atopa aquí respostas xerais sobre como o servizo de empresas números permitidos
o único requisito para contratar o servizo é que teñas un móbilR. Se é así, pódelo contratar
poderás contratar o servizo vía web: entra na sección de configuración do teu móbilR e escolle a opción de "control de gasto".
a xestión é totalmente web. Entra na web de clientes e alí terás un acceso aos teus servizos contratados; localiza o servizo de móbilR que queiras xestionar e entra na opción de “control parental”.
co servizo de números permitidos terás as seguintes opcións:
- establecer límites no consumo da túa liña móbil
- establecer unha alarma para que te avise ao chegar a un determinado nivel de consumo (esta alarma pode ser vía mensaxe curta ou correo electrónico)
- consultar o teu saldo en calquera momento do mes
- escollerr ata 10 números aos que podes chamar aínda que alcanzaras o límite de consumo fixado
- reactivar o servizo se superaches o límite establecido e queres chamar a máis dos 10 números permitidos
o límite de saldo comeza a contar dende o momento que o contratas ata o final do ciclo de facturación (30/31 de cada mes). Os consumos anteriores á activación non se teñen en conta.
non, non che corta exactamente ao valor que fixaras. Hai 3 restricións no servizo:
neste servizo téñense en conta todos os teus consumos de chamadas, mensaxes e datos, xa sexan nacionais, internacionais, roaming, sms premium, números favoritos, chamadas R con R, etc. O que non se ten en conta son:
- as cotas de bonos, tarifas, promocións, módulos de aforro ou plans de datos
- os consumos anteriores á activación de números permitidos
- os consumos que se fagan chamando aos números permitidos unha vez alcanzado o límite
enviarémoste unha mensaxe curta gratuíto ao teu móbil se superaches o saldo e se che vai restrinxir o servizo
e tes unha tarifa plana, o límite de saldo ou alarma, só empeza a funcionar nos excesos desa tarifa plana, é dicir, se pos un límite de saldo de 3 € e unha alarma de 2 €, poderás utilizar os minutos, SMS e datos da túa tarifa plana, pero se superas o número e minutos ou o número de SMS, che empezamos a cobrar os excesos e é cando actúa o límite de saldo e a alarma.
se alcanzas a alarma de 2€ ou o límite de 3€ do exemplo, avisarémoste ou restrinxirémosche a liña. Ollo, se superas o límite de saldo porque te pasaches só en mensaxes curtas ou só en minutos, a túa liña limitarase para poder chamar aos números permitidos aínda que che queden mensaxes ou minutos da túa tarifa plana.
números permitidos só sabe que non queres superar 3€ e cortará a liña para que non superes o límite, non coñece os minutos ou mensaxes que che quedan na túa tarifa plana.
podes cambiar os valores dos teus límites tantas veces como queiras durante o mes. Se tratas de establecer un limite por debaixo do consumo que leves ese mes, avisarémoste do erro, pero se non, poderás poñer os novos valores cando o creas conveniente
os consumos que non están incluídos no servizo de números permitidos son os seguintes:
- IVE: o límite de saldo que establezas será sen IVE, así que na túa factura, aparecerá reflectida esa cantidade máis o IVE
- chamadas de longa duración. O servizo non corta unha chamada de voz activa, é dicir, se estás a facer unha chamada, deixámoste finalizala, así que se ao finalizala superaches o límite, cortarémosche o servizo, pero o consumo desta última chamada aparecerá na túa factura
- datos: se non tes un plan de internet móbil contratado, os teus consumos de datos tarifícanse unha vez ao día, polo que, aínda que superaras o límite, se ao final do día hai algunha sesión de datos que realizaras antes de que se activase o control de saldo, ese consumo quedará reflectido na túa factura
- cotas: as cotas que pagues por algún módulo ou plans que teñas contratados, por exemplo, as cotas dos plans de datos, cotas de favoritos, etc
- recepción de SMS Premium: se estás subscrito a algún servizo de recepción de mensaxes con custo (alertas, descargas, etc), seguirás recibíndoos e polo tanto, este importe incluirase na túa factura mensual
- os consumos anteriores á activación do servizo: se antes de activar o control parenteral xa realizaches algunha chamada, enviado mensaxes, etc, eses consumos non se terán en conta para calcular o límite que fixases
o servizo de números permitidos funciona por liña. Non é posible establecer un límite global para todos os números da túa conta, é dicir, se queres controlar todas as liñas da túa conta, tes que poñerlles un límite a cada unha delas e cada unha delas, de forma individual, irá sumando consumos ata alcanzar o límite ou non
tes dúas opcións para recuperar todas as funcionalidades da túa liña unha vez que acadaras o límite de consumo establecido e se che restrinxise a liña:
non, o servizo só conta o consumo sen IVE, polo que recorda que o valor que poñas de límite ou alarma tamén será sen IVE
como números permitidos podes utilizar calquera número nacional. Pode ser un número móbil ou fixo de calquera operador sempre que sexa un número español
se estableciches un límite e o superas, automaticamente restrinxirásache o servizo móbil. Unicamente poderás chamar aos números permitidos que definiras (só chamar, non enviar mensaxes), números gratíitos e de emerxencia.