información sobre a factura de móbilR
se xa es cliente de R, o teu consumo móbil engadirase á factura que xa recibes e terás todos os teus gastos nunha única factura.
Se non es cliente de R, empezarás a recibir unha factura de R en lugar da do teu antigo operador
non, a chegada do móbil non afecta aos procedementos de R. Seguirás recibindo a factura e o resto de comunicacións de R nos mesmos momentos que as recibes actualmente
é necesario que a compra do teu móbil apareza na factura para que se tes algún problema, sírvache como xustificante para aplicar a garantía. Por iso aparéceche na factura. Garda esta factura por se a necesitas se xa pagaches o terminal, non se che cobra por segunda vez. Ao final da túa factura, facémosche un desconto igual ao prezo do terminal para que só pagues o que consumiches
si, R permite que na túa zona privada teñas acceso ás túas facturas para obter duplicados así como coñecer o consumo que levas
é moi sinxelo. Explicámosche a información que atoparás na túa factura neste enlace