menú

multiSIM de datos

encontra aquí as respostas ás túas preguntas relacionadas coa tarxeta multiSIM de datos


que é unha multiSIM de datos?

unha multiSIM de datos é unha tarxeta SIM normal que che permitirá compartir o plan de internet móbil que contratases para o teu móbil con outro dispositivo

que necesito ter para usar unha multiSIM de datos?

necesitas un plan de internet móbil e unha tarxeta multiSIM de datos

como podo contratar unha multiSIM de datos?

para contratar unha multiSIM de datos podes achegarte a calquera das nosas tendas ou ben solicitala no 1449 se es un cliente particular ou no 1446 se es de empresa

cantas tarxetas de datos podo ter co mesmo número?

co servizo multiSIM poderás ter ata 4 tarxetas co mesmo número (incluíndo a tarxeta que xa posúes)

con que dispositivos é compatible unha multiSIM de datos?

con calquera dispositivo, outro móbil, un portátil, un netbook, un iPad, un módem USB, etc.

se teño un iPad, tamén podo usar unha multiSIM de datos?

si, se tes un iPad, enviarémosche unha microSIM para compartir o teu plan de internet móbil

podo contratar un módem USB coa multiSIM de datos?

si. Se necesitas un módem USB para navegar coa túa multiSIM de datos podes financialo en R.

vanme cobrar os datos que consuma coa multiSIM de datos?

non, se tes un plan de internet móbil. Os datos que consumas dende a SIM adicional incluiranse nese plan. Pagarás a cota do plan e nada máis.
se non tes plan de internet móbil, pagarás os consumos que fagas dende esa tarxeta

notei que dende que teño a multiSIM de datos, o aviso de que cheguei ao límite de consumo chégame antes, por que?

é normal. Agora o teu plan de internet móbil compártese entre varias tarxetas e o que navegues dende cada dispositivo acumúlase nese plan e, polo tanto, é normal que consumas máis datos. Se ves que agora o aviso de límite de consumo chega antes, recomendámosche contratar un plan de internet móbil superior

podo usar a miña multiSIM de datos no estranxeiro?

si, claro. Nos países membros do Espazo Económico Europeo e Noruega, Islandia e Liechtenstein, a multiSIM de datos funcionará coma se estiveses en España. Os datos consumidos pola multiSIM descóntanse da tarifa da liña principal. Se activas o roaming fóra da UE, tamén poderás usar a multiSIM na mesmas zonas pero os consumos facturaranse ao prezo correspondente a cada unha das zonas, coma se fixeses o consumo coa liña principal.

ter unha multiSIM de datos ten algún custo?

ter unha multiSIM de datos ten un custo. Non che cobramos o consumo de datos que fagas dende a SIM adicional se tes un plan de internet móbil, pero o servizo ten un custo.
neste enlace poderás ver os prezos do servizo multiSIM de datos