problemas máis habituais cos que te podes atopar
ante cualquera problema poes abrir unha incidencia a través da nosa web, e os nosos axentes axudarante a resolvela.
se estás no estranxeiro podes chamar ao +34 698 111 445 e os nosos axentes axudaranche a resolver calquera problema. O custo da chamada é gratuíto
normalmente podes realizar unhas pequenas comprobacións que poden servir para descartar problemas puntuais ou orientar ao noso operador para que identifique a avaría e che poida orientar mellor sobre como resolvela
podes abrir unha incidencia na web de clientes, e informarémosche de todos os pasos para arranxar o teu teléfono. Se o teléfono está en garantía, R encargarase de tramitala sen que ti teñas que preocuparte. Se non, informarémosche do custo da reparación e ti decidirás se o reparas ou non
chama gratis ao 1449 se es cliente particular ou ao 1446 se es cliente profesional ou empresa, e informarémosche de todos os pasos para dar de baixa o cartón roubado e como conseguir un novo
tranquilo, busca o número na túa tarxeta ou ben entra na sección de móbilR da web de clientes, e escolle "ver PIN e PUK do meu móbilR"..
Unha vez que o teñas, tes 2 posibilidades:
se metiches mal o teu PUK 10 veces, o teu cartón SIM bloqueouse definitivamente e será necesario substituílo. R tramitará a reparación do teléfono pero terás que asumir o custo do novo cartón. Por iso che recomendamos que, antes de introducir o número PUK 10 veces, accedas á sección de móbilR da web de clientes, e comprobes o teu PUK no apartado "ver PIN e PUK do meu móbilR".
R permite o envío de MMS a outros operadores. Se tes problemas, por favor verifica estas cousas:
1. a túa configuración para envío e recepción de MMS é a adecuada.
2. verifica que non enviaches unha mensaxe de máis de 300k. É o máximo permitido en España para o envío de mensaxes
se aínda así non podes enviar MMS, por favor, abre incidencia na web de clientes e trataremos de axudarte.