menú

3ollos R móbil

información para facer que o teu móbil che de información sobre os lugares nos que estás


qué e 3ollos R móbil?

3ollos R móbil é a funcionalidade de 3ollos R que che permite localizar á túa familia, recibir notificacións cando os teus pais estean de paseo ou permitir que contacten contigo de forma rápida se o necesitan. E todo isto poderalo facer a través dunha soa app.

que requisitos necesito para contratar 3ollos R móbil?

para usar 3ollos R móbil necesitas cumprir uns requisitos moi sinxelos:
  • ser cliente de R
  • ter un móbil que cumpra as seguintes características:
    • iOS: versión iOS 9.3 ou superior
    • Android: versión 5.0 (lollipop) e 2GB RAM
  • baixarte a app de 3ollos R móbil
  • entrar na app de 3ollos R co teu usuario e contrasinal de clientes de R

podo contratar unicamente 3ollos R móbil?

si, podes contratar unicamente 3ollos R móbil. Descarga a app Android ou iOS, entra co usuario e contrasinal que utilizas para acceder á web de clientes de R e listo. Xa estarás dado de alta en 3ollos R móbil.

quero contratar 3ollos R móbil pero non son cliente doutro servizo de R, podo facelo?

non. É necesario ter contratado algún produto ou servizo de R para poder usar 3ollos R móbil.

son cliente de R pero os meus pais non, poden instalar 3ollos R móbil?

si. Os teus pais ou as persoas que ti elixas poden instalar a app de 3ollos R móbil como administrado. Se queres que o utilicen como administrador terás que crear un usuario delegado na túa conta de servizos R para eles.

son cliente de 3ollos R móbil pero non teño usuario administrador para acceder á app, como o consigo?

utiliza as mesmas credenciais coas que entras na web de clientes para acceder á app como administrador. Se non entraches nunca, accede á web coa túa dni e utiliza como contrasinal os 6 últimos díxitos da conta bancaria.

se tes problemas, ponte en contacto con R a través do 1449, se es un cliente particular ou do 1446, se tes un negocio.

eu teño un móbil de R pero as persoas que quero administrar non, poden ter 3ollos R móbil?

si, non hai ningún problema. É necesario que unha persoa sexa cliente de R, pero podes descargar e usar 3ollos R no móbil de calquera operador.

por que teño que dar a miña conta bancaria se só quero ter 3ollos R móbil?

para poder ter 3ollos R móbil é necesario que polo menos un administrador sexa cliente de R. O acceso á app debe facerse de maneira segura e cifrada e por tanto, cun usuario válido dentro de R. Non é necesario que os móbiles sexan de R, pero se que unha persoa sexa cliente. Por iso pedímosche os datos para darche de alta como cliente e un deles é a conta bancaria.

que me permite facer o perfil administrador de 3ollos R móbil?

se tes perfil administrador con 3ollos R móbil podes:
  • coñecer a localización dos usuarios administrados. Ademais, poderás saber se se subiron a un coche, se están a camiñar ou se non teñen batería no móbil
  • decidir se queres que outros administradores vexan a túa posición
  • recibir notificacións de todos os membros da túa familia que teñen 3ollos R móbil
  • configurar regras para saber se entraron ou saíron dunha zona
  • enviar invitacións ás persoas que queiras que teñan 3ollos R móbil
  • e moito máis...

como convido a outra persoa para usar 3ollos R móbil?

na app de 3ollos R tes un menú para xestionar aos usuarios que usan o servizo. Nesta ligazón, podes ver como facelo.

3ollos R móbil pode localizar a ubicación da persoa que eu queira?

non. 3ollos R móbil é un servizo que permite que a túa familia, amigos e compañeiros compartan a súa localización contigo. En ningún caso poderás localizar a unha persoa se non desexa compartir a súa localización contigo.

só poderás ver a localización das peronas que se baixaron a app no seu equipo e entrasen co teu contrasinal de cliente, un usuario delegado da túa conta ou o código de invitación que xerases desde a app.

se son administrador e non quero que outro administrador vexa a miña localización, podo facelo? como?

un administrador pode dicir que non quere que outros administradores vexan a súa localización. Simplemente queren ver ás persoas administradas pero non ver a outros administradores.

para non compartir a túa localización, pódelo facer desde a pantalla de alta (onde dás o teu nome e elixes o avatar que che representa) desmarcando o check que aparece na parte inferior da pantalla ou ben, en calquera momento desde a icona que aparece no teu móbil dándolle á opción deter. Ese deter, fai que o teu equipo deixe de mandar a localización a 3ollos R móbil e non se presentará información do teu equipo na app.

se son administrador, quen pode ver a miña localización e o meu histórico de rutas?

unicamente outro administrador poderá ver a túa localización e só se ti decidiches compartir a túa localización con el. Un usuario administrado nunca terá acceso a esa información.

se como administrador non comparto a miña localización, podo ver a do resto de móbiles asociados ao meu servizo de 3ollos R?

como administrador podes ver a localización de todos os móbiles que accedan á app con invitación. Só poderás ver a localización dos móbiles administradores, se estes, como ti, deciden compartir a súa localización.

agora non dispoño dun móbil (perdino, están a reparalo, non quero usar móbil), podo ver a localización das persoas administradas en 3ollos R?

se non tes un móbil dispoñible, sempre tes toda a información de 3ollos R na web 3ollosR.mundo-R.com. Iso si, para que funcione, sempre é necesario descargar unha primeira vez a app de 3ollos R e entre como administrador. Unha vez feito iso, podes xestionar o servizo vía web. Ten en conta que se non utilizas a app, ninguén terá acceso a túa ubicación nin recibirás no teu móbil notificacións dos teus contactos.

para que serve o botón de contacto?

3ollos R móbil permite enviar desde calquera perfil (administrado e administrador) unha notificación a todos os usuarios dados de alta que ti decidises.

quero que unha persoa reciba as notificacións de botón de contacto pero non outras notificacións de 3ollos R, é posible?

de momento non. Todas as persoas que indicases que queres que reciban notificacións, recibirán todas as notificacións, sexan do tipo que sexan.

como lle digo a 3ollos R a quen debe notificar se alguén pulsa o botón de contacto?

na app de 3ollos R tes un menú para xestionar as persoas que recibirán as notificacións de 3ollos R. Nesta ligazón, podes ver como facelo.

que precisión ten 3ollos R móbil?

3ollos R móbil baséase na información que suministra Google. Teremos a mesma precisión que ten un servizo como Google Maps por exemplo.