menú

VPN

atopa aquí as respostas ás túas preguntas relacionadas co servizo VPN de móbilR


eu podo contratar unha VPN?

o único requisito para contratar o servizo é que teñas un móbilR e sexas cliente de empresa. Se é así, pódelo contratar.

como podo contratar unha VPN?

para contratar unha VPN, o mellor é que fales co comercial que teñas asignado. Se non, tamén podes chamarnos ao 1446 para que che expliquemos como facelo.

que é unha VPN?

o servizo de VPN é unha funcionalidade asociada ao servizo de móbilR.

con este servizo podes acceder a diferentes funcionalidades sobre as liñas móbiles da túa empresa.

  • numeración curta: poderás chamar aos números da túa VPN usando numeración de 4 díxitos en lugar de todo o número longo e ademais, serás ti o que poidas elixir a numeración que asignes a cada número da empresa
  • restricións horarias: poderás poñer unha restrición para que os números da túa empresa só poidan chamar dentro do horario que elixas
  • restricións internas: poderás facer que os números da túa empresa só chamen a números móbiles da túa empresa
  • numeración multiconta: se posúes diferentes contas dentro de R e en cada unha delas un determinado número de móbiles, poderás crear a VPN cos móbiles que queiras, independentemente da conta á que pertenzan

cantas liñas de móbil poden pertencer a unha VPN?

non hai límite no número de liñas móbiles que poden pertencer a unha VPN, así que podes dar de alta cantas liñas queiras. Iso si, todas as liñas móbiles deben ser de R.

poden pertencer liñas fixas a unha VPN?

si. En R podes formar unha VPN con liñas fixas e móbiles. O único requisito é que as liñas fixas deben formar parte dun centrex e que tanto as liñas fixas como móbiles sexan de R.

que é numeración curta?

a numeración curta é a mesmo que a numeración normal do teu móbil 6981xxxxx, o que pasa é que, en lugar de ter 9 díxitos, só ten 4. Polo tanto, marcando a numeración curta, terás o mesmo resultado que se marcases a numeración longa, é dicir, poderás chamar a calquera móbil da túa VPN.

a numeración curta serve para enviar mensaxes curtas ou multimedia?

a numeración curta serve para voz e para enviar mensaxes curtas (SMS), pero non para enviar mensaxes multimedia (MMS).

se estou no estranxeiro, podo chamar usando o número curto?

non, no estranxeiro non poderás chamar usando a numeración curta, polo que é importante que teñas na túa axenda tanto o número longo coma o curto.

podo elixir eu a numeración curta que asigno aos meus números?

claro. A numeración curta é privada de cada empresa e, polo tanto, ti poderás asignar a numeración que queiras sempre e cando:

  • a numeración sexa de 4 díxitos
  • non asignes a 2 números distintos o mesmo número curto

como asigno a numeración curta a unha liña?

poderás asignar numeración curta a unha liña de 2 formas:

  • a través do teu comercial
  • chamando ao 1446 (lembra marcar 01446 se a túa liña pertence a unha VPN)

que ocorre se asigno o mesmo número curto a 2 números da VPN?

non é posible. Non se pode asignar o mesmo número curto a 2 números de teléfonos distintos.

que ocorre se quero chamar a un número de 4 díxitos que non é da miña VPN, por exemplo o 1446?

para chamar a un número de 4 díxitos que non sexa da VPN, por exemplo o 1446, debes marcar antes o 0. Así, se marcas 1446 estarás chamando ao número curto da túa VPN e se marcas 01446 estarás chamando ao centro de atención de R.

pode unha liña da VPN non ter numeración curta?

non, non é posible. De cara a ofrecer o servizo con todas as súas funcionalidades, é imprescindible ter numeración curta.

que é unha restrición horaria?

unha restrición horaria é unha limitación no funcionamento dunha liña móbil. Unha liña á que lla apliques terá o seguinte comportamento:

