menú

factura electrónica

encontra aquí as respostas ás túas preguntas relacionadas coa factura electrónica de R e os seus formatos


por que factura electrónica?

  • puntualidade: dispoñible na web antes que o cargo no banco; non se pode traspapelar nin perder
  • confidencialidade: só é accesible con contrasinal
  • dispoñibilidade: ata 5 anos de facturas dispoñibles na web no momento que queiras
  • ecoloxía: colaboramos co medio ambiente ao prescindir do papel

como me paso á factura electrónica de R?

podes cambiar o formato da túa factura solicitándoo na web de clientes.

o cambio é gratuíto e inmediato.

é posible que aínda recibas, despois da túa petición de cambio de formato, unha factura no formato antigo. Isto ocurrerá se xa emitimos unha nova factura, aínda que non cha enviáramos aínda.
se tes máis dunha conta de facturación con R, debes facer o cambio en cada unha delas. Podes indicar diferentes enderezos de correo electrónico nos que recibir os avisos que che indican que a factura xa está dispoñible.

que pasará unha vez que cambie a factura electrónica?

recibirás un aviso, no enderezo de correo electrónico que nos facilitaches, no que te informamos dos datos principais da túa factura. Incluiremos un enlace para que poidas consultala ou descargala.

onde podo ver as facturas electrónicas?

podes consultar todas as túas facturas na sección ‘facturas’ da web de clientes.

para a túa comodidad, se indicaches un enderezo de correo electrónico no que recibir os avisos de dispoñibilidade, enviarémosche unha mensaxe informativa cada vez que unha nova factura estea dispoñible.

como dou de alta un enderezo de correo electrónico no que recibir os avisos de factura dispoñible? Podo cambiar este enderezo?

na sección ‘facturas/formato de facturas’ da web de clientes podes incluír unha dirección na que recibir os avisos. Poderala cambiar, sempre que queiras, de forma gratuíta e inmediata.

é posible que aínda recibas, despois da túa petición de cambio, un aviso na dirección antiga. Isto ocurrerá se xa emitimos unha nova factura, aínda que non cha notificáramos polo de agora.

como podo dar acceso a un terceiro ás miñas facturas?

se queres que un terceiro teña acceso ás túas facturas (xestoría, departamento de administración, etc) podes crear un usuario delegado da web de clientes con acceso exclusivamente a este servizo.

na sección ‘usuarios/xestión de usuarios delegados’ podes localizar máis información que che axudará a realizar este trámite. Vídeo explicativo

que formatos de factura electrónica ten R?

o formato de factura electrónica es Adobe Acrobat PDF.

para empresas e profesionais, o formato tamén pode ser Factura-e 3.2 (xml). Se estás interesado neste formato, solicita máis información ao teu comercial.

como vexo a factura electrónica en formato PDF?

para ver e validar a factura electrónica necesitas un programa visor de arquivos Acrobat PDF que soporte o acceso e validación de Firmas Electrónicas. Tanto Adobe Acrobat Reader como PDF-Exchange Viewer dispoñen destas funcionalidades.

podo imprimir en papel ou solicitar unha copia noutro formato dunha factura xa emitida? Como podo solicitar unha copia dunha factura electrónica xa emitida?

a copia dunha factura electrónica xa emitida pode realizarse en dous formatos: dixital ou papel. Para a realización dunha copia dixital, copia o arquivo nun soporte electrónico (chave USB, etc).

para a realización dunha copia en papel, podes utilizar o servizo de R de validación e impresión de facturas. Recorda que neste caso será necesario que teñas o arquivo da factura que queres copiar.

como valido a factura electrónica en formato PDF?

a lexislación vixente indica que o destinatario da factura ten a obriga de verificar a validez da mesma e, polo tanto, do certificado firmante.
podes optar porque o teu programa visor de arquivos Acrobat PDF valide a factura electrónica automaticamente ao abrrla ou ben por realizar unha validación manual con cada factura que che enviemos.

os pasos que debes seguir para a primeira opción son os seguintes:

1. instala os certificados raíz da Autoridade de Certificación de FirmaProfesional seguindo as instrucións dispoñibles na súa web e os da fábrica nacional de moeda e timbre, especialmente o de representación.
2. configura o programa visor de arquivos Acrobat PDF - Adobe Acrobat Reader, PDF-Exchange Viewer, etc – para utilizar os certificados instalados no ordenador. Para iso, escolle a opción Edición / Preferencias / Seguridade / Preferencias Avanzadas / Integración de Windows e aí marca todos recadros das seguintes opcións “activar a busca de certificados distintos aos seus no almacén de certificados de Windows”, “Validando firmas” e “Validando documentos certificados”.

se prefires validar individualmente cada factura que recibas, utiliza o servizo de R de validación e impresión de facturas.

quen é Jon Ander De Las Fuentes ou Juan Manuel Sánchez Padrós e por que asinan as facturas de R?

débese a que en España os certificados dixitais (como o que usamos para certificar as facturas electrónicas) deben ser emitidos a nome dun representante legal da empresa, polo que non van asinados por R senón por un representante.

como podo aprender máis sobre factura electrónica?

na web http://www.facturae.es do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.