renova o teu terminal móbilR
poderás renovar cando o compromiso de permanencia pendente sobre a liña finalizara ou ben cando pagaras toda a financiación do teu terminal. Podes consultar na web de clientes se xa podes renovar as túas liñas ou ben coñecer a data a partir da cal poderás renovar cada unha
na web de clientes sempre poderás consultar as ofertas actualizadas conforme a oferta vixente para novos clientes, mellorando o pagamento inicial (se o hai) co teu saldo de puntos.
só tes que entrar na web de clientes e picar no botón "renovación de móbilR" ou, se o prefires, podes achegarte a unha tenda R e realizar alí o proceso.
todos os trocos de móbil sobre unha liña implican o pagamento do terminal durante 24 cotas.
o prazo habitual de entrega é de dous días no enderezo que nos indicases ao realizar o troco.