menú

renovación móbilR empresas

renova na túa empresa ou negocio o teu terminal móbilR


existen ofertas para renovar o terminal?

a renovación é moi sinxela. Cando remates a túa permanencia ou pagues o financiamento do móbil que adquirises, poderás renovar a túa terminal sen puntos nin negociacións e poderás acceder ás mesmas ofertas que os novos clientes.

como che indicamos, o plan renove ofréceche a renovación coas mesmas condicións que unha alta nova, nunca che imos tratar peor que a un cliente novo, e se para novos clientes ofrecemos algunha oferta especial nun terminal, tamén se ofrecerá en renovación. Ademais, nalgunha ocasión, pode haber algunha oferta especial para renovación, pero non te preocupes que informaremos dela.

como consigo un novo terminal se xa teño móbilR?

se xa es cliente de móbilR, en canto remates a túa permanencia ou pagases o financiamento dun móbil anterior, poderás acceder a un novo terminal. Só debes ir á web de clientes e na sección tenda poderás escoller o terminal que desexes.

e se necesito un terminal antes de rematar a miña permanencia ou pagar o meu financiamento?

se necesitas un terminal antes de rematar a túa permanencia ou pagar o teu financiamento, fala co teu comercial e trataremos de buscar unha solución

como pago as cotas do terminal que renovo?

como xa temos os teus datos bancarios, pasarémoste no teu seguinte recibo as cotas mensuais e o pagamento inicial, se o houbese, do terminal elixido