menú

control parental

atopa aquí respostas xerais sobre o servizo para clientes particulares control parental


eu podo contratar o servizo de control parental?

o único requisito para contratar o servizo é que teñas un móbilR. Se é así, pódelo contratar

como podo contratar o servizo?

poderás contratar o servizo vía web: entra na sección de configuración do teu móbilR e escolle a opción de "control de gasto".

como accedo?

a xestión é totalmente web. Entra na web de clientes e alí terás un acceso aos teus servizos contratados; localiza o servicio de móbilR que queiras xestionar e entra na opción de “control parental”.

que funcionalidades me permite o servizo?

co servizo de números permitidos terás as seguintes opcións:
- establecer límites no consumo da túa liña móbil
- establecer unha alarma para que te avise ao chegar a un determinado nivel de consumo (esta alarma pode ser vía mensaxe curta ou correo electrónico)
- consultar o teu saldo en calquera momento do mes
- escollerr ata 5 números aos que podes chamar aínda que alcanzaras o límite de consumo fixado
- reactivar o servizo se superaches o límite establecido e queres chamar a máis dos 5 números permitidos

cando comeza a contar o límite de saldo?

o límite de saldo comeza a contar dende o momento que o contratas ata o final do ciclo de facturación (21 de cada mes). Os consumos anteriores á activación non se teñen en conta.

o servizo de control parental córtame ao chegar exactamente ao límite fixado?

non, non che corta exactamente ao valor que fixaras. Hai 3 restricións no servizo:

  • o servizo ten unha marxe dunha hora (excepto nos consumos en roaming ou consumos de datos se non tes un plan de internet móbil contratado, onde a marxe é dun día) para calcular o teu consumo e polo tanto ver se superaches so límite establecido. Se xusto nese intervalo superas o límite, o teu consumo final pode ser algo maior do límite establecido
  • chamadas de longa duración. O servizo non corta unha chamada de voz activa, é dicir, se estás a facer unha chamada, deixámosche finalizala, así que se ao finalizala superaches o límite, cortaremos o servizo, pero o consumo desta última chamada aparecerá na túa factura
  • datos: se non tes un plan de internet móbil contratado, os teus consumos de datos tarifícanse unha vez o día, polo que, aínda que superaras o límite, se ao final do día hai algunha sesión de datos que realizaras antes de que se activase o control de saldo, ese consumo quedará reflectido na túa factura
  • que consumos se contan no servizo de control parental?

    neste servizo téñense en conta todos os teus consumos de chamadas, mensaxes e datos, xa sexan nacionais, internacionais, roaming, sms premium, números favoritos, chamadas R con R, etc. O que non se ten en conta son:
    - as cotas de bonos, tarifas, promocións, módulos de aforro ou plans de datos
    - os consumos anteriores á activación de números permitidos
    - os consumos que se fagan chamando aos números permitidos unha vez alcanzado o límite

    como me entero de que se me cortou o servizo por superar o saldo?

    enviarémoste unha mensaxe curta gratuíto ao teu móbil se superaches o saldo e se che vai restrinxir o servizo

    e se teño unha tarifa plana, como funciona o límite de saldo e a alarma?

    e tes unha tarifa plana, o límite de saldo ou alarma, só empeza a funcionar nos excesos desa tarifa plana, é dicir, se pos un límite de saldo de 3 € e unha alarma de 2 €, poderás utilizar os minutos, SMS e datos da túa tarifa plana, pero se superas o número e minutos ou o número de SMS, che empezamos a cobrar os excesos e é cando actúa o límite de saldo e a alarma.
    se alcanzas a alarma de 2€ ou o límite de 3€ do exemplo, avisarémoste ou restrinxirémosche a liña. Ollo, se superas o límite de saldo porque te pasaches só en mensaxes curtas ou só en minutos, a túa liña limitarase para poder chamar aos números permitidos aínda que che queden mensaxes ou minutos da túa tarifa plana.
    control parental só sabe que non queres superar 3€ e cortará a liña para que non superes o límite, non coñece os minutos ou mensaxes que che quedan na túa tarifa plana.

    podo cambiar os valores que fixei durante o mes ou teño que esperar a que finalice?

    podes cambiar os valores dos teus límites tantas veces como queiras durante o mes. Se tratas de establecer un limite por debaixo do consumo que leves ese mes, avisarémoste do erro, pero se non, poderás poñer os novos valores cando o creas conveniente

    que consumos non están incluídos no servizo de control parental?

    os consumos que non están incluídos no servizo de control parental son os seguintes:
    - IVE: o límite de saldo que establezas será sen IVE, así que na túa factura, aparecerá reflectida esa cantidade máis o IVE
    - chamadas de longa duración. O servizo non corta unha chamada de voz activa, é dicir, se estás a facer unha chamada, deixámoste finalizala, así que se ao finalizala superaches o límite, cortarémosche o servizo, pero o consumo desta última chamada aparecerá na túa factura
    - datos: se non tes un plan de internet móbil contratado, os teus consumos de datos tarifícanse unha vez ao día, polo que, aínda que superaras o límite, se ao final do día hai algunha sesión de datos que realizaras antes de que se activase control de saldo, ese consumo quedará reflectido na túa factura
    - cotas: as cotas que pagues por algún módulo ou plans que teñas contratados, por exemplo, as cotas dos plans de datos, cotas de favoritos, etc
    - recepción de SMS Premium: se estás subscrito a algún servizo de recepción de mensaxes con custo (alertas, descargas, etc), seguirás recibíndoos e polo tanto, este importe incluirase na túa factura mensual
    - os consumos anteriores á activación do servizo: se antes de activar o control parenteral xa realizaches algunha chamada, enviado mensaxes, etc, eses consumos non se terán en conta para calcular o límite que fixases

    o consumo súmase por cada liña ou englóbasne todos os consumos dunha conta no servizo de control?

    o servizo de control parental funciona por liña. Non é posible establecer un límite global para todos os números da túa conta, é dicir, se queres controlar todas as liñas da túa conta, tes que poñerlles un límite a cada unha delas e cada unha delas, de forma individual, irá sumando consumos ata alcanzar o límite ou non

    unha vez que se restrinxiu a miña liña por superar o límite de consumo, cando podo llamar ao resto de números ou enviar mensaxes?

    tes dúas opcións para recuperar todas as funcionalidades da túa liña unha vez que acadaras o límite de consumo establecido e se che restrinxise a liña:

    • - automaticamente, o teu servizo de telefonía móbil reactivarase ao iniciar un novo ciclo de facturación (22 de cada mes)
      - podes reactivar a túa liñea aumentando o saldo da túa liña en calquera momento a través da web de clientes https://clientes.mundo-r.com

     

    o IVE está incluído?

    non, o servizo só conta o consumo sen IVE, polo que recorda que o valor que poñas de límite ou alarma tamén será sen IVE

    que ocorre se establezo un límite de saldo e o supero?

    se estableciches un límite e o superas, automaticamente restrinxirásache o servizo móbil. Unicamente poderás chamar aos números permitidos que definiras (só chamar, non enviar mensaxes), números gratíitos e de emerxencia.

    o servizo de control parental ten custo?

    neste enlace poderás ver os prezos do servizo