menú

multiSIM de voz

encontra aquí as respostas ás túas preguntas relacionadas coa tarxeta multiSIM de móbilR


que é unha multiSIM?

unha multiSIM permite ter o mesmo número de teléfono en varios dispositivos á vez. Deste xeito, as chamadas entrantes que se realicen ao teu número de teléfono soarán en todos os teléfonos, permitíndoche contestar a chamada en calquera deles e, á súa vez, poderás facer chamadas co teu número de teléfono dende calquera teléfono onde se puxo a multiSIM.

como podo contratar unha multiSIM?

para contratar unha multiSIM podes chamar ao 1449 se es un cliente particular ou ao 1446 se es de empresa ou achegarte a calquera das nosas tendas e solicitala.

cantas tarxetas podo ter co mesmo número?

co servizo multiSIM poderás ter ata 3 tarxetas co mesmo número (incluíndo a tarxeta que xa posúes), é dicir, a liña principal e dúas liñas adicionais co mesmo número.

para que podo usar una multiSIM?

sempre que necesites ter 2 ou máis móbiles en sitios diferentes, é recomendable que uses unha tarxeta multiSIM. Por exemplo, se queres ter no coche sempre unha tarxeta para non ter que conectar o móbil a un sistema bluetooth, a tarxeta multiSIM é a mellor solución.

podo ter un móbil en cada unha das tarxetas multiSIM?

A venda ou financiamento dun terminal en R faise por número de teléfono, non por tarxeta, polo que, pero sempre poderás utilizar outro móbil que teñas nas liñas adicionais multiSIM.

que pasa cando recibo unha chamada, podo contestar dende calquera teléfono?

no momento que recibas unha chamada, todas as tarxetas multiSIM que teñas conectadas e con cobertura, soarán simultaneamente e ti poderás contestar á chamada dende calquera delas. Unha vez que contestases a chamada dende unha tarxeta, as demais deixarán de soar.

podo configurar o comportamento da multiSIM?

si, claro. Podes configurar o comportamento da multiSIM na web de clientes seleccionando a opción servizos de cliente > configurar móbil R > configurar liña ECO.

podo configurar onde soen as chamadas entrantes?

si, claro. Na xanela de configuración do servizo multiISM podes dicir se queres que as chamadas entrantes soen en todos os terminais, só na liña principal ou só nas liñas adicionais.

podo configurar que número presentan as chamadas saíntes?

si. Podes configurar o comportamento das chamadas saíntes desde as liñas adicionais. Por defecto presentarase sempre o número de teléfono da liña principal, pero podes cambialo para que se presente como número oculto ou anónimo.

que ocorre se non contesto unha chamada dende ningunha das tarxetas?

ocorre o mesmo que se non tiveses tarxetas multiSIM, é dicir, a chamada desvíase á caixa de correos de voz se o tes activo ou terás un aviso de chamada perdida na túa liña principal. Ademais, podes configurar o comportamento do desvío á caixa de correos na web de configuración do servizo.

que ocorre se rexeito unha chamada dende unha das tarxetas?

a acción realizada só afecta á tarxeta sobre a que a fixeches, é dicir, a tarxeta onde rexeitaches a chamada deixa de soar, pero as outras tarxetas multiSIM seguen soando por se outra persoa quere coller a chamada nalgunha delas.

que ocorre se recibo outra chamada mentras estou contestando outra?

no caso de que recibas unha chamada mentres estás a contestar outra, o resto das túas tarxetas soarán coma se estiveses libre e ti decidirás se queres contestar a nova chamada ou continuar coa que estabas a atender.

despois de recibir unha chamada e contestala, encóntrome que teño un aviso de chamada perdida no resto de tarxetas dende as que non contestei, por que?

é o funcionamento do servizo. Realmente ti recibiches unha chamada nun teléfono que non contestaches e por iso aparece o aviso da chamada.

teño unha mensaxe no contestador avanzado de voz, podo escoitala dende calquera tarxeta?

si, o contestador avanzado é compartido por todas as tarxetas, así que, se chamas ao número do contestador dende calquera tarxeta, accederás ás túas mensaxes.

