menú

desvíos

como realizar os desvíos de chamadas no teu móbilR


como podo programar un desvío no meu móbilR?

tes dúas formas de activar o desvío da chamada a outro número na túa liña de móbilR. A primeira é poñendo os comandos concretos directamente no teu terminal e a segunda é a través da web de clientes ou da nosa app. Nas seguintes preguntas e respostas detallámosche cada opción.

cales son os comandos para desviar chamadas no meu móbilR?

podes realizar distintos tipos de desvíos na túa liña:

desvío inmediato. Desvía sempre todas as chamadas que recibas (na nosa web axudamobil.mundo-R.com podes escoller o teu terminal Android e, seleccionando “desvío de chamadas”, xa che indicamos cada paso):

  • Para activalo, pulsa *21* (despois pon o nº ao que se desvía) e preme de novo #
  • Para desactivalo, pulsa #21#

desvío se comunica. Desvía as chamadas se a túa liña está ocupada.

  • Para activalo, pulsa *67* (despois pon o nº ao que se desvía) e preme de novo #
  • Para desactivalo, pulsa #67#

desvío se non contestas. Desvía as chamadas cando estás ausente o no puedes coger el teléfono.

  • Para activalo, pulsa *61* (despois pon o nº ao que se desvía) e preme de novo #
  • Para desactivalo, pulsa #61#

desvío se o teléfono está apagado ou sen cobertura. Desvía as chamadas cando o móbil está fóra de cobertura ou cando o tes apagado.

  • Para activalo, pulsa *62* (despois pon o nº ao que se desvía) e preme de novo #
  • Para desactivalo, pulsa #62#

como configuro os desvíos desde a web de clientes ou desde a app?

para establecer os axustes de desvío debes seguir na nosa web de clientes ou app a "ruta configurar" > "configurar móbilR" > configurar desvíos. Puedes establecer se queres que as chamadas vaian directamente ao contestar ou ben se redirixan a outro número. Máis información.

teñen custo os desvíos?

si. As chamadas desviadas a outro número cóbranse como chamadas realizadas dende a túa liña; os desvíos ao contestador son gratuítos.