menú

app 3ollos R

descubre como descargar a app, que precisa o teu dispositvo para que funcione…


como me descargo a app de 3ollos R?

poderás descargar a app de 3ollos R dende o Play Store de Android. Aínda non está dispoñible unha app para iOS.

para que a app de 3ollos R funcione, terás que descargar primeiro a app de R. Usa o teu usuario e contrasinal da web de clientes de R para acceder a ambas apps.

que necesita o meu dispositivo android para que a app de 3ollos R funcione ben?

a app de 3ollos R é compatible con calquera móbil ou tablet que teña instalado android 4.4 (Kitkat) ou superior. Ademais, é recomendable que o dispositivo no que instales a app teña polo menos 2GB de RAM. Con 1 GB de RAM tamén funciona pero non de xeito fluído

que necesita o meu dispositivo iOS para que a app de 3ollos R funcione ben?

a app de 3ollos R é compatible con calquera iPhone, iPod Touch ou iPad que teña instalado iOS 9.3 ou superior.