menú

primeiros pasos

atopa aquí respostas xerais sobre como contratar o móbil con R, conservar o teu número, etc.


como podo contratar o meu móbil con R?

a través da web de R, nos teléfonos gratuítos 1449 para clientes particulares e 1446 para clientes profesionais ou empresas, mediante os nosos comerciais e nos nosos puntos de venda autorizados. Levarémosche o teléfono móbil e o cartón SIM que contrates á túa casa ou á túa oficina para que non teñas que preocuparte de incómodos desprazamentos. Se estás interesado, podes coñecer todos os detalles do proceso de compra.

podo conservar o meu número de teléfono?

por suposto. Cando contrates o teléfono con R dinos que queres manter o teu número de teléfono e nós encargarémonos dos trámites necesarios para que poidas manter o teu número e avisarémosche cando se vaia producir o cambio de operador. Lembra copiar os teus contactos e outra información que queiras conservar do teu cartón SIM antes do cambio xa que o cartón SIM do teu antigo operador deixará de funcionar despois do cambio.

se son un cliente de prepago noutro operador, podo contratar o servizo móbil a R e conservar o meu número de teléfono?

por suposto. Dá igual que sexas contrato ou prepago. Podes contratar o servizo móbil de R sen ningún problema

canto tempo tarda o proceso de portabilidade?

o tempo mínimo para realizar a portabilidade é de 2 días laborables, pero se queres un prazo maior, tamén o podemos solicitar. Ademais, para que saibas cando terá lugar a portabilidade, enviarémosche unha mensaxe coa data e hora en que se producirá o cambio a R. Mentres dura o proceso de portabilidade, podes seguir usando o teu móbil de forma normal, pero a partir do cambio, só poderás utilizar o teu teléfono R

que numeración van ter os números móbiles de R?

R dispón de 2 rangos de numeración: 6981 e 6040. Se contratas un novo número con R, poderá empezar por calquera desas numeracións

podo elixir numeración en R?

R ofréceche a posibilidade de elixir número só se realizas a túa compra desde a páxina web. Se utilizas calquera outro mecanismo de compra, asignarémosche un automaticamente

xa teño o meu teléfono, como o activo?

por seguridade, R envía os teléfonos desactivados de forma que só poderás recibir chamadas e mensaxes. Chama ao teléfono gratuíto 1449 se es cliente particular, ou ao 1446 se es cliente de empresas, e activaremos o teu teléfono

o meu teléfono non está configurado para enviar mensaxes multimedia ou navegar, como o configuro?

podes acceder á web guiasmobilR.mundo-R.com onde paso a paso che amosamos a configurar o punto de acceso a internet (APN) ou o centro de mensaxes

teño un contrato de permanencia co meu operador, podo contratar o servizo con R?

podes facelo, pero se aínda non cumpriches o teu período de permanencia no operador ao que pertencías, deberás desvincularte del

R ten tendas de móbil?

si, R terá presenza nas principais cidades de Galicia para que poidas acudir a ver o catálogo de teléfonos de R e contratar o servizo. Esta é a lista de puntos de venda onde poderás acudir. Se estás nunha cidade onde non haxa unha tenda con teléfonos R, poderás velos e compralos a través da páxina web de R