  • no horario habilitado poderá chamar a calquera número de teléfono
  • no horario non habilitado só poderá chamar aos números da VPN e números de urxencia

unha restrición horaria limita o envío de mensaxes?

non, a restrición horaria só serve para chamadas de voz. A liña poderá enviar mensaxes curtas ou multimedia a calquera teléfono en calquera momento.

unha restrición horaria limita as chamadas no estranxeiro?

non, a restrición horaria só serve para chamadas de voz nacionais. A liña poderá chamar desde o estranxeiro a calquera teléfono en calquera momento.

a que números podo chamar fóra do horario permitido?

fóra do horario permitido podes chamar a:

  • os números da VPN
  • números de emerxencia: 112, 091, 061, etc
  • CAC de R: 1446 (lembra marcar 01446 se a túa liña pertence a unha VPN)

como asigno unha restrición horaria a unha liña?

poderás asignar unha restrición horaria a unha liña de 2 formas:

  • a través do teu comercial
  • chamando ao 1446 (lembra marcar 01446 se a túa liña pertence a unha VPN)

asignei unha restrición horaria de 8 a 20 horas de luns a venres, que significa?

significa que a liña móbil á que lle puxeches a restrición terá o seguinte comportamento:

  • de luns a venres de 8 a 20 poderá chamar a calquera número
  • de luns a venres de 20 a 8 e fins de semana só poderá chamar a números da VPN e de urxencia
  • poderá enviar mensaxes curtas e multimedia e chamar desde o estranxeiro en calquera momento

non atopo a restrición que quero asignar á miña VPN, que fago?

no servizo ofrecémosche por comodidade unha serie de restriccións horarias, pero se precisas outra non dubides en pedírnola. Para isto, tes 2 opcións

  • fala co teu comercial
  • chámanos ao 1446 (lembra marcar 01446 se a túa liña pertence a unha VPN)

quero asignar diferentes restricións horarias a diferentes liñas da miña VPN, podo facelo?

non, non é posible. Só podes asignar unha restrición horaria por VPN, é dicir, non podes facer que unha liña teña como horario permitido de 8 a 15 e outra de 15 a 21. Podes decidir se unha liña ten restrición horaria ou non, pero non podes poñer 2 restricións horarias distintas na mesma VPN.

que é unha restrición interna?

unha restrición interna é unha limitación no funcionamento dunha liña móbil. A liña que teña aplicada unha restrición interna só poderá chamar aos números de teléfono que estean dentro da súa VPN.

unha restrición interna limita o envío de mensaxes?

non, a restrición interna só serve para chamadas de voz. A liña poderá enviar mensaxes curtas ou multimedia a calquera teléfono.

unha restrición interna limita as chamadas no estranxeiro?

non, a restrición interna só serve para chamadas de voz nacionais. A liña poderá chamar desde o estranxeiro a calquera teléfono.

como asigno unha restrición interna a unha liña?

poderás asignar unha restrición interna a unha liña de 2 formas:

  • a través do teu comercial
  • chamando ao 1446 (lembra marcar 01446 se a túa liña pertence a unha VPN)

podo aplicar algunha outra restrición a unha liña móbil?

si. A través da web de clientes poderás aplicar as restricións normais á liña móbil, chamadas a números premium, internacional, roaming, etc.

o servizo de VPN ten custo?

o servizo de VPN ten un custo que che permitirá acceder a todas as súas funcionalidades (numeración curta, restricións horarias, restrición interna) e a unha tarificación especial entre os números da VPN.

para coñecelo, recomendámosche que fales co teu comercial para que che indique o prezo do servizo e poida axustalo ás túas necesidades.

tratei de xestionar unha VPN da miña empresa e non o atopo na web de clientes?

estamos a traballar en que a VPN poida xestionarse directamente desde a web de clientes. Mentres non estea dispoñible, pedímosche que para calquera consulta ou xestión te poñas en contacto co teu comercial ou ben nos chames ao 1446 para realizar a xestión que desexes.