede á configuración do teu móbilR na web de clientes, dende o apartado "roaming on/off".
non é posible. Non hai unha restrición de só voz porque podes decidir facer ou non unha chamada, ou ben atendela ou non. Se non queres realizar consumos de voz, tes a opción de non chamar ou non descolgar
si, é posible dende o botón de "restricións on/off".
por defecto, o roaming de datos está desactivado. Para activar o servizo de roaming, accede á configuración do teu móbilR na web de clientes, dende o aparatado "roaming on/off".
ao activar o roaming poderás chamar, facer videochamadas, enviar e recibir sms, mms e navegar. Isto ten un custo maior que en España, incluída a navegación, xa que os datos no estranxeiro non están incluídos no prezo da túa tarifa.
no, non é posible.
os desvíos do tipo se non contestas, se non hai cobertura ou se estás ocupado, non se poden realizar. Si se permiten os desvíos incondicionais (cando sempre se desvía a chamada a otro número). Non se permite, en ningún caso, desviar chamadas a números internacionais.
si, salvo que indicaras que non queres usar internet móbil no estranxeiro. Ver en "restricións on/off".
se activaches o roaming e verificaches que o teu terminal é compatible cas bandas do país no que estás e ainda así non tes cobertura proba a facer unha selección manual da rede. Para saber como facelo, mira o manual do teu teléfono.
verifica tamén que chamas ou envías sms poñendo diante do número de teléfono34 ou 0034. Por exemplo, se queres chamar ao 698 111 445 e estás no estranxeiro, debes facelo ao número 0034 698 111 445 ou ao 34 698 111 445.
por último, comproba que non teñas ningunha restrición aplicada que impida a realización de chamadas ou o envío de sms en roaming en "restricións on/off".
tes que marcar o número 698.111.278 para consultar as túas mensaxes antigos. Pero a quen te chame non lle vai saltar o buzón se ti estás en roaming internacional.
si, se tes o roaming activado e o teu teléfono fai uso de datos,avisarémoste varias veces para que esteas sempre informado do uso que estás a facer e do custo que che supón. En concreto, recibirás estes avisos:
avisos por mensaxe curta
- recibirás un primeiro sms no momento no que se produza a 1ª conexión a internet dende o teu móbil. Nesa mensaxe informarémoste do custo de cada mega descargado (tarifas de datos no estranxeiro) e que para desactivar o acceso a internet e non incurrir en custos, debes conectarte a una páxina de internet para bloquear o acceso a datos. Se non realizas ese bloqueo, facturaremos o consumo que fagas.
- recibirás un 2º sms cando alcances un importe de 40 € en zona 1* ou 80 € en calquera outro país. Nesa mensaxe informarémoste da cantidade que xa consumiches e que para desactivar o acceso a internet e non incorrer en máis custos, debes conectarte a unha páxina de internet para bloquear o acceso a datos. Se non realizas ese bloqueo, seguiremos a facturar o consumo que fagas. Se decides bloquealo, non poderás realizar máis consumos de datos en roaming ata o novo ciclo de facturación.
- recibirás un terceiro e último aviso cando alcances un importe de 50 € en zona 1* ou 80 € en calquera outro país. Nesa mensaxe, indicarémosche que alcanzaches o máximo consumo permitido en roaming e que salvo que indiques expresamente que desexas seguir accedendo a internet e seguir incorrendo nun maior custo conectándote a unha páxina de internet, suspenderase o acceso a internet ata o seguinte ciclo de facturación.
avisos mediante páxina web
- no momento no que abras un navegador para conectarte a unha páxina de internet, verás unha páxina informando do custo de cada mega descargado (tarifas de datos no estranxeiro) e terás 2 botóns para decidir se queres continuar navegando e asumir o custo do servizo ou bloquear o acceso. Se decides bloquear o acceso, cada vez que intentes abrir unha nova páxina, verás esa pantalla e non poderás realizar consumos de datos no estranxeiro ata o novo ciclo. Se decides continuar navegando, poderás facelo sen problemas e facturaremos o custo do acceso a internet dende o estranxeiro.
- se decidiches navegar asumindo ese custo, cando alcances o valor de 40 € na zona 1* ou 80 € en calquera outro país, verás unha nova páxina onde te informaremos do importe consumido e terás 2 botóns para decidir se segues navegando ou bloqueas o acceso. Se decides bloquear o acceso, cada vez que intentes abrir unha nova páxina, verás esa pantalla e non poderás realizar conexións de datos no estranxeiro ata o novo ciclo de facturación. Se decides continuar navegando, poderás facelo sen problemas e facturaremos o custo do acceso a internet dende o estranxeiro.
- por último, verás unha tercera e última pantalla de aviso cando chegues aos 50 € na zona 1* ou a 80 € en calquera outro país. Nesa pantalla, dirémosche que alcanzaches un importe de 50 € ou de 100 €, en función do país no que estás a navegar, e terás 2 botóns para decidir se segues a navegar ou bloqueas o acceso. Se decides bloquear o acceso, cada vez que intentes abrir unha nova páxina, verás esa pantalla e non poderás usar os datos ata o nuevo ciclo. Se decides continuar navegando, poderás facelo sen problemas, xa non recibirás más avisos e aplicarémosche na túa factura o custo do acceso a internet dende o estranxeiro que realizaras.
*zona 1: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechestein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Mónaco Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Vaticano
ademais de activar o roaming, debes verificar que o teu terminal é compatible. Para isto tes que mirar en cobertura internacional (roaming) se o teu teléfono soporta as bandas do país ao que vas viaxar.
no te preocupes. Se non puideches mirar as tarifas na web, cando acendas o teu teléfono e escollas unha rede, enviarémoste de forma gratuíta un sms cos prezos do servizo no país no que te atopes.
consulta nesta páxina as nosas tarifas de roaming.
dentro dos países do Espazo Económico Europeo (zona 1), podes mirar o correo como en España, sen pagar máis. No resto de países os datos teñen un prezo distinto non incluído na túa tarifa. Consulta as tarifas de datos no estranxeiro.
+34 698 111 449 para particulares e +34 698 111 446 para empresas. O custo é gratuíto se chamas dende un número de R. Se chamas dende outro número, o custo dependerá das tarifas dese operador.
non haberá recarga nos consumos de datos realizados en itinerancia dentro da UE, nin nas chamadas de voz ou SMS realizados en itinerancia con orixe e destino na mesma.
as chamadas realizadas en roaming nun país da UE con destino outro país fóra da UE (zonas 2 e 3) si terán recargas (podes consultar os países, tarifas e condicións aquí).
non, as chamadas a outros países que se realicen desde o móbil en territorio nacional seguen tarificándose como chamadas internacionais. A non aplicación das recargas por roaming en la UE só fai referencia ao sobrecusto que antes tiñan as chamadas realizadas dende eses países por estar conectado á rede dun operador estranxeiro.