información sobre el contestador avanzado de R
para acceder ao teu contestador, debes marcar o número 22277
poderás atopar máis información no manual de usuario tamén podes activar e desactivar o buzón dende a configuración do teu móbilR na web de clientes, no apartado "configurar contestador móbilR".
para activar o teu contestador, teclea no teu móbil o seguinte código *004*278# e despois pulsa a tecla de chamada do teu teléfono
para desactivalo, teclea no teu móbil o seguinte código #004# e despois pulsa a tecla de chamada do teu teléfono
poderás atopar máis información na páxina explicativa do contestador avanzado de R ou no manual de usuario
tamén podes activar e desactivar o buzón dende a páxina de xestión de clientes
non. Podes consultar as mensaxes que teñas no teu contestador de forma gratuíta
cada vez que alguén deixe unha mensaxe no teu contestador, enviarémosche unha mensaxe curta avisando que tes unha mensaxe nova e o número de teléfono da persoa que cha deixou para que a escoites cando queiras
si. Se estás no estranxeiro podes acceder ao contestador marcando o 0034698111277 e introducindo a túa clave de acceso
se non sabes configurar a túa clave de acceso, ensinámoste no manual de usuario
recorda que esta chamada ao estar no estranxeiro si ten custo. Consulta o prezo dunha chamada en roaming
claro. A primeira vez que entres ao contestador ofrecerémosche a posibilidade de facelo, pero se non, sempre poderás facelo a través do menú de configuración. Poderás personalizar toda a mensaxe ou simplemente poñer o teu nome.
se queres aprender como facelo, indicámoscho no manual de usuario
si. O contestador de R pódese escoitar en castelán ou galego. Ti elixes.
A primeira vez que entres ao contestador ofrecerémosche a posibilidade de elixir o idioma no que o queres escoitar, pero se non, sempre poderás facelo a través do menú de configuración
se queres aprender como facelo, indicámoscho no manual de usuario
por defecto non che di eses datos porque xa os tes na mensaxe de aviso e, desa forma, lémosche antes a mensaxe. Pero se desexas coñecer eses datos, tes 2 posibilidades:
si. Se prefires escoitar as túas mensaxes na web poderalo facer do seguinte modo:
si, o contestador de R permíteche recibir fax. Para lelos, podes facelo de 3 formas:
pode ser por 2 razóns:
o contrasinal do teu contestador ten 3 funcionalidades:
o contrasinal pódelo xerar directamente no contestador de voz seguindo os pasos explicados no manual de usuario ou ben podes facelo dende a configuración do teu móbilR na web de clientes, no apartado "PIN contestador móbilR
se non o lembras, debes cambialo. Pódelo facer dede a configuración do teu móbilR na web de clientes, no apartado "PIN contestador móbilR"
accede ao teu contestador marcando o 22277 e en cada menú, pulsando a tecla 0, indicarémosche as opcións que tes
tamén poderás coñecer o funcionamento da caixa de correo a través do manual de usuario