menú

3ollos R

se queres saber como consultar as medidas dos teus sensores, como configurar regras e avisos, ver as túas cámaras en directo ou tes calquera outra dúbida relacionada con 3ollos R



que é 3ollos R?

3ollos R é o novo servizo de R que che informa de todo o que sucede na túa casa ou negocio cando non estás. Podes personalizalo para que che avise ou actúe por ti. Que significa isto? Que podes acender unha lámpada ou a calefacción desde o móbil ou pedir que che envíe un aviso se se detecta movemento en casa cando non estás. Tamén podes aprender como aforrar na túa factura da luz e moito máis.

que preciso para poder contratar 3ollos R?

3ollos R é un produto para Galicia. O único requisito que necesitas é unha conexión fixa da internet (cunha velocidade de 2Mbps) e un router wifi.

como me axuda 3ollos R?

queres saber se os teus fillos chegaron a casa? Se a persona que traballa en casa chegou a tempo? Queres saber se os teus fillos están a ver a tele en lugar de facer os deberes? Queres poder apagar a tele ou algún outro electrodoméstico que deixases acendido desde o traballo? Os teus pais son persoas maiores e queres saber se se levantaron da cama ou saíron a comprar o xornal? Queres saber se che deixaches a porta de casa ou do teu negocio aberta ou alguén a abriu na túa ausencia? Queres ver o que fai a túa mascota cando non estás? Queres saber canta enerxía úsase na túa casa e poder decidir como aforrar?, …

todo isto e moito máis, pódeo facer 3ollos R.

entra na nosa web 3ollosR.com para descubrir máis.

que podo facer con 3ollos R?

3ollos R son moitos produtos nun. Podes:

  • controlar portas ou xanelas, xerando un vídeo de 30 segundos cando unha porta ou unha xanela abre ou pecha (o vídeo consérvase desde 15 segundos antes de que se produza o evento).
  • detectar se unha porta leva demasiado tempo aberta.
  • detectar se hai movemento na casa ou se non hai movemento cando debería habelo.
  • detectar valores estraños de temperatura, humidade e luz.
  • controlar o aceso e apagado de calefacción, do deshumidificador ou dunha lámpada en función das condicións ambientais (temperatura, luz e humidade) do teu fogar.
  • acender e apagar enchufes ou regletas desde o móbil.
  • medir o consumo eléctrico dun enchufe ou regleta.
  • medir a potencia consumida de todo o fogar, de forma independente á compañía eléctrica e coa mesma calidade.
  • detectar fume e fugas de auga.
  • detectar intrusos na túa rede wifi.
  • detectar que os teus “dispositivos preferidos” chegan á túa casa.

e…

  • xerar regras a medida para combinar todo o anterior. Por exemplo, xerar un vídeo se hai alerta de fume.

que outras cosas podo facer con 3ollos R?

3ollos R incorpora constantemente novas funcionalidades e servizos, entre os que estarán fechaduras que funcionan co móbil ou termostatos intelixentes.

se botas de menos algunha funcionalidade escríbemos en foros.mundo-R.com

como accedo a todas as funcionalidades de 3ollos R?

3ollos R pon á túa disposición unha páxina web e unha app onde poderás ver toda a información do servizo para consultalo esteas onde esteas.

como accedo á web de 3ollos R?

a dirección web do servizo é 3ollosR.mundo-R.com. Poderás acceder a través desa ligazón ou ben a través da web de clientes de R.

o usuario e contrasinal para acceder á web de 3ollos R é o mesmo que o que usas para acceder á web de clientes de R.

como me descargo a app de 3ollos R?

poderás descargar a app de 3ollos R dende o Play Store de Android. Aínda non está dispoñible unha app para iOS.

para que a app de 3ollos R funcione, terás que descargar primeiro a app de R. Usa o teu usuario e contrasinal da web de clientes de R para acceder a ambas apps.

