menú

regras, alertas e avisos

toda a información que precisas sobre as regras e avisos que podes configurar con 3ollos R


que é unha regra?

unha combinación de modos, horario, accións e eventos sobre sensores que permite a 3ollos R avisarte ou actuar por ti.

exemplo de regra:

"grava un vídeo e envíamo se a porta se abre pola mañá e o modo fóra de casa"

as regras son unha das funcionalidades máis potentes de 3ollos R porque che permiten controlar e automatizar o teu fogar ou o teu negocio.

3ollos R conta cun conxunto de regras predefinidas, en revisión e ampliación continua.

podo definir eu as miñas propias regras?

si, poderás configurar as regras que máis che interesen para sacar o máximo partido de 3ollos R.

se non atopas a regra que queres configurar, escríbenos no foro de 3ollos R.

como defino as regras de 3ollos R?

pulsando os botóns “crear regra” ou “engadir regra”, podes definir as regras que queiras desde 3ollosR.mundo-R.com ou dende a app.

escolle a que máis se adecúe ás túas necesidades e configúraa.

tes máis información no manual de usuario da web e da app.

non podo modificar unha regra

antes de modificar unha regra asegúrate de que está activa, comprobando que o botón que a precede está en cor vermella. Se está en cor gris, pulsa enriba para activar a regra.

que é un evento?

considérase un evento:

  • calquera cambio de estado nun sensor, por exemplo a apertura dunha porta ou a detección de movemento nun cuarto.
  • calquera aviso programado cunha regra, por exemplo, avísame se se acende a tele dos nenos a unha hora indebida.
  • calquera anomalía que o propio sistema detecte en si mesmo. Por exemplo, perdeuse a conexión cun sensor ou o nivel de batería dun sensor é moi baixo.

como son os eventos controlados por 3ollos R?

"a apertura dunha porta", "a ausencia de movemento nunha sala durante unha hora", "o apagado dun enchufe", "o aumento da temperatura ambiente", etc.

en 3ollos R os sensores encárganse de notificar estes eventos ao concentrador para que se tomen, se procede, as accións oportunas.

que é unha acción?

unha acción é un evento que se "dispara" como consecuencia doutro evento.

en 3ollos R as accións poden ser:

  • gravacións de vídeo
  • avisos
  • cambios de estado en sensores actuadores (aceso/apagado dun enchufe)

que tipos de avisos hai?

hai dos tipos de avisos disponibles en 3ollos R:

  • aviso por e-mail
  • notificacións na app

podo decidir a que móbiles enviar avisos?

para recibir notificacións é necesario instalar a app e acceder como cliente. Na web de 3ollosR.mundo-R.com podes decidir que móbiles coa app instalada poden recibir notificacións e cales non. Pero non podes dicirlle a 3ollos R que envíe unha notificación ao móbil se non ten instalada a app.

como dou de alta un lugar do que quero recibir unha notificación cando alguén entre ou salga del?

na app de 3ollos R tes un menú para xestionar vos lugares dous que recibir notificacións. Nesta ligazón, podes ver como facelo.