explicámosche os conceptos e cuestións que che poden interesar da factura de R
R factura os servizos dende o momento en que os podes desfrutar, non antes. Deste xeito, a data de inicio de facturación para as cotas mensuais dos combos será a data da súa instalación e a dos servizos móbiles dende o día en que recibiches a SIM.
se realizaches un cambio de produto, a data para a facturación é a da instalación deste (se foi necesaria) ou a data de solicitude do cambio. En ambos os dous casos as cotas mensuais facturaranse polos días transcorridos dende o cambio ata o final do ciclo de facturación.
se decidiches prescindir dos servizos de R e dispós no teu domicilio de equipamento en réxime de aluguer (decodificador de televisión, router, teléfono fijo, PLCs, etc.) lembra que debes devolvelos. Clica aquí para saber onde podes entregalos.
R deixará de facturar as cotas mensuais dos servizos prestados nun prazo máximo de 48 horas hábiles dende a recepción da túa petición de baixa. A partir dese momento xa non poderás realizar máis consumos.
loxicamente R facturará os consumos realizados ata a devandita data e, no caso de que non os devolveses, tamén facturará os equipos.
na primeira páxina da túa factura indicámosche o importe da base impoñible, do IVE e a cantidade total a pagar.
en R mostramos todas estas cantidades con 2 decimais.
os pagamentos anticipados amósanse no apartado "anticipo", na primeira folla da túa factura. Dado que son cartos que ti adiantaches a R, veralo restado no "importe a pagar".
se a data de emisión mensual da túa factura é o día 22, R enviará o teu recibo á súa xestora de cobramento antes do último día do mes no que se emitiu a factura. O normal é que a túa entidade bancaria desconte na túa conta o recibo de R, como moi tarde, o último día dese mes.
se a data de emisión mensual da túa factura é o día 31, R enviará o teu recibo á súa xestora de cobramento antes do día 14 do mes seguinte á emisión da factura. A túa entidade bancaria descontará o recibo de R da túa conta, como moi tarde, 3 días despois.
en ambos os dous casos, indicarémosche a data a partir da cal a factura é esixible.
se a túa forma de pagamento non é a domiciliación bancaria, mostrarémosche a data máxima na que o cobramento debe constar nos nosos sistemas. Se superada esa data non consta o aboamento da factura, entenderemos que te atrasaches no pagamento. Recorda que as transferencias bancarias poden tardar ata 72 horas en ser comunicadas ao receptor.
enviarémosche unha notificación ao teu enderezo postal habitual no que che informaremos dos prazos dos que dispós para facer o pagamento e as distintas vías de pagamento habilitadas por R.
se tes a factura en papel, as datas de recepción da factura no teu domicilio poden variar en función do servizo postal que teñas na túa zona, o normal é que a recibas a semana anterior á data do cargo na túa conta bancaria. Lembra que a túa factura estará dispoñible durante un prazo de 40 días na web de clientes.
se optaches polo formato electrónico enviámosche un mail (se nos facilitaches unha conta de correo electrónico para iso) informándote que a túa factura xa está dispoñible na web de clientes. Recorda que en factura.mundo-R.com tes dispoñibles todas as túas facturas durante un periodo de 5 anos.
os datos fiscais de R amósanse en todas as follas pares da túa factura en sentido vertical.
na web de clientes na sección "as miñas facturas" pódese consultar o consumo realizado dende a última factura.
podemos asegurar que se un consumo aparece na túa factura é que se realizou dende o teu servizo. Dicimos isto porque R, en cumprimento da Orde ITC/912/2006, de 29 de marzo, que regula as garantías de calidade da facturación dos operadores, dispón dun sistema global de aseguramento da calidade da facturación (SGACF) segundo as normas de calidade ao uso. Este sistema, que está auditado tal e como o acredita a Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información (SETSI), garantiza a exactitude da facturación realizada aos clientes.
R pon á túa disposición a posibilidade de restrinxir, dende a túa liña fixa ou móbil, as chamadas a algúns destinos: chamadas internacionais, a móbiles, a servizos de tarificación adicional, etc. Para máis información, clientes.mundo-R.com
se desexas restrinxir os SMS Premium dun servizo ao que estás subscrito, envía a palabra BAJA (con maiúsculas) ao número dende o que recibes eses SMS
se desexas restrinxir a recepción de todos os SMS Premium pódelo facer dende a web de clientes.
R pon á disposición dos usuarios distintos produtos e servizos para axudalos a controlar os seus consumos:
en R poderás elixir entre dous niveis de detalle diferentes. Co formato normal poderás ver todas as chamadas realizadas, salvo as locais, e co reducido non se incluirá detalle algún.
se queres ver o detalle das chamadas locais na túa factura tes que solicitalo na web de clientes. Este servizo ten custo. Máis información.
si. Podes escoller entre recibir a factura en galego ou en español. Podes cambiar o idioma da túa factura na web de clientes de R.
é posible que a túa factura resulte cun importe ao teu favor. É dicir, que o "importe a pagar" sexa negativo. Se este é o caso, contámosche como actuamos:
R factura os servizos mentras os desfrutes. R deixará de facturar as cotas mensuais dos servizos prestados nun prazo máximo de 48 horas hábiles dende a recepción da túa petición de baixa. A partir dese momento, xa non poderás realizar máis consumos. Loxicamente, R facturará os consumos realizados ata esa data e, no caso de que non os devolveras, tamén facturará os equipos.
se dispós no teu domicilio de equipamento en réxime de aluguer (decodificador de televisión, router ou cablemódem para acceso a internet, terminais telefónicos, etc.) lembra que debes devolvelos. Aquí podes localizar os distintos puntos de entrega que poñemos á túa disposición.
podes cambiar o enderezo do envío das túas facturas na web de clientes.