como funciona 3ollos R?

o núcleo de 3ollos R é un sistema central que R instala no teu fogar. É o concentrador.

el concentrador:

  • crea unha nova rede inalámbrica domótica no teu fogar ou empresa usando a tecnoloxía Z-Wave.
  • conéctase a internet, rexistra os eventos que ocorren no teu fogar e empresa, e os copia periodicamente a un espazo en disco privado na nosa nube R.
  • asegura que a calidade de servizo que che ofrece R cumpre o que prometemos.
  • pódese consultar pola web ou por app de móbil que che ofrecemos gratuitamente.

o concentrador é un elemento complementario en R, que vixía que os datos se reporten periodicamente. Se a conexión se interrompe durante demasiado tempo, avisa. Na nube R é onde se executan as análises máis pesadas, de forma que na túa app ou na web vexas rapidamente o que está a pasar na túa casa ou empresa.

que é o concentrador?

o concentrador é un pequeno ordenador de baixo consumo que actúa como sistema central de 3ollos R. Vixía a seguridade da túa rede wifi e escoita os datos de todos os sensores que compres a R ou a terceiros (ten en conta que os sensores que compres pola túa conta deben ser do mesmo modelo e marca que se comercialicen en R).

tamén é capaz de executar regras sinxelas e lanzar alertas. Se non hai conexión a internet, o concentrador espera a que se recupere e almacena o que ocorrese mentres tanto.

é un equipo necesario para calquera servizo 3ollos R. R instálao e, se rompe, substitúeo sen custo.

o concentrador é un equipo aberto e baseado en software libre. Ademais de enviar os seus datos á nube de análise de R, podes escoller que envíe tamén os datos a outros servizos de análises. R está comprometida cos estándares internacionais de internet das cousas que imos incorporando no servizo paulatinamente.

que é Z-Wave?

Z-Wave é unha estándar de tecnoloxía e protocolo de comunicacións inalámbricas deseñado e orientado para o control e automatización de elementos no fogar.

3ollos R emprega a tecnoloxía Z-Wave para crear unha rede inalámbrica entre o concentrador e os distintos sensores existentes.

Z-Wave interfire co wifi da miña casa?

non. Ambas son redes inalámbricas pero completamente separadas en canto á súa frecuencia de funcionamento.

3ollos R non causa ningún impacto ou degradación no servizo wifi do teu fogar ou empresa e viceversa; as redes wifi, propias ou alleas, tampouco afectan ou interfiren no servizo 3ollos R que teñas instalado.

que é un evento?

considérase un evento:

  • calquera cambio de estado nun sensor, por exemplo a apertura dunha porta ou a detección de movemento nun cuarto.
  • calquera aviso programado cunha regra, por exemplo, avísame se se acende a tele dos nenos a unha hora indebida.
  • calquera anomalía que o propio sistema detecte en si mesmo. Por exemplo, perdeuse a conexión cun sensor ou o nivel de batería dun sensor é moi baixo.

como son os eventos controlados por 3ollos R?

"a apertura dunha porta", "a ausencia de movemento nunha sala durante unha hora", "o apagado dun enchufe", "o aumento da temperatura ambiente", etc.

en 3ollos R os sensores encárganse de notificar estes eventos ao concentrador para que se tomen, se procede, as accións oportunas.

que é unha acción?

unha acción é un evento que se "dispara" como consecuencia doutro evento.

en 3ollos R as accións poden ser:

  • gravacións de vídeo
  • avisos
  • cambios de estado en sensores actuadores (aceso/apagado dun enchufe)

que tipos de avisos hai?

hai dos tipos de avisos disponibles en 3ollos R:

  • aviso por e-mail
  • notificacións na app

que é un modo?

un modo é a indicación do estado da vivenda, en relación aos seus ocupantes (estou na casa, non estou na casa ou é de noite). É relevante para 3ollos R a efectos de monitoraxe, consumo ou confort.

