menú

3ollos R fogar ou negocio

información sobre o que 3ollos R pode facer no teu hogar ou negocio


qué e 3ollos R fogar ou negocio?

3ollos R fogar ou 3ollos R negocio é a funcionalidade de 3ollos R que che informa de todo o que sucede na túa casa ou negocio cando non estás. Podes personalizalo para que che avise ou actúe por ti. Qué significa isto? Que podes acender unha lámpada ou a calefacción desde o móbil ou pedir que che envíe un aviso se se detecta movemento en casa cando non estás. Tamén podes aprender como aforrar na túa factura da luz e moito máis…

que podo facer con 3ollos R fogar ou negocio?

3ollos R son moitos produtos nun. Podes:

  • controlar portas ou xanelas, xerando un vídeo de 30 segundos cando unha porta ou unha xanela abre ou pecha (o vídeo consérvase desde 15 segundos antes de que se produza o evento).
  • detectar se unha porta leva demasiado tempo aberta.
  • detectar se hai movemento na casa ou se non hai movemento cando debería habelo.
  • detectar valores estraños de temperatura, humidade e luz.
  • controlar o aceso e apagado de calefacción, do deshumidificador ou dunha lámpada en función das condicións ambientais (temperatura, luz e humidade) do teu fogar.
  • acender e apagar enchufes ou regletas desde o móbil.
  • medir o consumo eléctrico dun enchufe ou regleta.
  • medir a potencia consumida de todo o fogar, de forma independente á compañía eléctrica e coa mesma calidade.
  • detectar fume e fugas de auga.
  • detectar intrusos na túa rede wifi.
  • detectar que os teus “dispositivos preferidos” chegan á túa casa.

e…

  • xerar regras a medida para combinar todo o anterior. Por exemplo, xerar un vídeo se hai alerta de fume.