menú

xeral

resolve as túas dúbidas habituais sobre blogs R: que son?, para que sirven?


que é un blog?

un blog, tamén coñecido como weblog ou bitácora, é unha páxina web na cal recompílanse cronolóxicamente textos ou artigos, aparecendo primeiro o máis recente. Habitualmente, en cada artigo os lectores poden escribir os seus comentarios e o autor darlles resposta. A temática dun weblog é libre e hainos de tipo persoal, xornalístico, empresarial, tecnolóxico, educativo, etc.

que é un álbum de fotos online?

un álbum de fotos online permíteche almacenar a túa colección de imaxes nun único sitio e poder acceder a ela desde calquera localización con acceso a internet. Así poderás compartir as túas imaxes con toda a túa familia e amigos.

que é blogs R?

blogs R é un servizo que ofrece R aos seus clientes de xeito gratuito no cal poden crear e xestionar de xeito sinxelo o seu propio blog e álbum de fotos. Podes acceder á súa páxina principal premendo esta ligazón

que necesito para usar blogs R?

para poder crear e xestionar o teu blog R só necesitas o seguinte:

  • ser cliente de R
  • unha conexión a internet e un navegador

como podo crear o meu blog?

para crear o teu blog só tes que seguir os seguintes pasos:

  • entrar na páxina http://weblogs.mundo-r.com/
  • pulsar no botón "edita o teu blog"
  • introducir o teu usuario
  • a partir de agora, un asistente axudarache na creación do teu blog. Inicialmente móstranse as condicións legais do servizo que teñen que ser aceptadas para poder continuar coa creación deste.
  • escóllese o nome ou título do blog e a dirección que se desexa.
  • escríbese a descrición do blog
  • para rematar, escóllese o deseño

agora xa podes acceder á parte pública do teu blog. Se, por exemplo, escolliches como dirección "miblog", podes acceder a el en http://miblog.blogs-r.es

como podo administrar o meu blog?

para administrar o teu blog, escribir entradas, subir fotos, moderar comentarios, etc, chega con

unha vez autenticado, accederás á ferramenta de administración do teu blog - álbum de fotos

cal é a dirección do meu weblog?

no proceso de creación do teu weblog debes definir un nome para este. Se, por exemplo, escolles a palabra "miblog", calquera persoa poderá acceder ao teu blog tecleando no seu navegador algunha das seguintes direcciones

podo definir o álbum de fotos como paxina de inicio do blog?

se desexas que cada vez que alguén introduza nun navegador a dirección do teu blog acceda por defecto ao álbum de fotos en lugar do blog podes facer o seguinte:

  1. entrar na consola de administración do teu blog
  2. pulsar na pestana "opcións"
  3. seleccionar o menú "configuración"
  4. escoller para "páxina de inicio" o valor "álbum de fotos"
  5. gardar a nova configuración

podo cambiar o deseño do meu blog?

blogs R inclúe unha colección de deseños diferentes que podes utilizar para personalizar o aspecto do teu blog. Aos poucos iremos incorporando novos deseños. Se desexas cambiar o deseño actual só tes que

  • ir á pestana "opcións"
  • escoller a opción de menú "deseños"
  • escoller na caixa de selección un dos deseños dispoñibles
  • pulsar en "gardar"

que tecnoloxía utiliza blogs R?

blogs R é unha versión modificada de Roller , unha ferramenta de xestión de blogs Open Source que utiliza os últimos estándares e que foi desenvolvida por Sun Microsystem's para as xestión dos blogs dos seus empregados en http://blogs.sun.com.

que sucede se borro o meu weblog?

cando borras o teu blog elimínanse todos os contidos deste: noticias, enlaces, seccións, imaxes, álbumes, etc. Ademais, o dominio que tiñas reservado (por exemplo http://miblog.blogs-r.com) quedará libre por se o desexa utilizar outro usuario. A partir de aí, a próxima vez que accedas ao servizo poderás crear un novo blog.

como podo saber cantas visitas ten o meu blog?

existe na ferramenta de administración unha opción que che indica cantas visitas tivo o teu blog o día de hoxe. Para acceder a ela chega con escoller a opción de menú "visitas" dentro da pestana "o meu blog".

que é o formato RSS?

o RSS é un sinxelo formato de datos que é utilizado para redifundir contidos a subscritores dun sitio web. O formato permite distribuír contido sen necesidade dun navegador, utilizando un software deseñado para ler estes contidos RSS (agregador). A pesar diso, é posible utilizar o mesmo navegador para ver os contidos RSS: as últimas versións dos principais navegadores permiten ler os RSS sen necesidade de software adicional.
Grazas aos agregadores ou lectores de feeds (programas ou sitios que permiten ler fontes web) pódese obter resumos de todos os sitios que se desexe desde o escritorio do sistema operativo, programas de correo electrónico ou por medio de aplicacións web que funcionan como agregadores. Non é necesario abrir o navegador e visitar decenas de webs.
Información sacada da Wikipedia. Máis información do formato RSS neste enlace

o meu blog creado con blogs R publica os contidos en RSS?

así é. Se tes un blog coa dirección (por exemplo)
http://miblog.blogs-r.com
os contidos RSS estarán accesibles na URL http://miblog.blogs-r.com/weblog/rss/miblog
Ademais, na parte pública do teu blog existe unha sección chamada RSS na cal aparecen as ligazóns RSS

que agregador/lector de feeds podo utilizar para ler contidos RSS?

os lectores de feeds poden ser aplicacións web ou aplicacións locais que se instalan no computador do usuario. A continuación móstrase unha lista de posibles agregadores:

aplicacións web

aplicacaciones locais