podes seleccionar os modos: en casa, fóra da casa ou noite desde a app/web de 3ollos R. Tamén poderás programalos para evitar cambiar de modo cada vez que saias de casa ou se faga de noite.

como podo definir o modo en que quero que estea 3ollos R?

para indicar en que modo estás en cada momento deberás escoller en 3ollosR.mundo-R.com ou na app a opción manual ou programada.

marcando a opción manual, terás que dicirlle en cada momento a 3ollos R se é de noite, se saes ou chegaches á casa.

marcando a opción programada, poderás configurar un horario semanal para que 3ollos R saiba cando é de noite e cando estás na casa. Así, non terás que preocuparte.

tes máis información no manual de usuario da web e da app.

que é unha regra?

unha combinación de modos, horario, accións e eventos sobre sensores que permite a 3ollos R avisarte ou actuar por ti.

exemplo de regra:

"grava un vídeo e envíamo se a porta se abre pola mañá e o modo fóra de casa"

as regras son unha das funcionalidades máis potentes de 3ollos R porque che permiten controlar e automatizar o teu fogar ou o teu negocio.

3ollos R conta cun conxunto de regras predefinidas, en revisión e ampliación continua.

podo definir eu as miñas propias regras?

si, poderás configurar as regras que máis che interesen para sacar o máximo partido de 3ollos R.

se non atopas a regra que queres configurar, escríbenos no foro de 3ollos R.

como defino as regras de 3ollos R?

pulsando os botóns “crear regra” ou “engadir regra”, podes definir as regras que queiras desde 3ollosR.mundo-R.com ou dende a app.

escolle a que máis se adecúe ás túas necesidades e configúraa.

tes máis información no manual de usuario da web e da app.

por que 3ollos R é mellor que outras plataformas no mercado?

3ollos R estrutúrase e comercializa como un servizo, instalado, operado e soportado; e non unicamente como un conxunto de equipos e a súa plataforma asociada.

R axúdate na comprensión destas novas tecnoloxías, proporciónache axuda e soporte nas túas dúbidas e problemas, ofréceche garantía e mantemento sobre o equipamento adquirido e comprométese coa innovación e o desenvolvemento de novas funcionalidades para o servizo.

ademais, 3ollos R é un servizo deseñado, desenvolvido e fabricado totalmente en Galicia.

canto custa 3ollos R?

3ollos R custa 5 €/mes* (IVE incl.) para clientes R que teñan contratado un produto combo ou mambo.

iso inclúe:

  • servizo
  • concentrador, con garantía para sempre
  • web do servizo
  • app

os sensores tes que compralos aparte. Podes pagalos na man ou a prazos. Podes consultar o prezo de cada sensor aquí.

* sen combo ou mambo, a cota de 3ollos R é de 9 €/mes (IVE incl.)

se contrato 3ollos R, teño que firmar un contrato novo con R?

si. Ademais do contrato que debes asinar ao dar de alta o teu combo, mambo ou móbil, as características dos novos servizos de 3ollos R así como a dos futuros que xurdan, obrígannos á formalización dun contrato que recolla as obrigas, condicións e dereitos de ambas as partes.

como podo contratar 3ollos R?

a través da web de R, nos teléfonos gratuítos 1449 para clientes particulares e 1446 para clientes profesionais ou empresas, mediante os nosos comerciais e nos nosos puntos de venda autorizados.

que pasa despois de contratar 3ollos R?

procederemos á instalación do equipamento no teu fogar ou empresa. Unha vez fixada a cita para a instalación acudiremos ao teu fogar ou empresa e realizaremos a instalación e activación do concentrador e sensores, medidores ou cámaras que adquirises.

os equipos inclúen unha guía para que saibas como sacarlle pulo ao servizo.

hai compromiso de permanencia en 3ollos R?

aínda que podes dar de baixa o servizo no momento que queiras, se o fas antes de 12 meses, terás abonar o custo da instalación.

