menú

para que serve?

información sobre o que se pode facer con 3ollos R, en que che pode axudar?


que é 3ollos R?

3ollos R é o novo servizo de R que che informa de todo o que sucede na túa casa ou negocio cando non estás. Podes personalizalo para que che avise ou actúe por ti. Que significa isto? Que podes acender unha lámpada ou a calefacción desde o móbil ou pedir que che envíe un aviso se se detecta movemento en casa cando non estás. Tamén podes aprender como aforrar na túa factura da luz e moito máis.

que relación hai entre 3ollos R móbil e 3ollos R fogar?

3ollos R móbil e 3ollos R fogar son partes do servizo 3ollos R. 3ollos R quere informarche de todo o que pasa ao teu ao redor e por iso, mantémosche ao tanto do que pasa fóra e dentro do teu fogar.

a través dunha única app e dunha única páxina web, terás toda a información de todo o que pasa ás persoas que máis queres, estean onde están. Ademais, coidarás a túa casa.

como me axuda 3ollos R?

queres saber se os teus fillos chegaron a casa? Se a persona que traballa en casa chegou a tempo? Queres saber se os teus fillos están a ver a tele en lugar de facer os deberes? Queres poder apagar a tele ou algún outro electrodoméstico que deixases acendido desde o traballo? Os teus pais son persoas maiores e queres saber se se levantaron da cama ou saíron a comprar o xornal? Queres saber se che deixaches a porta de casa ou do teu negocio aberta ou alguén a abriu na túa ausencia? Queres ver o que fai a túa mascota cando non estás? Queres saber canta enerxía úsase na túa casa e poder decidir como aforrar?, …

todo isto e moito máis, pódeo facer 3ollos R.

entra na nosa web 3ollosR.com para descubrir máis.

que outras cosas podo facer con 3ollos R?

3ollos R incorpora constantemente novas funcionalidades e servizos, entre os que estarán fechaduras que funcionan co móbil ou termostatos intelixentes.

se botas de menos algunha funcionalidade escríbemos en foros.mundo-R.com

por que 3ollos R é mellor que outras plataformas no mercado?

3ollos R estrutúrase e comercializa como un servizo, instalado, operado e soportado; e non unicamente como un conxunto de equipos e a súa plataforma asociada.

R axúdate na comprensión destas novas tecnoloxías, proporciónache axuda e soporte nas túas dúbidas e problemas, ofréceche garantía e mantemento sobre o equipamento adquirido e comprométese coa innovación e o desenvolvemento de novas funcionalidades para o servizo.

ademais, 3ollos R é un servizo deseñado, desenvolvido e fabricado totalmente en Galicia.

como accedo a todas as funcionalidades de 3ollos R?

3ollos R pon á túa disposición unha páxina web e unha app onde poderás ver toda a información do servizo para consultalo esteas onde esteas.