ás veces, cando teño unha tarxeta apagada, sáltame o contestador directamente aínda que teña as outras acendidas, por que?

aínda que teñas varias tarxetas, hai unha, a orixinal que é sobre a que está activo o contestador. Podes configurar o comportamento do desvío ao contestador na web de configuración do servizo na web de clientes.

aínda que teño todas as tarxetas apagadas (a principal e as multiSIMs), a persoa que me chama nunca escoita o ton de apagado ou ocupado, sempre lle dá o ton de liña dispoñible, por que?

é así, sempre se dá o ton de dispoñible. Como tes varias tarxetas, para tratar de localizar algunha, sempre se realizan as chamadas desde o número que che chama ata a túa liña principal e as multiSIMs. Como as chamadas están a realizarse aínda que teñas as tarxetas apagadas, a persoa que che chama escoita ese intento de chamada coma se a liña estivese dispoñible.

se as tarxetas están apagadas, despois recibirás un aviso de chamada perdida ou saltará a caixa de correos segundo o teñas configurado.

teño a miña axenda de contactos nas tarxetas multiSIM?

as tarxetas multiSIM só teñen a característica de ter o mesmo número de teléfono para que poidas recibir e enviar chamadas dende elas. Se desexas ter a túa axenda de contactos nesas tarxetas, deberás facer a copia dos teus contactos de forma manual. Podes ler esta manual de copia de contactos para realizar o proceso.

que pasa cando fago unha chamada, que número ve a persoa que recibe a chamada?

a persoa que recibe a chamada verá sempre o teu número de teléfono, independentemente de que a fagas coa túa tarxeta normal ou coa túa tarxeta multiSIM.

que tarifa se aplica ás chamadas que faga dende a miña tarxeta multiSIM?

para nós é coma se tiveses unha única liña, así que todas as chamadas que fagas desde as tarxetas multiSIM tarifícanse ao prezo da tarifa que teñas contratada na túa liña principal. Non necesitas ter unha nova tarifa.

eu teño a tarifa flexible, as chamadas que faga dende as tarxetas multiSIM contan para calcular o número de chamadas que fixen?

para nós é coma se tiveses un único número, así que todas as chamadas que fagas dende as tarxetas multiSIM contan para calcular a túa tarifa flexible.

podo ter unha tarifa distinta en cada unha das miñas tarxetas multiSIM?

non, non é posible. Para nós é coma se tiveses un único número, así que só podes ter unha tarifa e debe ser a mesma para todas as tarxetas.

vou ao estranxeiro, podo usar as miñas tarxetas multiSIM no estranxeiro?

de momento non é posible utilizar as tarxetas multiSIM no estranxeiro. Si che funcionará a liña principal pero non así as tarxetas adicionais.

podo enviar e recibir mensaxes dende as miñas tarxetas multiSIM?

de momento non é posible enviar ou recibir mensaxes desde as tarxetas multiSIM. As tarxetas multiSIM só son válidas para enviar ou recibir chamadas en España.

non recibo os avisos de que teño mensaxes no contestador avanzado nas tarxetas multiSIM, por que?

as tarxetas multiSIM non poden recibir mensaxes, polo que non podes recibir os avisos de mensaxes no contestador avanzado. Recibirás o aviso na túa tarxeta principal e logo poderás acceder ao contestador dende calquera tarxeta.

podo navegar por internet ou recibir o correo no meu móbil usando unha tarxeta multiSIM?

de momento non é posible navegar por internet ou recibir correo no móbil usando as tarxetas multiSIM. As tarxetas multiSIM só son válidas para enviar ou recibir chamadas en España.

eu teño activo o control de saldo, os consumos dende as tarxetas multiSIM téñense en conta?

para nós é coma se tiveses unha única liña, así que todos os consumos que fagas desde as tarxetas multiSIM suman para determinar se superaches o saldo ou a alarma que estableceses no servizo de control de saldo.

se poño unha restrición sobre o meu número, por exemplo non permitir chamadas a números premium, aplica sobre todas as tarxetas multiSIM?

para nós é coma se tiveses unha única liña, así que se pos unha restrición sobre ese número, todas as tarxetas multiSIM se verán afectadas pola restrición.

as tarxetas multiSIM teñen custo?

ter unha tarxeta multiSIM ten custo. Podes ver o prezo en en tarifas.mundo-R.com