ademais, terás que seguir facendo fronte ás cotas de financiamento de equipos pendentes.

que garantía teñen os sensores de 3ollos R? e o concentrador?

os sensores teñen unha garantía de dous anos proporcionada polo fabricante. Durante ese período, R encárgase da tramitación da citada garantía recollendo o sensor avariado e dáche un novo sensor.

o concentrador ofrécese en réxime de aluguer polo que a garantía sobre o seu funcionamento é ilimitada.

podo ter máis dun 3ollos R no meu fogar ou empresa?

non é posible. Estamos a traballar para que poidas instalar un segundo concentrador por se necesitas que 3ollos R actúe nun lugar ao que, pola distancia, non chegas cun único concentrador (un trasteiro por exemplo).

o que si é posible é contratar máis produtos 3ollos R para outras vivendas, como a túa casa de vacacións, o teu negocio, …

recibirei unha nova factura por 3ollos R?

non. Os teus cargos e compras de 3ollos R engadiranse, nunha nova sección, á factura que xa recibes como cliente de R.

como aparece na miña factura 3ollos R?

é moi sinxelo. Explicámosche a información que atoparás na túa factura en soportefactura.mundo-R.com.

podo engadir máis sensores ao meu 3ollos R?

por suposto. Podes comprar e engadir novos sensores á túa instalación sempre que o desexes.

no teu fogar, podes engadir ata 4 sensores ou medidores e ata 2 cámaras en cada instalación de 3ollos R.

no teu negocio, podes engadir ata 7 sensores ou medidores e ata 3 cámaras en cada instalación de 3ollos R.

teño que comprarlle os sensores a R?

non necesariamente. Poderás adquirir sensores, sempre que sexan compatibles cos estándares soportados por R, onde desexes. E incorporalos á túa instalación de 3ollos R. Iso si, R non ofrecerá ningún tipo de soporte técnico sobre estes equipos.

canto duran as pilas dos sensores?

depende do tipo de sensor concreto. Pero moito tempo, anos, en calquera caso, pois estes dispositivos están deseñados para ter un consumo moi reducido.

ademais, poderás comprobar o estado das baterías de cada sensor na app e na web sempre que queiras e recibirás avisos de batería baixa daqueles sensores nos que sexa necesaria a súa substitución.

nesta ligazón podes comprobar as especificacións de cada sensor.

que é un medidor de cadro eléctrico?

o medidor de cadro eléctrico é un dos sensores dispoñibles en 3ollos R.

este sensor emprégase para para coñecer as características do consumo eléctrico do fogar ou empresa.

instálase no cadro eléctrico principal do fogar ou empresa e proporciona datos sobre a enerxía, potencia eléctricas consumidas e unha aproximación do custo en € do teu consumo.

nesta ligazón tes máis información sobre este dispositivo.

que son a potencia instantánea e a enerxía eléctrica consumidas?

ambas son medidas de consumo eléctrico. A potencia instantánea medida en watts (W) indica canta electricidade é consumida por segundo.

a enerxía acumulada, doutra banda, ofrece a cantidade de electricidade consumida nun período (un mes por exemplo).

a túa compañía eléctrica che cobra pola potencia que contrataches, un valor fixo cada mes, e pola enerxía que consumiches (acumulada), un valor que depende dos teus hábitos e que varía cada mes.

con este exemplo comprenderalo:

se unha lámpada de 100 W está acesa durante 3 horas, a electricidade total consumida será de 300 W/hora (3x100). Se estivese acesa durante toda unha noite, 10 horas, o consumo total de electricidade sería de 1000W x hora (100 x10).

funciona a cámara de vídeo a oscuras?

si. Tanto a cámara HD, como a cámara HD con altofalante contan con tecnoloxía IR para visión nocturna.

onde instalo a cámara?

a cámara necesita conectarse a un enchufe. É recomendable que o teñas en conta á hora de situala.

onde se ten que instalar o concentrador?

o concentrador necesita conectarse por ethernet (cable) ao teu router de internet, polo que o recomendado é que se instale preto.

por que preciso adquirir repetidores?

como todas as redes inalámbricas, a rede Z-Wave ten unha cobertura limitada (similar á de wifi), e que depende de factores como a distancia, os obstáculos, etc.

