menú

proceso de compra

coñece como adquirir un terminal móbil de R, como recibilo...


que necesito para comprar un móbilR?

unicamente ganas dun servizo de calidade e de aforrar na túa factura de teléfono. Pedirémosche o teu DNI, o teu nome, un teléfono de contacto e a dirección de entrega.

como compro un móbil R?

poderás facelo na web de R, chamando ao 1449 para clientes particulares ou ao 1446 para clientes profesionais ou empresas, nos nosos puntos de venda ou a través dos nosos asesores comerciais.

que pasa desde que compro un móbilR?

dende que contactas connosco, pómonos a preparar o teu pedido. Os pasos que seguimos son os seguintes:
1. chamámoste nun plazo de 24-48 horas para confirmar os datos do teu pedido e aclarar calquera dúbida que poidas ter. Nesta mesma chamada, se se trata dunha portabilidade, poderás facer unha grabación para acelerar o proceso de alta
2. se non se puideron realizar todos os trámites administrativos, enviámosche o contrato de alta no servizo e as solicitudes de portabilidade se queres conservar o teu antigo número
3. unha vez que recibimos os contratos asinados ou teñamos a grabación do alta, verificamos que todos os datos son correctos e:

    - se é unha alta dun número novo ordenamos o envío do novo terminal e do cartón SIM á dirección que nos indiques
    - se solicitaches portabilidade, enviarémosche o terminal e a SIM para que o teñas no teu poder antes de que se faga a portabilidade. Cando confirmemos que recibiches o terminal e a SIM (é importante que nos chames cando o recibas para continuar o proceso), porémonos en contacto co teu antigo operador para que nos conceda a portabilidade. Na madrugada (entre as 2 e as 6 da mañá) do segundo día laborable dende que solicitemos a túa portabilidade (se a solicitamos un luns, na madrugada do mércores) o teu móbil xa será R.

canto tempo tarda en chegar o meu pedido?

unha alta dun número novo leva aproximadamente 10-12 días (depende do rápido que nos devolvas os contratos asinados) e unha alta con portabilidade, polos prazos de concesión desta, tarda ao redor de 14-16 días en caso de que teñamos que esperar a que nos devolvas o contrato asinado. En caso de que realices todos os trámites na primeira chamada incluíndo a gravación para solicitude de portabilidade, este prazo redúcese a aproximadamente 7 días.

como recibo o meu móbilR?

levarémosche o teléfono móbil e a tarxeta SIM que contratases á túa casa para que non teñas que preocuparte de incómodos desprazamentos ou se prefires, a tenda que nos indiques. O que é moi importante é que o titular do contrato en R, sexa que recolla o terminal ensinando o seu DNI.

¿canto me custa o envío a domicilio do meu terminal e o meu SIM?

nada. R asume o custo do envío ao teu domicilio dos terminais e SIMs que compres

se non estou en casa, ¿entregarán o móbil a outra persoa?

se non vas estar na casa nos horarios habituais de entrega de pedidos, tes 3 posibilidades:

  • podes darnos outro enderezo de entrega onde poidamos enviarche o paquete, ao do teu traballo, por exemplo. Para isto, é obrigatorio que nos envíes unha autorización firmada
  • recolle o terminal nunha tenda de R
  • R ten firmado un acordo con ASM de forma que podes achergarte á oficina máis próxima ao teu domicilio para recoller do teu móbil

e se o titular no pode recoller o móbil, pode collelo outra persoa no seu lugar?

sempre e cando nos avises con antelación antes de enviarche o móbil, é posible que o recolla outra persoa distinta do titular. Iso si, é obrigatorio que cubras, firmes e nos envíes unha autorización para que outra persoa o recolla.

e se non podo estar en casa en horarios de entrega, como podo recoller o meu novo móbil?

se non vas estar en casa nos horarios habituais de entrega de pedidos, tes 2 posibilidades:

