menú

contestador

o contestador avanzado ou asistente persoal é un buzón de voz, un buzón de fax e un sistema de mensajería, ao que podes acceder desde o teléfono ou a través de internet


como podo activar o contestador avanzado do meu teléfono? e desactivalo?

para activar o teu contestador, descolga o teu teléfono e despois de escoitar ton, teclea *10#
para desactivarlo, descolga o teléfono e tras escoitar ton marca o seguinte código #10# e despois pulsa a tecla de chamada do teu teléfono
poderás encontrar máis información no manual de usuario

tamén podes activar e desactivar o buzón dende a páxina de xestión de clientes

como podo acceder ao meu contestador?

para acceder a tu contestador, debes marcar el número 22277 podrás encontrar más información en el manual de usuario

as chamadas ao contestador teñen custe?

non. Podes consultar as mensaxes que teñas no teu contestador de forma gratuíta

como me entero se teño mensaxes no meu contestador?

para saber se tes novas mensaxes de voz debes acceder ao contestador, marcando o 277. O contestador avanzado informarache se recibiches novas mensaxes de voz e reproduciraos automaticamente, indicando o día e a hora na que foron recibidas

podo acceder ao meu contestador desde un teléfono distinto ao meu?

si. Primeiro marca o número 900.825.277. Despois de escoitar a locución marca a túa clave telefónica persoal. Finalmente introduce o número de teléfono seguido de almohadilla (#)para o que queiras escoitar as mensaxes despois de oír a locución: se é correcto, o contestador avanzado empezará a lerche as novas mensaxes de voz.
se non sabes configurar a túa clave de acceso, ensinámoste no manual de usuario
lembra que esta chamada ao estar no estranxeiro si ten custo

podo personalizar a mensaxe de benvida do meu contestador?

claro. A primeira vez que entres ao contestador ofrecerémosche a posibilidade de facelo, pero se non, sempre poderás facelo a través do menú de configuración. Poderás personalizar toda a mensaxe ou simplemente poñer o teu nome.
se queres aprender como facelo, indicámoscho no manual de usuario

podo escoitar o meu contestador en galego?

si. O contestador de R pódese escoitar en castelán ou galego. Ti elixes.
a primeira vez que entres ao contestador ofrecerémosche a posibilidade de elixir o idioma no que queres escoitalo, pero se non, sempre poderás facelo a través do menú de configuración
se queres aprender como facelo, indicámoscho no manual de usuario

cando estou a escoitar unha mensaxe, non me din quen ma deixou, hai algunha forma de que mo diga?

se desexas coñecer eses datos, tes 2 posibilidades:

  • mentres escoitas a mensaxe pulsa a tecla 5 para coñecer quen che deixou a mensaxe e a tecla 6 para saber a hora á que cho deixou
  • configura o teu contestador para que por defecto te diga a persoa que che deixou a mensaxe e a hora. Ensinámoste como no manual de usuario

podo acceder vía web ás miñas mensaxes?

si, pero previamente tes que configurar o servizo na sección de configuración do teléfono, no apartado "configurar contestador voz y fax"

no manual de usuario indicámosche como facelo.

podo recibir faxes no contestador?

si, o contestador de R permíteche recibir faxes. Para lelos, podes facelo de 2 formas:

  • reenviar o fax a unha máquina de fax. Indícamosche como configurar a máquina de fax onde envialos no manual de usuario
  • tamén os podes reenviar a un correo electrónico, configúrao na web de xestión de clientes no apartado "configurar contestador voz e fax"

non poden deixarme mensaxes no contestador, por que pode ser?

pode ser por 2 razones:

  • que non teñas activado o contestador. Actívao co siguiente comando *10## e despois pulsa a tecla de chamada do teu teléfono
  • tes o contestador cheo. Borra mensaxes antigas do teu contestador e xa poderás recibir novas mensaxes. Para borralas, debes pulsar a tecla 3 cando estás escoitando a mensaxe. Se necesitas máis información sobre o manexo desta funcionalidade, podes encontrar a información no manual de usuario

para que serve o contrasinal do meu contestador?

o contrasinal do teu contestador ten 2 funcionalidades:

  • acceder ao contestador desde outro teléfono como se indica na pregunta 5
  • acceder vía web ás túas mensaxes do contestador

como podo configurar o contrasinal do meu contestador?

o contrasinal pódelo xerar directamente no contestador de voz seguindo os pasos explicados no manual de usuario ou ben podes facelo a través do centro de atención ao cliente de R (1449 se es cliente particular ou 1446 se es cliente de empresas)

non lembro o contrasinal do meu contestador e non podo entrar, como podo averigualo?

se queres podes xerar un contrasinal novo (indícase na pregunta anterior). Se non queres xerar unha novo, podes chamar ao 1449 se es cliente particular ou 1446 se es cliente de empresas e indicarémoscho

como podo coñecer as funcionalidades do meu buzón?

accede ao teu contestador marcando o 277 e en cada menú, pulsando a tecla 0, indicarémosche as opcións que tes
tamén poderás coñecer o funcionamento do buzón a través do manual de usuario