é posible que, polas dimensións ou tipoloxía do teu fogar ou empresa, existan problemas de cobertura na localización dalgún sensor.

para liquidalo utilizamos os repetidores Z-Wave, uns dispositivos que estenden a cobertura para alcanzar os sensores máis afastados do concentrador.

cal é a máxima distancia á que podo colocar un sensor do concentrador?

non hai unha distancia estandar, porque dependerá do grosor das túas paredes, a forma das habitacións, etc. Esa distancia máxima, poderémola ver ao instalar e probar os equipos na túa casa.

de todos os xeitos, un cálculo aproximado, é que se hai máis de 10 metros entre o concentrador e un sensor, vas necesitar un repetidor.

tamén podes facerte unha idea da máxima distancia á que podes colocar un sensor baseándote na rede wifi. A cobertura Z-Wave alcanza un pasiño menos que a cobertura wifi que teñas na túa casa. Así que mira ata onde tes cobertura wifi, dá un paso cara atrás e esa é a máxima distancia á que poderás colocar un sensor.

podo reubicar os sensores?

en xeral non. A recolocación dalgún sensor podería facer caer a toda a rede Z-Wave interrompendo o servizo 3ollos R.

se necesitas mover algún sensor, por favor, contacta previamente co soporte de R para que che podamos aconsellar.

como sei que os meus datos están seguros?

todos os datos dos sensores do cliente almacénanse en servidores seguros de R, aloxados en instalacións con control de acceso e ás que só pode acceder persoal autorizado.

o acceso remoto a estes servidores está protexido por unha arquitectura de rede acecuada (firewall e restricións).

se apago o router, segue funcionando 3ollos R?

non. 3ollos R precisa o concentrador para funcionar e este á súa vez, precisa unha conexión a internet. Se apagas o router, pérdese a conexión a internet e por tanto, 3ollos R, deixa de funcionar.

cal é a mínima velocidade da internet que preciso para que funcione 3ollos R?

a mínima velocidade da internet que precisas é de 2Mbps de velocidade de subida, así que, con que o teu router estea aceso, sempre terás suficiente velocidade para que funcione 3ollos R.

se teño un combo marmota, segue funcionando 3ollos R?

si. Aínda que teñas un combo marmota, o teu servizo 3ollos R seguirá funcionando. Ti non poderás navegar, pero o concentrador si poderá conectarse a internet para que o teu servizo 3ollos R funcione.

como podo resolver calquera dúbida sobre 3ollos R?

unha das vantaxes de contratar este servizo con R, é que sempre terás axuda para resolver a túa dúbidas.

poñemos á túa disposición:

  • unha web de 3ollos R, onde atoparás a descrición do servizo, dos equipos, vídeos de uso, etc.
  • un manual de usuario dispoñible aquí.
  • sempre podes chamarnos a 1449 se es un cliente de residencial ou ao 1446 se es un cliente de empresa.

como podo estar seguro que o servizo 3ollos R está operativo?

en todo momento monitoramos a comunicación coa túa concentrador e os seus sensores. Se esta comunicación pérdese durante un tempo excesivo enviámosche un aviso indicándoche a degradación do servizo e/ou que puidese non estar operativo.

o tipo de degradación dependerá da causa: avaría dun sensor, corte da subministración eléctrica, caída da internet, ...

paso varias veces por diante do sensor de movemento e só me avisa algunhas veces, por que pode ser?

o funcionamento do sensor de presenza é o seguinte:

