menú

control de saldo

atopa aquí respostas xerais sobre como como controlar o que gastas a fin de mes co teu móbilR


eu podo contratar o control de saldo?

o único requisito para contratar o servizo é que teñas un móbilR. Se é así, pódelo contratar

como podo contratar o control de saldo?

poderás contratar o servizo vía web: entra na sección de configuración do teu móbilR e escolle a opción de "control de saldo".

se tes dúbidas, podes chamar ao 1449 se es un cliente particular ou ao 1446 se es de empresas.

cando comeza a contar o límite de saldo?

o límite de saldo comeza a contar dende o momento que o contratas ata o final do ciclo de facturación (21 de cada mes para particulares e negocios, 30/31 de cada mes para empresas). Os consumos anteriores á activación non se teñen en conta.

como recibo as alarmas de saldo superado?

sempre as recibirás no teu móbil vía SMS (co que lembra que ten un custe). Se o desexas, tamén podes recibir de forma complementaria unha alarma no teu correo

que teño que poñer vía sms para recibir unha alarma ou consultar o meu saldo?

estes son os comandos que tes que enviar ao 22111 segundo o que necesites:
- activar/modificar saldo sobre a miña liña: SALDO [valor do saldo]
- activar/modificar saldo sobre outra liña móbil: SALDO [valor do saldo] [nº teléfono]
- desactivar saldo sobre a miña liñaa: SALDO OFF
- desactivar saldo sobre outra liña móbil: SALDO OFF [nº teléfono]
- activar/modificar alarma sobre a miña liña: ALARMA [valor da alarma]
- activar/modificar alarma sobre outra liña móbil: ALARMA [valor da alarma] [nº teléfono]
- desactivar alarma sobre a miña liña: ALARMA OFF
- desactivar alarma sobre outra liña móbil: ALARMA OFF [nº teléfono]
- consulta saldo sobre a miña liña: SALDO

¿que funcionalidades me permite o servizo?

co servizo de control de saldo terás as seguintes opcións:

  • establecer límites no consumo da túa liña móbil
  • establecer unha alarma para que che avise ao chegar a un determinado nivel de consumo (esta alarma pode ser vía mensaxe curta ou correo electrónico)
  • consultar o teu saldo en calquera momento do mes
  • reactivar o servizo se superaches o límite establecido e necesitas seguir utilizando o teu móbil
  • que tipo de límites podo establecer no meu consumo?

    poderás establecer 3 tipos de límites:

  • límite global no teu consumo: Estableces un límite ao consumo total da túa liña. Ao alcanzar ese límite, restrínxese o servizo global (voz, mensaxes e datos)
  • límite de voz e mensaxes: estableces un límite ao consumo de voz e mensaxes da túa liña. Ao alcanzar ese límite, restrínxese o servizo de voz e mensaxes (curtos e multimedia)
  • límite de datos: estableces un límite ao consumo de datos da túa liña. Ao alcanzar ese límite, restrínxese o servizo de datos e de mensaxes multimedia
  • o servizo de control de saldo córtame ao chegar exactamente ao límite fixado?

    non, non che corta exactamente no valor que fixaras. Hai 3 restricións no servizo:

  • o servizo ten unha marxe dunha hora (excepto nos consumos en roaming ou consumos de datos se non tes un plan de internet móbil contratado, onde a marxe é dun día) para calcular o teu consumo e polo tanto ver se superaches so límite establecido. Se xusto nese intervalo superas o límite, o teu consumo final pode ser algo maior do límite establecido
  • chamadas de longa duración. O servizo non corta unha chamada de voz activa, é dicir, se estás a facer unha chamada, deixámosche finalizala, así que se ao finalizala superaches o límite, cortaremos o servizo, pero o consumo desta última chamada aparecerá na túa factura
  • datos: se non tes un plan de internet móbil contratado, os teus consumos de datos tarifícanse unha vez o día, polo que, aínda que superaras o límite, se ao final do día hai algunha sesión de datos que realizaras antes de que se activase o control de saldo, ese consumo quedará reflectido na túa factura
  • que consumos se contan no servizo de control de saldo?

    neste servizo téñense en conta todos os teus consumos de chamadas, mensaxes e datos, xa sexa nacionais, internacionais, roaming, sms premium, números favoritos, chamadas R con R, etc. O que non se ten en conta é as cotas que pagues por algún módulo ou plans que teñas contratados, por exemplo, as cotas dos plans de datos

    que consumos non están incluídos no servizo de control de saldo?

