menú

publicación por correo

aquí atoparás máis información do funcionamento da publicación de noticias e fotos mediante o envío de correos


para que serve a publicación mediante correo electrónico?

agora xa podes publicar as túas noticias e as túas fotos en blogs R desde calquera dispositivo que permita enviar correos electrónicos como un computador, unha pda, un móbil, etc.

para iso, chega con enviar un correo que inclúa o texto ou as fotos a unha dirección de correo. Cada usuario disporá de dúas direccións diferentes: unha para a publicación de noticias no blog e outra para a publicación de fotos no álbum de fotos. Estas direccións son únicas para cada usuario

como podo acceder á configuración da publicación mediante correo electrónico?

para acceder á configuración tes que entrar na administración de blogs R, ir á pestana opcións e escoller a sección publicación por mail

como podo empezar a publicar mediante envío por correo?

inicialmente a publicación mediante envío de correo está desactivada. Para poder comezar a publicar noticias ou fotos tes que activar a funcionalidade. Para iso, podes seguir estes pasos:

  1. entrar na consola de administración
  2. ir á pestana opcións
  3. entrar na sección publicación por mail
  4. pulsar sobre o botón activar publicación por mail. Se non che aparece este botón é que xa tes activada a funcionalidade.

a que direccións teño que enviar as noticias para publicar mediante email?

na sección de configuración de publicación por email atoparás dúas direccións diferentes, unha para publicar noticias e outra para publicar fotos. As direccións son do estilo seguinte (cada usuario ten as súas propias e únicas)

que significa cada campo do correo cando publico unha noticia no blog?

a continuación detállanse os campos do correo que produce a publicación dunha noticia:

  • para: Dirección á que enviamos a noticia a publicar. Cada usuario ten a súa propia e para noticias inclúe o subdominio @noticias.blogs-r.com
  • título: Este é o título do post ou noticia
  • corpo: Este é o texto que desexamos que apareza como corpo da noticia.
  • adxuntos: Podemos adxuntar unha ou varias imaxes. Estas imaxes enlázanse na noticia e ademais subiranse ao álbum que establezamos por defecto na configuración de publicación por email.

a noticia publicarase na sección do blog que establezamos por defecto na configuración de publicación por correo

 

que significa cada campo do correo cando publico unha foto no álbum de fotos?

a continuación detállanse os campos do correo que produce a publicación dunha foto:

  • para: Dirección á que enviamos a imaxe/imaxes a publicar. Cada usuario ten a súa propia e para o álbum de fotos inclúe o subdominio @fotos.blogs-r.com
  • título: Este é o título da imaxe. Se se achega máis dunha imaxe engadirase un número de orde a cada unha delas.
  • corpo: Este é o texto que desexamos que apareza como descrición da foto.
  • adxuntos: Podemos adxuntar unha ou varias imaxes. Estas imaxes subiranse ao álbum que establezamos por defecto na configuración de publicación por email.

podo achegar imaxes cando publico noticias no blog?

existe unha dirección para publicar noticias no blog e outra diferente para publicar imaxes no álbum de fotos. Con todo, se adxuntas imaxes nun correo enviado á dirección de publicación de noticias estas imaxes aparecerán na noticia enlazadas e tamén se subirán ao álbum de fotos

como sei que o meu correo foi procesado e publicouse a noticia/foto?

sempre que envías un correo a unha das direccións de publicación por correo recibirás unha confirmación indicándoche se a publicación se realizou correctamente ou non.

recibín unha notificación de erro na notificación, que fago agora?

os correos de notificación de erro inclúen a causa pola cal non se realizou a publicación. As causas máis comúns son as seguintes:

  • está desactivada a publicación por correo para ese usuario
  • a dirección de publicación está mal escrita ou non existe
  • un dos adxuntos é un arquivo que non é unha imaxe (p.e. mp3, pdf, etc). Se se achega máis dun arquivo e só un deles incumpre as regras o resto si se publican.
  • adxuntouse unha imaxe cun tamaño superior ao permitido. Se se achega máis dun arquivo e só un deles incumpre as regras o resto si se publican.

o proceso de publicación é inmediato?

a publicación mediante o envío de correo electrónico non é instantánea. Poden pasar algúns minutos desde que envías a túa noticia/foto ata que se publica.

para que serve o botón de rexenerar as direccións de correo?

se o desexas podes rexenerar as direccións de correo aos que tes que enviar os correos. Esta acción existe por motivos de seguridade por se un usuario malicioso adiviñase a túa dirección de correo e comezase a publicar no teu blog sen o teu permiso.

podo desactivar a publicación mediante envío de correo?

si, sen ningún problema. Para iso segue estes pasos:

  • entrar na consola de administración
  • ir á pestana opcións
  • entrar na sección publicación por mail
  • pulsar sobre o botón desactivar publicación por mail. Se non che aparece este botón é que xa non tes activada a funcionalidade.

podo incluír etiquetas HTML no meu correo?

si, podes incluír etiquetas HTML. Deste xeito se,por exemplo, escribes no teu mail “proba con <b>texto en negriña</b>” publicarase da seguinte forma “proba con texto en negriña”.

de todos os xeitos, para que che funcione correctamente o procesamento de etiquetas HTML, o tipo de correo enviado debe de ter establecido como formato o tipo texto plano. Se envías un correo en formato HTML (opción por defecto en moitos clientes de correo) a noticia xa se publica formateada correctamente sen necesidade de utilizar etiquetas HTML.

que fago se alguén se fai coas miñas direccións de publicación mediante envío por correo?

aínda que é improbable (1 de 65536 posibilidades diferentes), alguén podería adiviñar cal é a túa dirección de publicación. Para evitalo, podes rexenerar as direccións de publicación periodicamente. Recorda tamén que podes desactivar completamente a funcionalidade de publicación mediante envío de correo se así o desexas.