  • cando se produce un evento de movemento (algo ou alguén pasa por diante), o sensor actívase e execútase a acción que teñas programada (envío de notificación, activar algunha regra de aceso ou apagado, gravación, etc.).
  • o sensor queda esperando 8 minutos e, neses 8 minutos, non se volve a activar aínda que se produza outro evento de movemento.
  • pasados 8 minutos, o sensor volve estar “alerta” e se hai outro evento de movemento, volve facer a tarefa que se programou para ese sensor.

por iso, se durante eses 8 minutos despois do primeiro aviso, volves pasar por diante do sensor, non te volvemos a avisar porque entendemos que xa estás avisado ou a regra xa actuou e así, evitamos molestarte continuamente.

pasados eses 8 minutos, volvemos avisarte. Podes ter a sensación de que o sensor falla, pero non, é o seu funcionamento e é para evitar múltiples avisos se algo ou alguén está a pasar continuamente por diante do sensor.

no lugar onde debo ver as gravacións da cámara aparéceme unha mensaxe de cámara non conectada, por que pode ser?

esa mensaxe aparece se por algunha razón se perdeu a conectividade da cámara co concentrador. Proba o seguinte para recuperar a conectividade:

  • revisa que o teu router está aceso.
  • revisa se cambiaches o contrasinal da túa wifi.
  • revisa que non hai ningunha luz na cámara que poida indicar un problema.
  • apaga e acende de novo a cámara.
  • se moviches o router, revisa que chega suficiente sinal wifi á cámara.
  • se moviches a cámara, volve colocala na posición na que estaba inicialmente.
  • revisa que a cámara está correctamente conectada ao enchufe e o enchufe funciona.

non vexo as gravacións da miña cámara, por que pode ser?

se a cámara está ben conectada, as gravacións da cámara deberían verse. Proba a recargar de novo a páxina de 3ollos R, para que aparezan.

se continúas sen velas, por favor, apaga e acende a cámara e proba de novo.

canto tempo grava a miña cámara?

a cámara non está continuamente gravando. Hai dúas formas de que se active unha gravación:

1- configuraches unha regra de gravación (por exemplo, grava se abre a porta da casa) e esa regra activouse. A cámara gravará 15 segundos previos a que a regra se active e os 15 segundos posteriores.

2- decides gravar un evento desde a web do servizo ou da app. Se es ti o que activaches a gravación, a cámara gravará 1 minuto dende a activación.

unha das gravacións que tiña e xa non está visible na web ou na app, por que pode ser?

as gravacións gárdanse durante 1 mes no servizo de 3ollos R. Pasado ese tempo bórranse.

poderás marcar 30 gravacións para que nunca se borren, pero o resto, pasado 1 mes elimínanse.

hai un máximo de gravacións que poida facer?

non, non o hai. Podes facer tantas gravacións como queiras. Iso si, lembra que as gravacións só estarán dispoñibles na plataforma durante 1 mes.

se queres conservalas máis tempo, tes que marcar a gravación para que permaneza indefinidamente na plataforma. Podes gardar ata 30 gravacións.

se borro unha gravación da web pódoa recuperar?

non. Unha vez que borras a gravación, bórrase totalmente da plataforma e non se garda niguna copia dela.

teño unha regra pero non recibo a información que solicito, por que pode ser?

se a regra está ben configurada (revisa por favor os modos e as condicións nas que actúa para asegurarte), a única razón é que perdese conectividade algún dos sensores ou a cámara.

proba o seguinte para recuperar a conectividade:

  • revisa que o teu router está aceso.
  • revisa se cambiaches o contrasinal da túa wifi.
  • revisa se está acendido a luz da rede Z-Wave do concentrador.
  • revisa que non hai ningunha luz na cámara ou nos sensores que poida indicar un problema.
  • apaga e acende de novo a cámara.
  • resetea o sensor. Para iso, mantén pulsado o botón Z-Wave do sensor durante 20 segundos ata que o botón escintile.
  • se moviches o router, revisa que chega suficiente sinal wifi á cámara.
  • se moviches a cámara ou algún sensor, volve colocalos na posición na que estaba inicialmente.
  • revisa que a cámara está correctamente conectada ao enchufe e o enchufe funciona ou que os sensores teñen suficientes pilas.

