menú

álbumes de fotos

dúbidas sobre os teus álbumes de fotos de blogs R: cómo crealos, organizalos, etc


canto espazo teño para almacenar as miñas imaxes?

dispós de 2GB

recorda que este espazo se comparte cos teus usuarios delegados (se creaches algún en http://clientes.mundo-r.com)

que é un álbum? como o creo?

as fotos que subas en blogs R organízanse en álbumes. Deste xeito, podes ter tantos álbumes como desexes e manter as túas imaxes ordeadas. Para crear un álbum só tes que

  • ir á pestana "os meus álbumes"
  • escoller a opción de menú "organizar álbumes"
  • escoller a opción "engadir galería"
  • darlle un nome e unha descrición ao álbum
  • pulsar o botón "gardar"

como subo as miñas imaxes? podo subir máis dunha imaxe á vez?

para subir as túas imaxes podes seguir estes sinxelos pasos

  • ir á pestana "os meus álbumes"
  • escoller a opción de menú "subir imaxes"
  • escolle o álbum destino ao que desexas engadir as imaxes. Se aínda non creaches ningún álbum debes crear un antes de poder subir as imaxes
  • se tes instalado o Adobe Flash Player aparecerache un compoñente no cal, tras seleccionar o álbum destino, podes engadir máis dunha imaxe para subila ao teu álbum.
  • se non tes instalado Adobe Flash Player apareceranche varias caixas de selección de arquivos e poderás subilos un a un ao álbum destino.
  • para rematar pulsa o botón "subir imaxes"

como podo ver os meus álbumes?

podes ver as imaxes que sobes os teus álbumes dende dous sitios distintos:

  • desde a parte pública do teu blog: existe unha sección en todos os blogs chamada "ver álbumes". Se se pulsa dito enlace accédese á colección de álbumes que definas e ás súas imaxes.
  • desde a ferramenta de administración: Na pestana "os meus álbumes" existe unha opción chamada "ver imaxes" que che permite revisar as túas imaxes, ademais de cambiarlles o título e a descrición. Esta opción só a podes levar se es o administrador do blog.

podo subir vídeos ou audio a blogs R?

non. Na primeira versión de blogs R só se poden subir arquivos de tipo imaxe aos álbumes.

podo facer que o álbum de fotos sexa a páxina de inicio do meu blog?

si. Para iso tes que entrar na ferramenta de administración e seguir estes pasos:

  1. pulsar na pestana opcións
  2. pulsar na sección configuración
  3. escoller na caixa de selección de páxina de inicio o valor "album de fotos"
A próxima vez que alguén escriba nun navegador a dirección do teu, accederá directamente ao álbum de fotos. Se desexas volver á configuración antiga só tes que cambiar o valor no menú de configuración.