  • dános outra dirección de entrega onde poidamos enviarche o paquete, a do teu traballo por exemplo
  • R ten asinado un acordo con Correos de forma que podes achegarte á oficina máis próxima ao teu domicilio para recoller o teu móbil

en calquera caso, sempre ten que recoller o terminal o titular do servizo identificándose co seu DNI ou pasaporte

podo modificar ou cancelar o meu pedido unha vez realizado?

se o pedido aínda non foi enviado, é posible modificar os datos ou cancelalo. Chama ao 1449 para clientes particulares ou ao 1446 para clientes profesionais ou empresas para coñecer o estado do teu pedido e ver se aínda podes realizar algún cambio

como podo pagar o meu móbil?

R pon á túa disposición os siguintes medios

  • tarxeta de crédito ou débito: VISA, VISA Electrón, Mastercard, Maestro, 4B
  • contra reembolso (coste adicional de 6 euros por terminal pagado con esta modalidade)
  • se xa es cliente de R, poderás pagar por domiciliación bancaria

comprei varios móbiles e o importe é bastante elevado. Non quero ter esa cantidade de diñeiro na casa para pagar contra reembolso e o límite do meu cartón é inferior, que podo facer?

non te preocupes. Chámanos e durante a túa chamada seguro que atopamos unha solución para que poida contratar o servizo de telefonía móbil e levar os terminais que queiras.

que medidas de seguridade hai para os meus datos e os meus cartóns de crédito?

os sistemas de R garanten en todo momento a seguridade da túa información persoal, incluíndo a información do teu cartón de crédito para máis información, consulta a nosa política de seguridade
De todos os xeitos, se pola túa situación persoal, necesitas pagar doutra forma, contacta con nós a través da web de clientes.

comprar pola web é seguro?

todos os teus datos enviaranse desde unha páxina segura para que non poidan ser vistos por outras persoas. Toda a información que nos facilitas convértese nunha serie de códigos para poder transmitilos con seguridade a través da internet. Utilizamos o protocolo SSL (Secure Socket Layer), o nivel de seguridade máis alto dispoñible para a web e que está baseado nunha tecnoloxía de claves públicas e privadas fabricadas por ipsCA. Para máis información consulta a súa páxina web www.ipsca.com

como sei que estou nunha páxina segura?

hai varias formas moi sinxelas de comprobar que estás nunha páxina segura:

  • o teu navegador mostra unha serie de mensaxes cada vez que vas acceder a unha páxina segura ou saes dela.
  • a dirección que aparece no teu navegador é https:// en lugar de http:// (o 's' significa servidor seguro).
  • se usas Microsoft Explorer verás un cadeado abaixo á dereita.
  • se usas Firefox verás unha chave abaixo á esquerda.

o meu móbil chegou roto, que fago?

chama ao 1449 se es cliente particulares ou ao 1446 se es cliente profesional ou empresas, e informarémosche de como obter un novo. Lembra que neste caso debes conservar a caixa e os accesorios orixinais

se non estou contento podo devolver o móbil?

podes probar o móbil durante 14 días e se non che convence o noso servizo podes devolvelo a condición de que o móbil se atope no mesmo estado no que cho entregamos e nos devolves todos os elementos orixinais (cargador, caixa, batería, accesorios, etc). Unicamente pagarás o consumo que fagas do teléfono neses días e devolverémosche o resto do importe.

se non estou contento podo cambiar o meu móbil por outro modelo?

se tes un terminal (sempre entregamos móbiles libres), ti decides se quedas con el ou non. Se queres quedar con el, como é lóxico deberás pagar o importe pendente correspondente ao terminal móbil.
en caso de non querer quedar co móbil, hai que devolvelo nun prazo de 14 días. Pode estar desembalado, pero debe ser entregado con todos os elementos orixinais (cargador, caixa, batería, accesorios, manuais, etc.). En caso contrario, non aceptamos a devolución do terminal.