menú

servizo SOS wi-fi

Información sobre o servizo SOS wi-fi


que é SOS wi-fi?

SOS wi-fi é un servizo no que R fai unha análise do wi-fi no fogar ou no negocio do cliente e lle propón a mellor solución para mellorar a conectividade dos seus dispositivos.
máis info

que se fai no estudo de cobertura de SOS wi-fi?

nesta análise compróbase o nivel de sinal do wi-fi nos puntos habituais de conexión por parte do cliente e propóñense alternativas para solucionar os problemas no seu caso. Por exemplo:

  • reubicación do cablerouter para que a cobertura wi-fi sexa máis ampla no fogar ou negocio
  • instalación de equipamento complementario como PLC, etc. Máis info
  • axuste do PC para obter o mellor rendemento. Máis info

que equipos se utilizan en SOS wi-fi para mellorar a conectividade?

SOS wi-fi engloba moitos dispositivos que permiten mellorar a rede wi-fi e en xeral a conexión con internet. Son, por exemplo:

  • adaptador usb wi-fi n: para dotar o teu PC de conexión wi-fi n. Máis info
  • PLC wi-fi: utiliza a rede eléctrica do teu fogar ou negocio para estender a conexión. Máis info
  • toma ethernet: para conectar por cable todo o que non necesita mobilidade. Conseguirás maior velocidade. Máis info

que vantaxes ten contratar a R os equipos como PLC, etc.?

1) estarás seguro de que todos os equipos van funcionar correctamente co cablerouter wi-fi de R, xa que pasaron probas de compatibilidade
2) non terás que desprazarte nin buscar entre todas as posibilidades coas súas complexidades tecnolóxicas. R fixo ese traballo por ti e o instalador xa che recomendará a mellor opción
3) o instalador configura os equipos deixando todo preparado para navegar