menú

equipos

información sobre as funcionalidades dos equipos de 3ollos R


que garantía teñen os sensores de 3ollos R? e o concentrador?

os sensores teñen unha garantía de dous anos proporcionada polo fabricante. Durante ese período, R encárgase da tramitación da citada garantía recollendo o sensor avariado e dáche un novo sensor.

o concentrador ofrécese en réxime de aluguer polo que a garantía sobre o seu funcionamento é ilimitada.

canto duran as pilas dos sensores?

depende do tipo de sensor concreto. Pero moito tempo, anos, en calquera caso, pois estes dispositivos están deseñados para ter un consumo moi reducido.

ademais, poderás comprobar o estado das baterías de cada sensor na app e na web sempre que queiras e recibirás avisos de batería baixa daqueles sensores nos que sexa necesaria a súa substitución.

nesta ligazón podes comprobar as especificacións de cada sensor.

podo reubicar os sensores?

en xeral non. A recolocación dalgún sensor podería facer caer a toda a rede Z-Wave interrompendo o servizo 3ollos R.

se necesitas mover algún sensor, por favor, contacta previamente co soporte de R para que che podamos aconsellar.

cal é a máxima distancia á que podo colocar un sensor do concentrador?

non hai unha distancia estandar, porque dependerá do grosor das túas paredes, a forma das habitacións, etc. Esa distancia máxima, poderémola ver ao instalar e probar os equipos na túa casa.

de todos os xeitos, un cálculo aproximado, é que se hai máis de 10 metros entre o concentrador e un sensor, vas necesitar un repetidor.

tamén podes facerte unha idea da máxima distancia á que podes colocar un sensor baseándote na rede wifi. A cobertura Z-Wave alcanza un pasiño menos que a cobertura wifi que teñas na túa casa. Así que mira ata onde tes cobertura wifi, dá un paso cara atrás e esa é a máxima distancia á que poderás colocar un sensor.

por que preciso adquirir repetidores?

como todas as redes inalámbricas, a rede Z-Wave ten unha cobertura limitada (similar á de wifi), e que depende de factores como a distancia, os obstáculos, etc.

é posible que, polas dimensións ou tipoloxía do teu fogar ou empresa, existan problemas de cobertura na localización dalgún sensor.

para liquidalo utilizamos os repetidores Z-Wave, uns dispositivos que estenden a cobertura para alcanzar os sensores máis afastados do concentrador.

onde instalo a cámara?

a cámara necesita conectarse a un enchufe. É recomendable que o teñas en conta á hora de situala.

as nosas ventás están polarizadas: pode a cámara de 3ollos R gravar o exterior a través delas?

si, pero non en todos os casos. Depende de como incida a luz na lente da cámara. Para saber se funciona, é necesario que un instalador probe a cámara na túa casa ou negocio.

funciona a cámara de vídeo a oscuras?

si. Tanto a cámara HD, como a cámara HD con altofalante contan con tecnoloxía IR para visión nocturna.

que teño que facer para falar a través da cámara de 3ollos R?

non todas as cámaras de 3ollos R teñen esta funcionalidade. Para falar a través da cámara tes que contratar unha cámara con altofalante e micrófono. esta funcionalidade só está dispoñible a través da app de 3ollos R, así que non poderás facelo desde a web.

para falar, pulsa de maneira continuada a icona con forma de micrófono que atoparás no player da cámara.

tes máis información no manual de usuario da web e da app.

que é un medidor de cadro eléctrico?

o medidor de cadro eléctrico é un dos sensores dispoñibles en 3ollos R.

este sensor emprégase para para coñecer as características do consumo eléctrico do fogar ou empresa.

instálase no cadro eléctrico principal do fogar ou empresa e proporciona datos sobre a enerxía, potencia eléctricas consumidas e unha aproximación do custo en € do teu consumo.

nesta ligazón tes máis información sobre este dispositivo.

que son a potencia instantánea e a enerxía eléctrica consumidas?

ambas son medidas de consumo eléctrico. A potencia instantánea medida en watts (W) indica canta electricidade é consumida por segundo.