    os consumos que non están incluídos no control de saldo son os seguintes:
    - IVE: o límite de saldo que establezas será sen IVE, así que na túa factura, aparecerá reflectida esa cantidade máis o IVE
    - chamadas de longa duración. O servizo non corta unha chamada de voz activa, é dicir, se estás a facer unha chamada, deixámoste finalizala, así que se ao finalizala superaches o límite, cortarémosche o servizo, pero o consumo desta última chamada aparecerá na túa factura
    - datos: se non tes un plan de internet móbil contratado, os teus consumos de datos tarifícanse unha vez ao día, polo que, aínda que superaras o límite, se ao final do día hai algunha sesión de datos que realizaras antes de que se activase control de saldo, ese consumo quedará reflectido na túa factura
    - cotas: as cotas que pagues por algún módulo ou plans que teñas contratados, por exemplo, as cotas dos plans de datos, cotas de favoritos, etc
    - recepción de SMS Premium: se estás subscrito a algún servizo de recepción de mensaxes con custo (alertas, descargas, etc), seguirás recibíndoos e polo tanto, este importe incluirase na túa factura mensual
    - os consumos anteriores á activación do servizo: se antes de activar o control parenteral xa realizaches algunha chamada, enviado mensaxes, etc, eses consumos non se terán en conta para calcular o límite que fixases

    o IVE está incluído?

    non, o servizo só conta o consumo sen IVE, polo que recorda que o valor que poñas de límite ou alarma tamén será sen IVE

    o consumos súmase por cada liña ou englóbanse todos os consumos dunha conta no servizo de control de saldo?

    o servizo de control de saldo funciona por liña. Non é posible establecer un límite global para todos os números da túa conta, é dicir, se queres controlar todas as liñas da túa conta, tes que poñerlles un límite a cada unha delas e cada unha delas, de forma individual, irá sumando consumos ata alcanzar o límite ou non

    que acontece se establezo un límite de saldo e o supero?

    se estableciches un límite e o superas, automaticamente cortaráseche o servizo. Unicamente poderás chamar aos números gratuítos e de emerxencia.
    aínda que teñas módulos de aforro como números 0.0, bonos de chamadas a fixos, bonos a números da túa conta, VPN, etc non poderás chamalos. Eses son números con custo sobre os que tes un bono.
    números gratuítos son unicamente os números de atención ao cliente (1445, 1446, 1449) e os números 900x.
    unha vez superado o límite, só poderás chamar a eses números gratuítos ou a números de emerxencia

    como me decato de que se me cortou o servizo por superar o saldo?

    enviarémosche unha mensaxe curta gratuíta ao teu móbil se superaches o saldo e se che vai restrinxir o servizo

    unha vez que se restrinxiu á miña liña por superar o límite de consumo, cando recupero outra vez as funcionalidades da miña liña?

    tes 2 opcións para recuperar as funcionalidades da túa liña unha vez que alcances o límite de consumo establecido e se che restrinxa a liña:

    • automaticamente, o teu servizo de telefonía móbil reactivarase ao iniciar un novo ciclo de facturación (22 de cada mes en particulares e negocios)
    • podes reactivar a túa liña aumentado o saldo da túa liña en calquera momento a través da web de clientes

     

    podo cambiar os valores que fixei durante o mes ou teño que esperar a que finalice?

    podes cambiar os valores dos teus límites tantas veces como queiras durante o mes. Se tratas de establecer un límite por debaixo do consumo que leves ese mes avisarémosche do erro, pero se non, poderás poñer os novos valores cando o creas conveniente

    eu non quero perder o servizo ao alcanzar o saldo, só quero ser avisado ao alcanzalo, ¿podo facelo?

    claro. Simplemente establece unha alarma e non fixes ningún valor para o límite de saldo. Desa forma só se te avisará e non se che cortará o servizo

    o servizo de control de saldo ten custe?

    darte de alta no servizo non ten custo, pero si o teñen algunhas das opcións do servizo, como a recepción de alarmas, consulta de saldo, etc.
    neste enlace poderás ver os prezos do servizo

    tratei de darme de alta no servizo e non o atopo na web de clientes?

    se non o atopas probablemente sexa porque non tes permisos para xestionar o servizo. Dille ao titular da túa conta que che dea permisos na web sobre a liña móbil e xa o poderás contratar