toda a información sobre o cambio a nova rede de móbilR
moi sinxelo. Ti queres sempre o mellor servizo e nós queremos ter clientes contentos. Así que para iso era necesario que tiveses 4G e canto antes. Como isto non foi posible a través de Vodafone, imos cambiar a un operador que nos ofreza o servizo. Dese modo, cambiamos a Orange, porque foi a compañía que nos ofrece esta posibilidade. E o 4G é unha necesidade presente e futura, así que os clientes de R non podían estar a esperar máis tempo sen ese servizo. Vamos, que o fixemos por ben, por mellorar e para que ti non sexas menos que outros clientes de telefonía móbil.
para ti non implica nada, salvo o que che indicamos arriba, que vas ter mellor servizo grazas ao 4G. Polo demais, non notarás ningunha diferenza, xa que a idea é que teñas a mesma cobertura e servizos dos que xa estabas a gozar. Dos cambios técnicos xa nos encargamos nós, pero a ti, a nivel práctico, non che van a afectar.
de novo non tes de que preocuparte. Para cambiar á nova rede simplemente é necesario facer un cambio na túa liña móbil. Pero nós encargámonos, xa que é algo totalmente automático. Nin o notarás. Un día deitaraste coa rede actual e, como por encantamento, outro día xa estarás a través da nova rede.
farémolo de forma remota, sen que ti teñas que facer nada. Actualizaremos uns datos da túa SIM e, voilà! De súpeto xa pasas á nova rede, sen que te decates. Iso si, é necesario que teñas o teu teléfono aceso para que se faga a maxia.
despois diso, enviarémosche unhas mensaxes. Son para configurarche o novo punto de acceso a internet. Grávaos e así xa navegarías a través de internet móbil.
o cambio será igual, de forma remota e o máis transparente posible para ti. Segue sendo necesario que teñas o equipo onde estea o cartón acendido (pincho USB, tableta, outro móbil) para poder facer o cambio, pero o proceso será o mesmo.
a única diferenza é que esas liñas non reciben mensaxes de aviso, polo que non recibirás as mensaxes de configurar APN, aínda que en moitos casos, non será necesario que fagas nada para seguir navegando a través de internet móbil. Se che fixese falta, na web novaredemobilr.mundo-r.com, podes ver os pasos para configurar o APN de forma manual.
non. É o bo de todo, que para ter servizo na nosa rede non é necesario que quites a SIM do teu móbil e a cambies por unha nova. Haberá algún caso excepcional no que si será necesario, pero o habitual é que de forma remota xa se actualice a túa SIM. A partir de aí, gravarías as mensaxes que che enviaremos para poder navegar na internet móbil co novo punto de acceso a internet e listo. Non che levaría nin un minuto.
non. Queda tranquilo. A ver, asegurar algo 100% é imposible, pero se che dicimos que non te preocupes é porque fixemos os deberes. Como? Pois facendo probas con todos os tipos de cartóns SIM e de terminais. E en ningún caso houbo un só problema. Palabra. A idea é que non quedes sen servizo en ningún momento e que manteñas a cobertura do actual provedor de móbil ata o mesmo momento en que teñas servizo coa nova rede.
empezará despois do verán, arredor de setembro, e alongarase ata os primeiros meses de 2017. Por que tantos meses? Pois para facer as cousas ben. Hai que ter en conta que, coa túa, temos máis de 400.000 liñas móbiles. Así que se irán cambiando todas de forma gradual. Preferimos que leve un pouco máis de tempo, pero facelo ben e que o proceso non che afecte nin a ti nin a ningún outro cliente.
en principio, non. Pensa que hai moitos clientes de móbilR (máis de 400.000 liñas) e sería moi, moi complicado que cada un elixira unha data concreta. Por iso, para simplificar as cousas, o proceso de cambio fixámolo dende R e será gradual. Pero non te preocupes porque non vas notar ningún cambio, que é o importante.
claro. Xa ves que sempre tentamos detallarche todo o que facemos e que teñas a máxima información posible. Así que nesta ocasión non vai ser menos. Na nosa web de clientes terás unha páxina exclusiva para o cambio á nova rede móbilR. Verás o estado da túa liña ou liñas, mentres que tratamos de resolver calquera dúbida que poidas ter.
como o cambio vai ser automático e non vas notar nada, cremos que non é necesario avisarte de forma previa. Agora ben, en canto esteas na nova rede, por suposto que che informaremos.
mandámosche un aviso. Primeiro actualizaremos a túa SIM de forma remota, para que comece a funcionar na nova rede. Nese momento, informámoste e xa recibes as mensaxes para configurar o punto de acceso a internet móbil.
é importante que deixes o móbil acendido durante o día. Con iso xa podemos facer o cambio á nova rede. E xa te informamos e che mandamos as mensaxes para que os graves e se configure o punto da internet. Xa ves que é sinxelo e non ten ningunha complicación.
pois que non pasas á nova rede. Saberemos que non te cambiaches e tentarémolo uns días despois, polo que é importante deixar o teléfono aceso durante o día, que é cando faremos a migración á nova rede.
pois non teñen nada que temer. Hai un tópico moi estendido aínda que di que hai operadores con cobertura móbil moi mala. E non é certo. A realidade é moi distinta, ata o punto de que a cobertura de todos os operadores é practicamente a mesma. As redes están moi evolucionadas e, de feito, en moitos sitios os operadores comparten as mesmas antenas, co que a cobertura non varía.
ademais, R e Orange fixemos unha análise (e nesas seguimos), para reforzar, ampliar e mellorar a cobertura móbil en Galicia. Así que ti, como cliente, vas ter a mesma cobertura que a día de hoxe. Pero a iso teslle que sumar o servizo 4G, que xa está dispoñible no 87% das poboacións e que chegará ao 95% a finais do 2017. E iso só en 4G, polo que se pensamos no 3G, 2G e chamadas, a cobertura é do 99%.