menú

aumento plan de datos

unha vez superado o plan de datos da túa tarifa, pódelo aumentar. Aquí che indicamos as preguntas que che poden xurdir


que pasa cando chego ao límite do plan de datos que teño contratado?

cando alcanzas o límite do bono de datos, de forma automática esténdese o bono en 1GB con custo. Se volves superar este 1GB, amplíase de novo 1GB. Así ata un máximo de 3 veces segundo o custo indicado en tarifas.mundo-R.com.

tamén podes solicitar que por defecto se reduza automaticamente a velocidade unha vez que superas o teu bono de datos.

a quen aplica este comportamento?

a todas as liñas de móbilR (excepto liñas M2M), tanto de xa clientes como en novas altas.

pódese desactivar a ampliación automática de datos?

si, aínda que esta é a modalidade por defecto, podes desactivala e seguir na mesma modalidade que antes. É dicir, redúcese a velocidade cando se esgota o bono de datos. Este cambio de modalidade poderase realizar dende a web de clientes ou dende a app de R sen ningún custo.

por que se establece como modo por defecto a ampliación automática do bono de datos?

porque queremos ofrecer a solución máis cómoda posible para os clientes que máis usan as súas liñas de móbilR, realizando de maneira automática o axuste do bono ao consumo necesario. Na actualidade o proceso de ampliación do bono de datos non é sinxelo cando tes a conexión a velocidade reducida. Para os clientes que non chegan ao tope do seu bono esta nova funcionalidade non lles afecta. En todo caso, na web de clientes podes axustar as túas preferencias.

é posible activar ou desactivar a ampliación automática en calquera momento?

si. Podes solicitar en calquera momento da túa factura activar ou desactivar a funcionalidade dende a web e o cambio farase en cuestión de minutos. Podes facelo ao principio do ciclo de facturación (do 22 ao 21 de cada mes no caso de clientes particulares e microempresas e do 1 ao último día de mes no caso de medianas e grandes empresas), antes de superar o bono ou despois de aplicarse unha ampliación automática (sempre que superes o límite de datos, recibirás un SMS desde onde poderás acceder á configuración do servizo para desactivar a funcionalidade se o desexas). Iso si, se xa se aplicou a ampliación automática, cobrarase o seu importe.

se teño a opción de non aumentar datos de forma automática e alcanzo o límite contratado, podo ampliar puntualmente o bono de datos?

si. Se non tes activada a ampliación automática, poderás aumentar manualmente o teu plan de datos. As opcións son as indicadas en tarifas.mundo-R.com

se teño a opción de non aumentar datos de forma automática quen pode contratar o aumento do plan?

só o podo facer o titular do contrato. Por razóns legais, non se pode autorizar a outra persoa contratar servizos de R. Pódese coller un novo bono de datos desde a web de clientes, na sección “contratar novo bono”.

cal é o prezo do aumento do plan de datos?

nesta ligazón poderás ver os prezos dos aumentos dos plans de datos.

iso si, as cotas que pagas non son prorrateables. Independentemente de cando contrates o aumento, pagases a cota íntegra do aumento e os datos contratados só se poden usar na factura en curso.

comentar que tamén podes usar os puntos que teñas acumulados para coller máis datos.

se supero o meu plan de datos, contrato un aumento e vólvoo a superar, podo contratar un novo aumento?

permitimos un máximo de 5 aumentos por cada factura. Despois diso, deberás esperar a que se acabe ese ciclo para volver recuperar a máxima velocidade.

que ocorre se non quero contratar un aumento de plan de datos?

se escolliches a funcionalidade de que se che reduza a velocidade non pasará nada. Simplemente, a partir do momento que superes os datos contratados seguirás navegando a velocidade reducida ata a seguinte factura, onde recuperarás a máxima velocidade. Se tes a modalidade de aumento automático, non tes que preocuparte de nada: navegarás a máxima velocidade de forma automática cun máximo de cinco ampliacións de 200MB cada unha.

se escollín a funcionalidade de redución de datos ao finalizar o plan contratado e contrato un aumento, o mes seguinte cóbranmo tamén?

non. O aumento só ten lugar na factura en que o contratas. Despois, segues a ter unicamente o plan de datos que contrataches e só pagas por ese plan ou pola túa tarifa.

é posible personalizar o número máximo de ampliacións de datos nun mes?

se tes renovación automática, o máximo de ampliacións nun mes é de 3. No caso de que teñas renovación manual, non hai límite de ampliacións.

se un mes quero que se amplíe de forma automática o bono, pódoo facer?

si. Na web de clientes podes configurar as túas preferencias e cambiar o comportamiento do teu plan de datos segundo as túas necesidades.

podo contratar un aumento do meu plan de datos se teño unha multiSIM de datos?

por suposto. Calquera liña de móbilR, teña multiSIM de datos ou non, pode contratar un aumento do seu plan de datos ou reseteo segundo as opcións da liña principal.