a enerxía acumulada, doutra banda, ofrece a cantidade de electricidade consumida nun período (un mes por exemplo).

a túa compañía eléctrica che cobra pola potencia que contrataches, un valor fixo cada mes, e pola enerxía que consumiches (acumulada), un valor que depende dos teus hábitos e que varía cada mes.

con este exemplo comprenderalo:

se unha lámpada de 100 W está acesa durante 3 horas, a electricidade total consumida será de 300 W/hora (3x100). Se estivese acesa durante toda unha noite, 10 horas, o consumo total de electricidade sería de 1000W x hora (100 x10).

pode o sensor de fume detectar gas?

non, o sensor de fume só pode detectar fume ou vapor de auga.

paso varias veces por diante do sensor de movemento e só me avisa algunhas veces, por que pode ser?

o funcionamento do sensor de presenza é o seguinte:

  • cando se produce un evento de movemento (algo ou alguén pasa por diante), o sensor actívase e execútase a acción que teñas programada (envío de notificación, activar algunha regra de aceso ou apagado, gravación, etc.).
  • o sensor queda esperando 8 minutos e, neses 8 minutos, non se volve a activar aínda que se produza outro evento de movemento.
  • pasados 8 minutos, o sensor volve estar “alerta” e se hai outro evento de movemento, volve facer a tarefa que se programou para ese sensor.

por iso, se durante eses 8 minutos despois do primeiro aviso, volves pasar por diante do sensor, non te volvemos a avisar porque entendemos que xa estás avisado ou a regra xa actuou e así, evitamos molestarte continuamente.

pasados eses 8 minutos, volvemos avisarte. Podes ter a sensación de que o sensor falla, pero non, é o seu funcionamento e é para evitar múltiples avisos se algo ou alguén está a pasar continuamente por diante do sensor.

o termóstato é compatible con calquera caldeira?

non. Este termóstato está homologado para casas e negocios con caldeira que teñan conexión de estado externo (termostato de control). Substitúese o dispositivo de parede xa existente e colócase este ou ponse no oco no que se atopa a instalación precableada.

como apago o termóstato?

o termóstato non ten un botón de apagado como tal. Só fixa a temperatura. Se a temperatura establecida é menor que a temperatura ambiente, non entrará en funcionamento. En caso contrario, actuará.

A temperatura mínima que se pode programar é 5º C e a máxima 30º C. O equivalente para “apagar” o termóstato, é fixar a temperatura a 5ª C.

cal é a temperatura axustable do termóstato?

o termóstato permíteche marcar unha temperatura máxima de 30º C e unha temperatura mínima de 5º C (a esta temperatura considerarase que o termóstato está apagado)

que sucede se manipulo a temperatura do termóstato dende o equipo e non dende o móbil ou a web?

se fixas a temperatura do termóstato desde o equipo e non desde o móbil ou a web, notificarase que o termóstato foi manipulado e que cambiou a temperatura. A nova temperatura estipulada prevalecerá sobre calquera acción establecida na web ou na app e manterase así durante unha hora. Pasada esa hora:

  • se o termóstato estaba en modo manual por tempo indefinido, a temperatura elixida desde o equipo físico substituirá á temperatura establecida dende a app/web.
  • se o termóstato estaba en modo manual por tempo definido (unha hora, dúas horas…), a temperatura establecida desde o equipo físico estará activa como mínimo unha hora, e se pasada esa hora aínda quedase tempo do establecido polo cliente, a temperatura fixada desde o equipo físico manterase ata que finalice o tempo elixido dende a app/web.
  • se o termóstato estaba en modo programado, transcorrida unha hora, o termóstato volverá á temperatura programada.

cambiei a temperatura no propio termóstato que teño instalado e a temperatura que marca é distinta á que aparece na web e na app, a que se debe?

ten en conta que cambio de temperatura realizado desde a app/web non é inmediato. O equipo pode tardar ata 5 minutos en rexistrar a notificación do cambio. Por iso durante un tempo, verás temperaturas distintas entre o termóstato instalado e as que se ven na web e na app.