menú

gravacións

toda a información que precisas sobre as gravacións de 3ollos R

hai un máximo de gravacións que poida facer?

non, non o hai. Podes facer tantas gravacións como queiras. Iso si, lembra que as gravacións só estarán dispoñibles na plataforma durante 1 mes.

se queres conservalas máis tempo, tes que marcar a gravación para que permaneza indefinidamente na plataforma. Podes gardar ata 30 gravacións.

canto tempo grava a miña cámara?

a cámara non está continuamente gravando. Hai dúas formas de que se active unha gravación:

1- configuraches unha regra de gravación (por exemplo, grava se abre a porta da casa) e esa regra activouse. A cámara gravará 15 segundos previos a que a regra se active e os 15 segundos posteriores.

2- decides gravar un evento desde a web do servizo ou da app. Se es ti o que activaches a gravación, a cámara gravará 1 minuto dende a activación.

podo descargar as miñas gravacións?

se queres descargar os vídeos que graves, entra en 3ollosR.mundo-r.com, vai a gravacións, elixe o vídeo que queres gardar e fai clic en: descargar vídeo.

unha das gravacións que tiña e xa non está visible na web ou na app, por que pode ser?

as gravacións gárdanse durante 1 mes no servizo de 3ollos R. Pasado ese tempo bórranse.

poderás marcar 30 gravacións para que nunca se borren, pero o resto, pasado 1 mes elimínanse.

se borro unha gravación da web pódoa recuperar?

non. Unha vez que borras a gravación, bórrase totalmente da plataforma e non se garda niguna copia dela.

se tramito unha baixa do servizo e esquecín gardar unha copia das gravacións ou tramito de novo un alta, podo recuperar as gravacións e regras que tivese configuradas?

non, non se poden recuperar nin regras, nin gravacións. Unha vez tramitada a baixa, bórrase toda a información que tivésemos no teu servizo, gravacións, regras, etc.