menú

fixo no portátil/móbil

preguntas frecuentes do servizo fixo no móbil y de fixo no portátil


que é o fixo no móbil ou fixo no portátil?

neste enlace podes ver o prezo do servizo fixo no móbil

eu podo contratar o servizo fixo no móbil?

claro, o único requisito para contratar o servizo é que teñas unha liña analóxica fixa e un móbilR.

eu podo contratar o servizo fixo no portátil?

claro, o único requisito para contratar o servizo é que teñas unha liña analóxica fixa e un acceso á internet.

como podo contratar fixo no móbil/portátil?

para contratar fixo no móbil/portátil, se es un cliente particular debes chamar ao 1449, e se es un cliente de empresa podes facelo a través do 1446 ou ben a través do teu comercial. Tamén o podes solicitar contactando con nós a través da web de clientes.

que custo ten?

nesta ligazón podes ver o prezo do servizo fixo no móbil

podo ter fixo no móbil se o meu fixo é doutro operador?

non, o servizo só funciona se tanto o teu fixo como o teu móbil son de R. Poden ser números de R ou portados doutro operador, pero o servizo só se poderá utilizar cando os 2 números sexan xa de R.

e qué pasa coa miña liña fixa?

ao contratar o fixo no móbil, mántés a túa liña de fixo para poder seguir recibindo as chamadas ao teu número fixo no teu móbilR.

teño que estar en zona de conexión directa á rede de R para contratar este servizo?

non, podes dispoñer de fixo no móbil en calquera lugar de Galicia. Ti só terás un móbil e móbilR ten cobertura en toda Galicia

podo contratar fixo no móbil se a miña liña é unha liña de telefonía rural, TRAC?

si, podes contratar o fixo no móbil independentemente da modalidade de liña fixa que teñas, e por suposto tamén no caso de dispoñer dunha liña TRAC. Ningún operador pode denegar a portabilidade dende calquera tipo de liña, aínda que podería poñer dificultades á hora de instalala de novo no caso de querer voltar a portar á situación orixinal.

que teño que facer unha vez contratado o fixo no móbil?

deberás configurar a túa aplicación de cliente SIP no teu móbilR ou o teléfono PC no teu portátil cos datos proporcionados por R na alta do servizo.

para que quero recibir as chamadas do meu número fixo no móbil?

moi sinxelo. Se por algunha razón tes que saír da oficina ou da túa casa e estás a esperar unha chamada importante no fixo, podes saír tranquilamente porque sabes que recibirás a chamada no móbil.

podo recibir as chamadas ao meu número móbil no fixo?

non, para iso necesitarás outro servizo distinto como o multiring.

é compatible o fixo no portátil/móbil cun fax?

non, se usas o teu número fixo como fax, deixarás de recibir o fax entrante se contestas esa chamada dende o fixo no portátil/móbil. A chamada do teu fixo soará tanto no fixo coma no portátil/móbil e non saberás se se trata dun fax ou dunha chamada de voz. Se desexas ter fax, deberás telo sobre un número independente, sen a funcionalidade de fixo no portátil/móbil activa.

se a miña liña de fixo e o fixo no móbil soan xuntos, e contesto unha chamada dende o fixo, o meu fixo no móbil pode recibir novas chamadas?, e ao revés se contesto dende o fixo no móbil, que pasa co meu fixo?

dispós de 2 liñas. Se contestas dende unha, a outra queda libre para recibir máis chamadas. Se contestaches dende o fixo no móbil e te chaman de novo, soará o teu teléfono fixo e poderás contestar esa chamada tamén. O mesmo acontece ao revés: se contestas dende o teléfono fixo e te volven chamar, soará o teu fixo no móbil.

se estou no estranxeiro, segue funcionando o servizo de fixo no móbil?

si, segue a funcionar. Se o tes activado no teu móbil, o teu móbil soará cando te chamen ao fixo, pero recorda que se usas 3G, contestar unha chamada dende o estranxeiro ten custo (tarifas de roaming de datos), pero non se usas un acceso wi-fi.

se chamo a un número de emerxencia, que número ven nese servizo?

verán o teu número fixo coma se realizases a chamada dende o emprazamento onde tes o teléfono fixo, polo que non é conveniente usar este servizo en chamadas de emerxencia.

que acontece se teño unha restrición na liña fixa, tamén aplica no fixo no móbil?

así é. Co fixo no móbil, levas a túa liña fixo coas súas vantaxes e as súas restricións.

como me cobran agora as chamadas feitas dende o fixo no móbil?

facturaranse as chamadas segundo as condicións e o importe da chamada que teñas contratado no fixo, é dicir, se tes unha tarifa plana a fixos, as chamadas nacionais serán gratuítas e se tes un bono a móbiles, descontaranse dos minutos incluídos.

mentres se está a usar o teléfono web entraría unha segunda chamada?

si, as liñas IP levan unha capacidade mínima para 2 conversacións simultáneas, de forma que se estás a usar o fixo no portátil (ou teléfono web) pode entrar outra chamada no teléfono fixo.

o teléfono web pódese usar dende o estranxeiro?

si, sería igual que se estiveses a chamar dende España.

é posible realizar transferencias dende o fixo no portátil ou fixo no móbil?

si, dende o fixo no portátil co teléfono web podes transferir a chamada de calquera forma, con ou sen consulta, mesmo antes de contestala. No fixo no móbil dependerá da aplicación que esteas a usar, pero a maior parte delas (e por suposto, o Bria que recomendamos) permite realizar as transferencias.

que necesito para usar o fixo no móbil?

ademais de ter contratado o servizo, necesitas unha aplicación cliente VoIP, que podes adquirir en Play Google ou en AppStore, funcionando no teu teléfono móbil. Podes consultar o manual para a súa configuración na web de descargas

e para o fixo no portátil?

podes ter instalado o teléfono PC, que podes encontrar na web de descargas ou entrar en telefonoweb.com cos datos proporcionados por R ao contratar o servizo.