se tramito unha baixa do servizo e esquecín gardar unha copia das gravacións ou tramito de novo un alta, podo recuperar as gravacións e regras que tivese configuradas?

non, non se poden recuperar nin regras, nin gravacións. Unha vez tramitada a baixa, bórrase toda a información que tivésemos no teu servizo, gravacións, regras, etc.

hai unha luz vermella na miña cámara, por que pode ser?

a luz vermella indica perda de conectividade. Proba o seguinte para recuperar a conectividade:

  • revisa que o teu router está aceso.
  • revisa se cambiaches o contrasinal da túa wifi.
  • apaga e acende de novo a cámara.
  • se moviches o router, revisa que chega suficiente sinal wifi á cámara.
  • se moviches a cámara, volve colocala na posición na que estaba inicialmente.

hai unha luz vermella nos meus sensores, por que pode ser?

a luz vermella indica perda de conectividade. Proba o seguinte para recuperar a conectividade:

  • revisa que o teu router está aceso.
  • revisa se está acendido a luz da rede Z-Wave do concentrador.
  • resetea o sensor. Para iso, mantén pulsado o botón Z-Wave do sensor durante 20 segundos ata que o botón escintile.
  • se moviches o concentrador, volve colocalo na posición inicial.
  • se moviches o sensor, volve colocalo na posición na que estaba inicialmente.

non hai luces nos meus sensores, por que pode ser?

a ausencia de luces indica falta de batería. Revisa que as pilas estean cargadas.

non hai ningunha luz acesa no concentrador, por que pode ser?

a ausencia de luces no concentrador indica un problema. Proba o seguinte para que aparezan as luces:

  • comproba que o interruptor de alimentación da parte posterior está na posición correcta.
  • verifica que o cable de alimentación está correctamente conectado ao dispositivo e ao enchufe.
  • proba a conectar o concentrador noutro enchufe.

perdín a conexión Z-Wave entre un sensor e o concentrador, que podo facer?

se se perdeu a conexión Z-Wave entre un sensor e o concentrador, proba o seguinte:

  • resetea o sensor. Para iso, mantén pulsado o botón Z-Wave do sensor durante 20 segundos ata que o botón escintile.
  • se o concentrador ten a luz do indicador Z-Wave acesa, apaga o concentrador co interruptor, desenchufa o cable de alimentación, espera 10 segundos e volve a enchufar o cable de alimentación. Por último, acende o concentrador co interruptor.

a web indícame que o concentrador está desconectado, que podo facer?

asegúrate de que o concentrador está ben conectado á rede e o router aceso. Se é así, por favor, reinicia o concentrador.

para reinicialo, debes apagar o concentrador 10 segundos e volvelo a acender. Ao cabo duns minutos debería volver funcionar e a web che indicará que está conectado.

por que 3ollos R non recoñece como habitual o meu router?

o mapa de rede de 3ollos R non é capaz de recoñecer o teu router porque as IP son estáticas. Para identificar o teu router, ponlle un nome.

non podo modificar unha regra

antes de modificar unha regra asegúrate de que está activa, comprobando que o botón que a precede está en cor vermella. Se está en cor gris, pulsa enriba para activar a regra.

podo decidir a que móbiles enviar avisos?

para recibir notificacións é necesario instalar a app e acceder como cliente. Na web de 3ollosR.mundo-R.com podes decidir que móbiles coa app instalada poden recibir notificacións e cales non. Pero non podes dicirlle a 3ollos R que envíe unha notificación ao móbil se non ten instalada a app.